TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 2 -AD VALADOURO 0
08/04/18 el 08-04-2018, 19:59 (UTC)
  Non foi o partido no que máis méritos fixo o Taboada dos últimos tres;O xogo despregado os dous anteriores merecera moito mellor resultado ,foi certo ,pero a fortuna non foi aliada precisamente e nos últimos intres tanto do partido diante do Club Lemos como diante do CF Riotorto arrebatounos un par de victorias que tiñamos na man e por méritos tiñamos que ter conquerido .O fútbol non entende de xustizas e deixounos coa mel nos beizos.


Hoxe o partido presentabase vital.Ámbolos dous equipos nun puño,e coa presión asfixiante que este ano ofrece a competición pola amenaza constante dos arrastres que este ano presentan as categorias superiores. O partido comezou moi incmodo para as duas escadras que non querian expor en exceso quizais condicionadas por toda esa presión.Nos primeiros minutos era todo un querer e non poder e ningun dos onces ofrecian un xogo digamos vistoso. Foi determinante nos primeiros intres un penalti moi claro sobre Moski no 20' que se encargou transformar Guerreiro,con toda sua serenidade e experiencia diante dun porteiro experimentado e seguro como Tomás. 1-0.O gol serenou un pouco o xogo local. Propuxemos logo máis calma e tranquilidade tratando de buscar a meta dun equipo mariñan máis reservón,con baixas notables nas suas filas como Cora e Felipe Varela,dous dos seus homes determinantes. e así un tanto lastrado ofrecia pouco en ataque.O equipo local con todo non despuxemos de ocasións claras a pesar de dominar case por completo o dominio do balón no tramo final da primeira parte.


A segunda parte comezou cun Taboada máis incisivo. Aos dous minutos e despois dunha longa xogada Guerra deixoulla a Mos que errou só baixo paos. O pouco foi Poyán quen despuxo doutra moi clara desde moi perto,pero fallou na definición diante de Tomás. O Valadouro dispuxo da sua primeira gran ocasión no 60 ´nun man a man de Maseda con Roi que se lle foi fora o mariñan.Semellou que o equipo visitante quixo irse arriba por uns intres ,pero foi un espellismo.O Taboada votuse arriba de novo e a partir do 75' preséntanse duas ocasións consecutivas a prol do Taboada nos pes de Guerra e Marcos que poideron poñer por diante ao Taboada que estaba a conquerir máis méritos. Foi sen embargo no 81´' Dieguiño quen foi decisivo botou un córner dese que chamamos no fútbol olímpicos que entraba polo primeiro pao e que Tomás non puido evitar que entrase a pesar da sua gran estirada,golazo con maiusculas e porriba decisivo.Non só significaba dar a tranquilidade o conxunto local de cara os últimos minutos senón que aporta ao Taboada a vantaxe no gol average particular entre ámbalas duas escadras.Diego completaba así un partido espectacular pois foi o xogador máis determinante en defensa e ataque dos vintedous contendentes.


A semana que ven toca voltar xogarnos tres puntos que poden ser máis ca decisivos ,pero esta vez fora da casa ,na Mariña diante dun sempre complicado rival na Veiga.O domingo que ven CD SAN CIPRIÁN -TABOADA CF.
 

