TABOADA C.F.

Principal

 
 
 

 

              TABOADA C.F

 

                                    

                                                                 





Síguenos tamén en 

 

TWITER @TaboadaCF
twitter.com/TaboadaCF

 YOUTUBE Taboada CF
www.youtube.com/playlist
 
                                                               INSTAGRAM
                                                           instagram.com/TaboadaCF




                    
        Esta,a vosa obra;estes , os  devotos ollos  que devezen por ela; acó A Medela ,sofrireis,estais perdios.






            Jacobo, Juanjo,Isma ,Roi,Manu Vila,Joni Guerri
          Nico, Alex,Martín Murado,Juanin,Marcos,Mouse,,David Mon
          Fabio,Sesiño,David Potente,Dieguiño,Migui,Gabri,Guerreiro
           Alberto,Mosqui,Diego Poyán,Manuel,Pablito,Iban, Fabricio
                                            faltou Noé








David Potente,Javi Diaz,Sesiño,Noé,Fabio,Moski,Juanjo,Alex,Dieguiño
Roi,Nico,Guerreiro,Martín Murado,Jose Manuel Montes,Txiqui,Joni,Alberto,Isma
David Montes,Ibán,Manu,Diego Poyán,Jacobo
E…. falta Marcos
 






                 ISMA,IBÁN ,NICO,,JACOBO,DAVID POTENTE ,ROI
                   FABRICIO,EMILIO,IVI,JONY,MARCOS ,ALBERTO
          ALEX,JUANJO POTENTE,MARCOS VÁQUEZ,EMILIO GARCIA,FABIO,ADRIÁN SESÍN
            DAVID MONTES,PABLO,DIEGO POYÁN,ANDRÉS,MOSKY,falta NOÉ

                      Pablito,Ibán, Marcos,Roi,Alberto ,Chicho  
                    Pablo ,Alejandro,Jacobo,Joni Castro,Ivi,Noé    
              Juanjo Potente,Isma,Emilio,Marcos Vázquez,Nico,Rubén  
             Alex Ratón,Fabricio,Manuel,Diego Poyán,Fabio,Emilio                                                 

 



 
                  Chicho,David Montes,Jacobo,Marcos,Alex Rodríguez,Roi
                       Pablo,Juanjo Potente,Damián,Iago Montes,Fabio,Emilio
                       Manuel,Alberto,Emilio García,Marcos Vázquez,Dani Rios,Alex Ratón
                       Ibán,Nico,Diego Poyán,Aitor,Ivi.
                        Faltan na foto Fabricio e Ismael
      

  ....nesta camisa podo ser ti, e estar preto de ti un anaco...
TABOADA CF 2 -SD O PÁRAMO 1



 



 








   




 











 



 






GRACIAS POR TODO ADRI LEDO


TABOADACF 2-QUIROGA FC 1

Hoxe os compañeiros do  QUIROGA CF  tiveron o enorme detalle de cedernos o seu material fotográfico  e ter un detalle de forza e amizade co noso Canti.Sinceramente impagable o xesto que tivveron con Nós,un clube desde hoxe inexquecible pra  nosa historia..





   



Resultado de imagen de lazo negro

Na Memoria de Antonio García Fontao ,presidente do Taboada CF entre 1974 e 1982     e de Antonio Varela Rigueira membro de duas xuntas directivas durante máis dunha década e socio número 4 do clube,falecidos ámbolos dous nas últimas datas .Descansen en Paz.