CF RIOTORTO 3-TABOADA CF 2
25/03/18 el 25-03-2018, 20:33 (UTC)
 Desde o primeiro oTaboada CF quixo mandar no encontro;xa no primeiro minuto Noé tivo unha ocasión moi clara tentando facerlle unha vaselina a Parapar que este estivo listo a atallar.Os locais con baixas notables a hora de afrontar lo encontro.trataron de non arriscar en absoluto perante a maior parte do encontro.Ante a mínima dúvida balóns a espalda da nosa defensa buscando a Alberte,e sen arricar o xusto na saida do balón.Co paso dos minutos os visitantes ó reves foron arriscando cada vez coa presión máis adiantada,pero o Riotorto mantiña liñas atrás moi pechadas co que resultaba complicado encontrar fisuras.Só un disparo lonxano de Fabio no 30´semellaba romper isa monotonía.Non embargantes o panorama cambiou tan só dous minutos máis tarde .Ünico disparo a porta dos locais en todo primeiro tempo :unha falta lateral escorada a dereita de Roi,lanzamento cerrado de Kevin Pierre,envelouse votando antes da chegada de Roi,e o balón acaba entrando na nosa porta.1-0.Despertou a partir de entón o Taboada que quixo refacerse ante adversidade e fixoo despregando a partir dende aquela os seus mellores minutos.Apareceu Sesiño tan só cinco minutos despois cunha boa carreira por destra e mellor asistencia a Fabio,que se vai en diagonal pra cruzalo balón diante da saida de Parapar pegando o balón a cepa do poste.1-1.Foise despois o Taboda polo partido consciente de que estaba a ser moi superior,en insistencia e desenrolo do xogo.Chegou o premio na última da primeira parte.Presión arriba de Mos que rasca un córner a prol nosa;botao con mestría Manu e no centro da área tirándose como un xabato cos pé por diante Juanjo Potente acada o 1-2,con dedicatoria especial.

O segundo tempo comeza cuns parámetros similares a primeira metade ,un equipo visitante máis ambicioso e un local reservón ,sen argumentos ofensivos,agás nun disparo de Alberte no 60´que puxo en certos apuros a Roi,que sacou a córner.Por parte do Taboada no 70´ David Potente puido sentecialo encontro cun gran disparo sobre a frontal ,no que tamén tivo que empregarse a fondo Parapar para despexar a córner.No 76´outra case similar cos mesmos protagonistas David Potente foise con forza e estivo de novo rozalo tanto,de non ser plo cancerbeiro local.No 82´un Taboada que se amosaba ambicioso voltaba a ensinalas garras cunha boa xogada de Moski,que lla deixaba atrás a Nóe,pero Peque sacallaba en última instancia. Antes dos últimos cinco minutos tanto o propio Noé como David Montes despois de xogada individual poideron ter sentenciado con amplitude o marcador.Pero de novo apareceron as mesmas pantasmas da semana anterior e o abismo dun marcador en exceso cruel.Coincidindo co minuto 90´ córner a prol dos locais que e rematado por David Silva de testa ,sen case oposición.2-2.Co tempo cumprido xa no desconto,no 92´ , apenas dous minutos de conquerilo empate ,penalti riguroso case sobre a liña ,que Play se encarga de transformar inapelablemente.De novo o fútbol non tivo piedade de que máis propuxo e mereceu a victoria durante os noventa minutos.É non hai máis que rechistar.

A semana que ven toca resarcisrse desta mala xeira de resultados catastrofistas raianos caseque no meigallo .O domingo que se achega na Medela TABOADA CF -ADC VALADOURO.
 

TABOADA CF 2-CLUB LEMOS 3
17/03/18 el 18-03-2018, 01:31 (UTC)
 O noso fútbol ofreceunos hoxe xestos dunha grandeza dificilmente imaxinable ,de sentementos desbordantes que non adecuan palabras de agradecemento,de sentementos desbordados que van alén do que debe ser un deporte adicado a amizade ,a boa vecindade,a sanas e tenras rivalidades, o mantemento da vida,da pura vida nos nosos pequenos poviños. Hoxe presenciouse un partidazo na Medela,un partido que poderiamos tildar ou titular de mil xeitos posibles,pero non se nos ocurre un que o defina mellor que puro fútbol.e que non se quedou aí suspenso no fio da media tardiña por que o noso fútbol de verdade.intres despois de rematar na Medela vivimos no Castro Seoane de Antas un xesto sen parangón , os compañeiros do QUIROGA CF tiveron o enorme detalle de cedernos o seu material fotográfico e ter un detalle de forza e amizade co noso Canti desde a sua conta de twitter.Sinceramente impagable o xesto que tiveron con Nós,un clube desde hoxe inexquecible pra nosa historia.