A terna que rexirá o destino do Taboada CF esta tempada 17-18 :MANUEL OTERO ,Txiki Taboada Otero Costoya (adestrador do equipo xuvenil e delegado e segundo senior)MARTIN MURADO(adestrador do primeiro equipo)JESÚS MELENDO (adestrador de porteiros)





TROFEO FESTAS DOS MIRAGRES

HOMENAXE A PABLO E EMILIO

E A NOÉ E OS SEUS PAPIS EVA E DIEGUIÑO

TABOADA CF 1-CHANTADA ATLETICO O








 1º Trofeo Alfredo Rey Alvelo
   CD LUGO 1-RC CELTA DE VIGO B 0



  Esta foi a homenaxe de todo fútbol,local,provincial e galego a un home de clube , a un home que  co seu traballo contribuiu a construir un clube o Taboada CF e un estadio A Medela, e que co seu exemplo e bonhomía contribuiu a crear un espíritu do noso equipo o Taboada CF.A un home que nos deixou un legado impagable ,non só material por todas cantas cousas podemos inda ver,tocar ou usar na Medela ,tamén sentimental por canto nos ten ensinado a todos e cada un dos que levamos pasado polo Taboada CF,polo seu xeito de mimar e querer a este equipo que se incrusta na pel de xeito indeleble.Por iso o seu ser está e perdurará no tempo en cada recanto da Medela  e renacerá cada vez que cadanseu dos nosos nenos  se vistan  a camisola branquiazul do Taboada CF que EL coidadaba co esmero .Por iso desde 1997 era socio de honra do Taboada CF,por iso  hoxe tiña que ser recordado por todo fútbol galego,por iso desde hoxe tería que ser recordado eternamente.





                                                                             



                                                                     
                                                                                                     
                       

Comunicado co calendario oficial da pretempada do Taboada CF:

28 de xullo. Comezo dos entrenos
5 de Agosto :SCD RESIDENCIA -TABOADA CF
13 de Agosto :TABOADA CF CHANTADA ATL (Trofeo Festas dos Miragres)
9 de Agosto .SD PILOÑO-TABOADA CF
19 de Agosto .TABOADA CF -ATL ESCAIRON
20 de Agosto. CD BROLLÓN -TABOADA CF
27 de Agosto. CF PORTOMARÍN -TABOADA CF
3 de setembro.COMEZO LIGA
Xa vos iremos infrormando dos horarios.Acó vos adxuntamos o planing de entrenos e datas.





Comunicado oficial da nova xunta directiva do Taboada CF:

Onte 04/05/17   Martin Murado deu o si a nova directiva do Taboada CF presidida por Jose Manuel Montes Blanco, polo tanto confírmase como novo adestrador do equipo de cara a tempada 17-18.Martín Murado Goyos nado en Lugo o 29/08/1975 ,ten 41 anos e foi xogador do Lugo en 2B desde a tempada 93/94 ata tempada 2001/2002. Foi adestrador entre outros da UD Pastoricense, do Club Lemos con quen conqueriu o ascenso a Preferente,tamén estivo na SD Sarriana en Preferente durante esta última tempada 16/17.Onte xa estivo na Medela contemplando a evolución dos que serán os seus novos discípulos e arroupado por dalgúns membros da nova directiva.
Tamén queremos expor como queda configurada esta Xunta Directiva,pendente da incorporación dalgún novo membro.
Presidente :Jose Manuel Montes Blanco
Vicepresidente :Miguel Rodríguez Osorio
Secretario:Javier Castro Vargas
Tesouseiro :Carlos Sanchez Novoa
Vocal: Jose Eduardo Novoa Castro

  
     

                

                                  CALENDARIO PRIMEIRA GALICIA   17/18
                        
                        







Síguenos tamén en 

https://www.facebook.com/taboada.cf

                              
                                                                            

CLASIFICACIÓN HISTÓRICA DO FÚTBOL GALEGO (fonte :laberinto deportivo)

 
 
 
 
video do Guerreirazo

 Video resumo do partido Taboada CF5-Viveiro CF3 de Televinte no enlace:
  http://youtu.be/E-PmfBaRsBU
 
    

 Final Copa Diputación 2013
RIBADEO CF 1-TABOADA CF 0

 
Video resumo do partido RIBADEO FC 1-TABOADA CF 0 no enlace
http://youtu.be/ZIBPKB2FGj4

  Érase una vez un equipo de fútbol que ensoñaba prodixioso,facía un " jogo bonito" ,vistoso  e limpo de corazón ,vaciándose en cada encontro ,facendo ilusionar a una grandísima afeizón  cuias almas cautivou.Así levounos a pasear con orgullo pola Preferente,peregrinando polas vilas  da  nosa terra e facendo grandes o noso clube ,o noso escudo,e o noso povo e  a pesares do descenso  ,por una mala xeira en mala hora,fíxonos pensar en que podíamos ser capaces de competir ese nivel,meténdonos no corpo un formiguillo  san de querer volver,maís ainda logo de ver esta traxectoria copeira  e de vernos competir,loitar e xogar esta final.Non podemos decir que o resultado é o que menos importa por que  perdela deixa tristura pero  ver como tentamos gañala e como nos recompensou o final a multitudinaria afeizón que nos acompañou e empuxou todo encontro mereceu tanto a pena coma sair victoriosos.Foi certo que o Ribadeo CF foi un digno campeón, a pesares de que nos levamos o peso e o dominio do partido,dende que German no minuto 12 metía  o gol tras empurrar  a prazer una asistencia de Santi,logo do saque dunha falta lateral.Eles despuxeron das ocasións máis claras xa contra o final,nos últimos cinco minutos, e poideron sentenciar David Rodríguez e Orly pero Roi estivo atinadísimo.Pero durante o resto do partido a intensidade e o control puxémolos nós e os mariñans, tamén resulta meritorio, defenderon con bó orde a renda e a pesares de que chegamos moito a área rival as ocasións eran abortadas pola férrea defensa dos  hoxe locais.David Montes non deu aproveitado una mala  saida de Alberto,logo Guerreiro disparou rente o pau pero blocou  moi ben o cancerbeiro.No segundo tempo a final volveuse vibrantísima,con xogo  de alto voltaxe ,mais físico por parte do Ribadeo  ainda aportando velocidade o contragolpe,e mais combinativo e posesivo o noso,nese envite saimos perxudicados por que no Sangoñedo non resulta fácil o control do balón .Con todo Javi e Basán estiveron moi cerca de empatar.Pero a verdadeira chave do encontro estivo nunha man prodixiosa que Viusky lle sacou a una impresionante volea de Nico que ia colarse pola escadra,un Viusky que saltara o campo facía nada e cambiou o signo da final con ese tremendo paradón.

              Só  queda felicitar o Ribadeo CF e en especial o seu presidente Don Jose Pulpeiro e agardar a pronta recuperación de Criss que sufriu una forte contusión tras un choque .Felicitar tamén a organización e a Diputación polo seu  apoio ó fúbol afeizoado.

               Querémos cerrar  coas palabras de Emilio  García que resumen un pouco esta tempada e o noso sentir:

Unha vez rematada a tempada, que foi moi dura por moitos aspectos, tanto a nivel individual como colectivo, pero histórica no noso clube, quero dar as gracias a nosa afición por dar folgos ata o último instante, por acompañar o equipo en cada momento, pero sobre todo quero agradecer o grupo unha vez mais, nunca me cansarei de facelo, o traballo, o saber levantarse en cada intre, a ilusión por chegar mais lonxe, por intentar sempre acadar un obxetivo maior, por facernos soñar a cambio de nada, por todo eso e moito mais volvo a rendirme os vosos pés. É un pracer sufrir o voso lado. GRANDES.
            

 

                                            F.O.R.M.I.D.A.B.L.E







ALBERTO LÓPEZ

 

Emilio García entrenador del Taboada C.F (por Luis Conde para La Voz de Galicia)

La derrota ante el Club Lemos supuso el descenso matemático del Taboada a la Primera Autonómica. La pésima segunda vuelta del equipo de A Medela -no sumó ningún punto en su terreno de juego- y las diez derrotas consecutivas fueron determinantes para este desenlace. A pesar del descenso, el entrenador, Emilio García, no considera un fracaso la temporada.

-¿Han asumido el descenso?

-Sí, pero ya lo teníamos asumido después de perder ante el Chantada. El domingo se consumó matemáticamente.