Na Medela desde o inicio prometiase un partido espectacular,con dous plantexamentos moi ofensivos por parte de ambos adestradores,xogándose todo ao ataque.O partido non daba tregua no emotivo,moita pelexa,gañas de irse polo partido.Faltaban quizais ocasións que materializan o bó xogo exhibido.O partido non daba tregua no emotivo,moita pelexa,gañas de irse polo partido.Faltaban quizais ocasións que materializan o bó xogo exhibido.Unha moi clara de Guerreiro no 24' foi a máis notoria nosa.No 30 ' mellor visitante por parte de Armesto,que sacou Roi con certo apuro,xunto a cruzeta.No 40 ' xogadón de Guerreiro ,aguanta na área a chegada de Marcos,e este colocaa pola escadra de Arturo.Golazo 1-0 .Pouco despois xa co tempo cumplido Guerreiro tivo outra clara pra facer un segundo gol que poidera ter maior transcendencia e darlle lustre os nosos mellores minutos.Pero sen outra nova fúmonos o descanso.


A segunda parte conezou cun Taboada mandón.David Potente estampou o balón no poste esquerdo de Arturo no 47 .E só dous minutos´no 49 ´ despois Guerreiro faise cun balón por costado dereito,perto liña de fondo,case sen angulo desborda por arriba a Arturo,que non tivo.opción de atallar semellante gol extratosférico.


Non arredou o gol o conxunto lemista que pronto quixo reaccionar.Despois de duas tentativas Gonzalo consegiu recurtar desde moi perto no 53'.2-1.Espoleu o xogo visitante este gol ,que se foi arriba descaradamente polo empate.Asi aconteceu ,gran xogada no 60 de Armesto,que lla cedeu a Arias atrás ,que só tivo que empurrar pra facer o 2-2.Co partido equilibrado ,volviase a un estado inicial ,no que calquer cousa podia suceder.Xa non houbo dominador claro e o resto do encontro foi na tumba aberta ata que no 70 Diego Quiroga foi expulsado por doble cartón amarelo e púxose un novo punto de de inflexión pra poder cambiar a decoración do partido.Co Taboada en superioridade nos últimos minutos envorcámonos sobre meta lemista.Pero estes derradeiros minutos deron un xiro surrealista.Aconteceu primeiro que no 89 'despois dunha contra rapidísima de Fabio asistiu este a Moski ,que marcaba en franca posición,pero o colexiado a instancias do xuiz de liña anulaba o gol ante a incredulidade local.Xusto na seguinte xogada,unha xogada a desesperada lemista,un centro de Arias sen aparente perigo escapáselle entra as mans a Roi,que nada puido facer máis ca sumirse na desesperación inxusta e cruel.,pedindo perdón entre baboas A euforia visitante encamiñouse absurdamente a celebralo encima do banquiño local produciuse unha tángana irracional probablemente evitable.Grandeza,,crueldade,paradoxas da pura vida,do noso deporte rei.Aceptàmola derrota con orgullo,coa mirada humilde do erro propio e humano..,dese que ensina a levantarse dia tras dia coa mesma ilusión rodeado de cariño.,motivo único da existencia humana


A semana que ven novo capiduo desta fermosa vidiña nosa pola que devecemos con ou sen sabores. O domingo rendemos visita a outro clube de lustre na zona nobre e sen embargo e porriba de todo amigo RIOTORTO CF -TABOADA CF.
 

FERREIRA CF 1-TABOADA CF 2
Roi el 10-03-2018, 21:51 (UTC)
 
O Taboada cortou a súa mala racha a domicilio, ante os veciños de Pantón e nun campo do Baliño que acumulou moita auga e que, co paso dos minutos, se volveu impracticable.

A nosa consigna foi clara xa desde o quecemento, había que tratar por tódolos medios de que o balón estivese o máis lonxe posible da meta de Roi, e sen complicarnos para nada a vida, buscando despexes de primeiras ás costas da defensa local, buscando a nosa velocidade arriba.

O partido comezou cun Ferreira mandón, que quería imporse no medio campo, acuciado polas urxencias clasificatorias. A primeira ocasión reseñable foi deles, cun tiro desde a frontal que se foi desviado. Sen embargo, nós demos primeiro: no minuto 9 o gardamallas local sae despexar un balón fóra da área e o rexeite quédalle a Guerra, que con moita astucia e aínda máis calma anota o gol que nos poñia por diante na taboleiro.