-¿Qué factores han provocado este final de temporada?

-Hemos descendido por un cúmulo de circunstancias. Las diez derrotas consecutivas que llevamos encajadas nos han penalizado totalmente. Hay que darse cuenta que en la primera vuelta logramos veintidós puntos y en esta segunda solo hemos sumando cinco, y ninguno en nuestro campo. Con estos números es impensable mantener la categoría.

-Pero al equipo se le ve que llega muy tocado físicamente.

-Así es. Hemos sufrido un importante bajón físico en esta recta final de la temporada. No entiendo la razón, porque los entrenamientos son iguales que los que veníamos haciendo la temporada pasada. Es más, trabajamos un día más a la semana. Después también han influido de manera decisiva las bajas, que han impedido que pudiéramos darle continuidad a las alineaciones cada domingo. Tuvimos a Marcos, Ríos y Mosqui lesionados, y Montes no pudo estrenarse. Se trata de futbolistas decisivos en el esquema del Taboada. También tengo que decir que el hecho de que los futbolistas no descansaran prácticamente el verano pasado, les ha pasado factura en el apartado anímico.

-¿Considera que la temporada ha sido un fracaso?

-Para nada. Como ya dije al empezar la temporada, la Preferente Autonómica era para disfrutar, y además entiendo que mis futbolistas, sobre todo los más jóvenes han adquirido experiencia. Esta cuestión será fundamental para todos ellos, porque constituirán la columna vertebral y la base de este Taboada en los próximos años.

-Al Taboada lo han definido los técnicos como un equipo de los que mejor juegan al fútbol de la categoría.

-Posiblemente, esto nos ha penalizado bastante, porque en esta categoría en ciertas ocasiones hay que adaptarse a las circunstancias del partido. No obstante, mi equipo siempre apuesta por el espectáculo y por el fútbol combinativo, e independientemente de los resultados, nunca he renunciado a mi filosofía de juego. Entiendo que es digno de elogio el trabajo que han hecho mis futbolistas.

                 

 

 

                    
 

              
 


                                    
                    

                                                      A TODOS ,GRAZAS
         
 Estas verbas deberon ser ditas un 2 de marzo de 2013,pero entre outros dons que esceden a quen as plasma,están o don da oportunidade e o don de xentes,que non se nace con eles e velahí.Esta instantánea superior é a musa que as inspirou e naceu do obxectivo dun fotográfo de La Voz de Galicia.Pra quenes vivimos este intre é unha fotografía impresionante,ó refrexo dun instante máxico,unhas décimas de segundo máis tarde logo de que o Andresiño acadara o empate a tres no minuto 88 e que nos facía acadar o ascenso a Autonómica Preferente.Da  imaxe en sí agromarían  millleiros de palabras ,que tratarían de expresar infinidade de sentementos e pequenas historías individuais e colectivas e dela tamén agromarían infinidade de imaxes que se van agochando na memoría ata que moitas delas se van esquencendo,ou non de todo….algunha volve a consciencia a unha boa hora vendo chover  mentres tomas un café cortado no Casino; outra aflora cun arrecendo a herba,a pasto en calquer tarde dunha primavera calquera,menos a deste ano de auga a fartar ;outra evócase soneando acariñado por unha brisiña fresca aló na Medela nunha sesta  de  domingo cando ainda nadie chegou.Hai persoas que tan só necesitan unha palabra ,un nome ,ou simplemente nada ,só con preguntarlles ¿acordaste?lembran ata o máis nimio dos detalles ,son persoas cunha memoría privilexiada ,case fotográfica, é o caso do Emilio.É unha entre as súas moitas virtudes  de bó home con mente e carácter non ordinarios.Os homes intelixentes só queren aprender ,os demais ensinar.Del lembrarei polos restos unha cea ,no medio dunha noite pecha e escura ,na que nos dixo que non seguía ,decíanos que estaba canso,exprimido,que non daba máis e que non estaba capacitado para aportar nada máis.Tamén nos lembrou  aquel día que ainda que queiramos ,nós non podemos estar por sempre.Coma en calquer lugar da existencia.É verdade, os anos van limándonos por dentro e por fora,tamén termos cansado e con desexos asfixiantes  de abandoar,pero hai un impulso fondísimo  que nolo impide, o orgullo ou algo parecido  do corredor de fondo, o do novelista ,decía Murakami,de haber conseguido rematala carreira ou a novela desexada ,onde non hay victorias nin derrotas,algo que ainda sigue aquí,en ti ,agora e sempre. O mellor o mesmo criterio solemne da procura continua da superación foi o que o voltou traer co tempo pra seguir guiándonos.Para nós o Taboada CF ten moito de carreira de fondo . El o  Emilio é o noso faro nesa incertidume da ceguera,quen pon o sentidiño.