A partir de aquí o partido discurriu con moita brega e moita disputa no medio campo, pero sen ocasións salientables. Bastante tiñan os 22 protagonistas con manterse en pé. Puidemos poñer terra de por medio no 39 cun remate de Poyán á saída dun córner que se foi desviado por nada.

E, cousas do fútbol, na seguinte xogada empataron os locais. Córner que despexamos en primeira instancia, pero o balón caelle a Denis que a volve colgar, o balón caelle a David que fusila a Roi desde preto.

O tramo final da primeira metade converteuse nunha oda ao fútbol aficionado, con moito barro, moita auga e moito frío, o que non daba lugar a grandes cousas sobre o maltreito céspede do Baliño.

Así nos fomos ao descanso.

A segunda entrega foi emotiva, cun campo cada vez en peores condicións. Os locais apretaron en busca do gol que os puxese por diante, e tiveron unha boa ocasión nos pés de Denis que entre Roi e Juan puideron solventar. O noso Noé tamén probou fortuna cun gran disparo desde media distancia que atallou ben o porteiro.

Unha vez chegados ao ecuador do segundo tempo, fixémonos co control do partido e fómonos arriba en busca da victoria. Primeiro Guerreiro, cunha gran chilena, que se perdeu por riba da trabe, e logo David potente nunha boa internada por banda dereita que non atopou rematador.

Parecía que queriamos máis, que queriamos volver saborear un triunfo, e este acabou chegando.

No 83 ´ David Potente conectou un bó zurdazo que se foi lambendo o poste e na xogada seguinte sacamos un córner que lle caeu ao eterno Guerreiro, que á reviravolta e vendo ao porteiro adiantado, anota o 1-2 cunha sútil vaselina. Golazo.

Co 1-2 non soubemos controlar ben os minutos finais, e cedemos tres ocasións claras aos locais que, por fortuna para nós, non acabaron en gol. Puidemos sentenciar antes dese sofremento de non ser porque o árbitro anulou, a instancias do línea, un gran gol de Marcos.

En definitiva, tres puntos importantísimos, que supoñen poñernos con 36 puntos e deixar moi encamiñada a salvación unha tempada máis,inda que pode ser treito final moi emotivo pola cantidade de arrrastres que poden producirse ó final, pero queda tamén con moito marxe de mellora clasificatoria.

É de louvar o gran esforzo colectivo nun campo e nunhas condicións climatolóxicas nada favorables, pero ao final tres puntos e todos felices.

Para a semana, na Medela,case con toda seguridade o sábado 17 de marzo ,outro gran derbi comarcal Taboada CF-Clube Lemos.


 

TABOADA CF 0-SD SARRIANA 1
ROI el 10-03-2018, 21:50 (UTC)
  Segunda derrota consecutiva pola mínima nun partido no que a Sarriana, visto o visto, se levou demasiado botín tras 90 minutos de continua pelexa na que fomos mellores durante moitas fases do encontro, pero no que nos penalizou moito a falta de acerto ante a porta rival, a pesar de contar con boas ocasións e desplegar moi bo xogo durante bastantes minutos.

Nós comezamos cun ritmo moi alto, buscando apretalos na saída para roubar e lanzar en rápidas contras con Moski, Marcos e Fabio. Producto desta situación sacamos unha boa oportunidade de Mos xa no minuto 5 que despexou Macia a córner, e seguimos insistindo na procura do gol que nos puxera por diante. Sacamos tamén 2 ou 3 corners perigosos que nos acertamos a embocar a gol.

Despois dunha pequena tregua, volvemos coller o mando do medio campo e tivemos outra ocasión de Montes, nun remate defectuoso de Montes que non puxo en perigo a porta rival.

A Sarriana intentou estirarse a partir do 25, e tivo a súa primeira ocasión nun erro defensivo no que Héctor se estrelou con Roi; a saida dese córner Marino tivo un remate franco que sen embargo saíu centrado e non puxo en apuros a Roi, que se fixo co balón.

A partir destes avisos visitantes, nos demos un paso atrás, condicionados tamén polos fortes refachos de aire que sopraban na nosa contra e que nos impedían sacar con claridade a pelota das inmediacións da nosa área. A Sarriana sacou outra boa ocasión, nun pase ao espazo de Héctor a Marino, que este desaproveitou no man a man ao rematar forzado á dereita do noso marco.

Así chegamos ao tempo de descanso, cun partido igualado e cun par de ocasións claras por cada bando.

A segunda parte comezou cun Taboada con moito empuxe que dispuxo xa da primeira ocasión clara aos 2 minutos, nos pés de Moski que, tras unha gran carreira se plantaba diante de Macia, que lle sacaba o balón cunha boa parada. Buscamos a partir deste intre o gol con moita ansia, poñendo toda a carne no asador e sendo moi superiores por momentos a un sorprendido equipo visitante, que se dedicaba a achicar balóns como boamente podia. Neste tramo tivemos algunha ocasión máis, de Dieguito e sobre todo Marcos, o seu disparo foise lambendo a escadra dereita. Sen embargo, a máis clara foi á saída dun saque de esquina, o rexeite caeulle a Dieguito na frontal e empalou unha pelota que levaba marchamo de gol, pero no último intre un defensor bloqueou o disparo e enviou a córner. Poucas noticias en ataque da Sarriana nesta primeira metade do segundo acto, agás duas chegadas illadas que remataron con balóns por riba da meta de Roi.

Encaramos os últimos 15 minutos de partido coa esperanza de acadar o gol que nos puxese por diante, por merecementos debía ser así, pero co que nos atopamos foi coa única xogada combinativa da Sarriana no segundo tempo: balón a banda dereita a Samos, que encara e pon un centro medido que Marino, cun espléndido remate á cepa do poste, non desaproveita. Protestamos por considerar que o capitán sarriao partiu en posición antirregulamentaria, pero de nada serviu.

O seu gol foi un mazazo durísimo, aínda así o equipo refíxose e continuou crendo nun empate que ao final non chegou. Sacamos 2 ou 3 corners sen éxito e intentamolo ata o final, pero non logramos ter ocasións claras.

Eles puideron sentenciar a contra nun par de saídas rápidas, pero ben non estiveron atinados no último pase ou ben nos recuamos ben.

Os últimos cinco minutos foron moi emotivos, cun equipo local que buscaba un empate que sen dúbida mereceu, pero ao que está lastrando o pouco acerto de cara á porta rival.

En resumidas contas, o equipo vaciouse, deixóuse a alma e xogou tódalas súas armas con nobreza e valentía, pero non foi suficiente para dobregar a un rival que vai lanzado cara Preferente, e que xa dá a sensación de que gaña pola inercia positiva que leva.

Non caben lamentos, nin dúbidas, a pouco que a sorte nos acompañe na área rival os goles e os resultados chegarán e poderemos cantar victoria de novo. Desexar tamén que o golpe que recibiu Jacobo no seu rostro non sexa nada importante, porque aquí todos facemos falta.

Ao final do partido produciuse unha pequena tángana no túnel de vestiarios, motivada polo mal ganar de Macia, porteiro visitante, que rematou expulsado por dirixirse en termos de mofa aos nosos. Que lle aproveite.

A próxima semana viaxamos a terras de Pantón, nun encontro adiantado a xornada do sábado, ás 4 e media. FERREIRA CF -TABOADA CF


 

SD MONTERROSO 1 -TABOADA CF 0
Roi el 10-03-2018, 21:48 (UTC)
  (seguimos podendo poñer o dia tanto a web e o blog coa axuda impagable de Roi e Carlos;contamos ter tamén a participación especial de María e Pablo que non nós esquenzen, asi como a colaboración doutros equipos como as SD Chantada e a SD Monterroso ,seguimos sendo tantos e o fútbol e o Taboada CF ofrecenos tanto que non queda outra que seguir pelexando)

O Taboada segue inmerso nunha mala xeira de resultados, que non de xogo e actitude, ao perder en Cerdeiriños un derbi no que sen dúbida merecemos mellor sorte.

O partido comezou cun gran xesto por parte dos xogadores e directivos do equipo local, cunha emotiva pancarta e unha foto conxunta na que se lle enviaban ánimos e forza ao noso Canti. Este é o fútbol de verdade, máis alá de rivalidades.