 
                      Pero non foi  él  quen inspirou estes calambres verbais ,a electricidade descargouna   Manuel.Ver o Manu nesta foto coma un poseso,cun rostro que amosa unha alegría desenfrenada, unha tolemia colectiva,a rabía dunha paixón .A mesma que o facía chorar canda nós,cando ainda era xuvenil, xa faí oito anos,aló no campo do Santa Comba,naquela post-eliminatoría inxusta,absurda ,nun mes de setembro  a una semana de comezar unha nova tempada,tras rematar octavos a anterior e de superar en xullo outra eliminatoria,contra o Muimenta que nos mantiña en principio,   e que nós condenou  a posteriori contra o Pol do xeito máis cruel a xogar en Terceira Autonómica.Houbo outros planteis sobranceiros,tamén nosos e ben queridos,pero dalí naceu este equipo,eran todos moi noviños e  por él levan pasado e tamén se levan descolgando moi bos futbolistas e mellores persoas,é a tristeza do fútbol,coma da vida, o que vai quedando atrás ainda que permanezca dalgún  xeito na alma.E con esta plantilla acadamos catro ascensos,dende o abismo ata o cumio onde ningunha outra chegara.É de recibo esta pequena homaxe que  ó mellor non menciona a tódolos que són, pero nos que están reflexase un todo, a imaxe do soño dun clube.

 
           Do día no que foi tomada esa imaxe o que menos quedan son palabras  que ainda resoen,era tanto o que había que desfrutar que xa non se sabe quen dixo qué.Houbo sí unha frase sí que me gustaría que quedase para sempre,póñovos en situación:

 
          O dia anterior ó partido de Noia ,no último entreno estaban ensaiando por se as moscas a lotería dos penalties; no último o Isma detivolle un o Guerreiro que ía axustadísimo  o pao cunha estirada descomunal.Só o presenciamos dous ou tres,tivo algo de máxico,coma premonitorio.Logo do partido, a noite seguinte,aló ben tarde na Baiuca ,onde ardíamos radiantes, tocoulle na quenda de  falar o Ismael e dixo cunha humildade conmovedora que nos fixo estremecer a todos:”Eu non teño nada que decir ,non xogo moito,pero pasoo moi ben con vós”.Esta  sinxela frase di moitísimo máis , encerra o que vai mais aló do éxito,fala do traballo que non se vé,da paciencia,do sacrificio,do sufrimento,da abnegación, da entrega sen condicións, .Significaría válidamente  como unha filosofía de clube.Resumiría tamén estes últimos anos no que o pasamos moi ben con vós,véndovos xogar.Segundo Chejov,narrador empedernido,as obras de arte divídense en duas categorías :”as que me gustan e as que non me gustan,non coñezo outro criterio” decía;  a nós o Taboada CF góstanos moito,e as vosas son obras de arte,a poesía sin perdón da parábola,do movemento.Este traballo voso non será,é posibel, o suficientemente valorado,agardamos que haxa quen veña detrás,pero puxestes un listón moi alto,e ogallá se poda repetir pero para quen veña non será empresa fácil.