No tocante ao futbolístico, o partido transcorreu, polo menos nos primeiros 10 minutos, nun duro combate en medio campo que, sen embargo, non trouxo perigo a ningunha das porterías.

A primeira ocasión salientable foi local, nunha contra que Seso foi quen de desviar a saque de esquina no último momento. Precisamente, na saída dese córner un remate involuntario de Manu contra a súa propia portería estivo a piques de converterse no 1-0, pero sacou David Potente en liña de gol.

A partir de acó estirámonos e estivemos a piques de adiantarnos en dúas ocasións de Guerreiro nas que non atinou a embocar a gol dúas boas xogadas.

O encontro estaba a ser moi desputado, a pesar de que quizais non foi moi vistoso para os numerosos afeccionados que poboaron as bancadas de Cerdeiriños.

Nos últimos minutos da primeira parte o Monterroso tentou estirarse, e probou a Roi nunha falta frontal que este despexou ben a córner. Repetíndose a mesma secuencia que o antes relatado, na saída dese saque de esquina Lorenzo tivo un remate franco que se foi arriba.

Así nos fomos ao descanso, cuns 45 primeiros minutos de loita constante sobre un terreo de xogo moi irregular que non permitía grandes florituras, pero iso si, con traballo arreo dos 22 protagonistas.

A segunda parte comezou cun equipo local que quixo impoñerse no medio campo, e case na súa primeira aproximación conqueriu o gol que á postre sería definitivo; pase de Lorenzo a Dabouza por banda, e este centra ao corazón da área por onde aparece Óscar Méndez, que só ten que empurrar o balón ao fondo das redes.

Este tanto fíxonos dano, e arrastramos 10 minutos nos que non fomos quen de despregar o noso xogo e nos que sufrimos outras dúas ocasións locais, aínda que non demasiado nítidas.

A partir do cuarto de hora, cas entradas de Moski e Marcos, fixémonos de novo co dominio do encontro, e tivemos a primeira ocasión nunha gran xogada por banda de Guerreiro que puido despexar a defensa local en última instancia, cando Fabio xa se dispoñía a empurrar o balón ao fondo das redes.

E de destacar tamén a mala sorte do equipo no referente ás lesións, xa que Moski ingresou no campo e só aguantou 10 minutos, lastrado por unha lesion no tendón de Aquiles.

No minuto 73 tivo lugar a xogada clave do partido, un disparo bestial de Marcos repeliao o longueiro e Guerreiro recollía o rexeite e batía a Rodrigo, o árbitro anulaba o gol a instancia do seu linea, nunha xogada que protestamos moito por considerar que Guerreiro partía en situación correcta.

Esta xogada acarreounos varias tarxetas por protestar unha decisión arbitral que nos privou de sumar, cando menos, un punto.

A pesar disto, o equipo non se rendiu e seguiu percutindo en busca dun empate que finalmente non chegou.

A falta de 5 minutos unha gran xogada de Montes por banda esquerda era rematada arriba por Guerra, e xa no desconto de novo o noso punta de lanza dispuxo dunha falta ao borde que se lle foi por nada.

En definitiva, derrota polo mínima, cremos que fixemos méritos dabondo como para sacar un mellor resultado pero non puido ser. Convén non decaer e seguir crendo na nosa idea e traballando da maneira que o estamos facendo, e esta pequena mala racha seguro que quedará atrás.

Para a semana que vén visítanos un equipo en plena forma, que leva 10 victorias consecutivas e que vai lanzado cara a preferente. O vindeiro domingo Taboada CF- SD Sarriana
 

<- Volver  1  2  3  4  5  6  7  8  9 ... 27Siguiente -> 




Comentado por laura, 13-09-2009, 18:56 (UTC):
noravoa os veteranos x eses partidos ganados e bueno decirlles que espero que sigan asi e ke melloren claro.
saudos


Añadir comentario acerca de esta página:
¿Que entrada desea comentar?
Tu nombre:
Tu página web:
Tu mensaje:

contador de visitas para blogger