 
              De entre estes hoxe homes, a presenza do Mosqui co rictus extasiado nesta fotografía faime lebrar especialmente a tres meniños que ían o colexio ou viñan pola nosa casa de cote,e doume agora conta de canto  os vimos medrar .Un era o pequeno máis bueno e  encantador que correteaba polo patio e viña para xunto miña contarme contos daló de Arxiz,non sei cando me dei a volta pero cando me percatei xa medrara como unha bala, e desde aquela non deixa de maravillarme cada vez que o vexo xogar : o bó do Rubén,alias Mos ,o murigante que coas suas ás aviva o noso lume,.Outro que era un santiño,este de ollos azuis, o noso bolimarte de ouro ,era o Nico,lembroo collido da mán da sua irmá ,deste pedazo atleta de elegante xogo,hei de lembrar sempre dous goles moi importantes o que lle meteu a SD Antas ,que nos daba un ascenso ,e o que lle meteu ó Cala ,que tamén valeu un potosí,e sobre todo aquel partido que nos empatou tamén en Santa Comba cando estabamos con nove e íamos  a perder dous cero,con que raza meu deus,demos un golpe riba da mesa e posuiunos a enfermidade do espíritu de equipo .O terceiro foi sempre máis bulebule, correndo de San Pedro para Taboada e o revés, sempre inqueto e cun talento desbordante,un xenio o Marquiños,un velagullas toliño,que goles ten metido e con que casta xoga.Tres ases que medraron con nós estes oito anos últimos e con esa filosofía da bondade por bandeira,e nós estabamos ahí  tendo a oportunidade de admiralos.O can famento só ten fé na carne,téñenos mais ca  amosado  que eles só teñen fé no balón.Eles son da fornada do 85 coma maioría,ainda que algun nacera no 86,ou no 87,coma o   Roi,o meu paisano  Roi,con quen temos ademáis a déveda de formarnos  a  nosa pequena canteira,dende que veu pra sua casa contáxianos  cada dia a sua paixón por estas cores, e o sentemento,ese sentir noso,que   tanto nos doe cando as cousas se torcen e que nos fai brincar cando  foi o caso.Tamén son desta quinta igual que o Manuel , o Poyán , o Victor e mailo Rios,este , o Dani é  o futbolista pop,con ese aire tan beatle cantas liñas mestras traza cos seus pés e  con esas pernas que cheguen a tódolos lados.O Dieguiño Poyán e a alma mater deste equipo,é a persoa  máis admirada,por que é un buenazo,un home de paz,que transmite serenidade e pundonor como amosou no gol que lle meteu en Taboada o Noia CF,dando un pase en profundidade  case dende a nosa área ,para chegar a rematala pra dentro logo dun carreirón  .O Victor tamén ten ese  pulmón,é outro atleta da presión que tivo a mala orde de mancarse xusto cando iamos ascender,un home tranquilo que sabe ser paciente,sufrido e agradecido.

 
             A quinta dos capitáns e a do 80 o Emilio,o Ibán e mailo Alberto .Como nesta foto  non sae ningún elexin  ó Guerra para representalos,o Roman de la Rose ,algo máis vello, e de quen teño que decir que é un home que o fai todo fácil,menos a sua ida e a sua vida, que costou anos de paréntese de privarnos do xogo do mellor xogador que pariu Taboada,os datos son incontestables;compensounos deixando neste treito da sua carreira con goles que quedaran pros anais ,e coa promesa de facer que o  Taboada xogase    en Preferente,que llo debía dixo ,e cumpriu.O Emi ,e o Raúl do Taboada,sei que é o louvor que máis lle hai  que gostar,e coma seu admirado ídolo seu  é un home traballador incansable,de sacrificio impagable,capitán nas duras e nas maduras,un espello no que mirarse.El e o Ibán votaron toda vida defendendo esta camiseta,ninguna máis. O Ibán ,veno vistes ,tamén é un gran cantante,dalle a todo ,xugou en todalas posicións; lémbrolle unha tempada na que foi o máximo artificieiro xogando de delantero centro,despois case sempre na defensa.Eu xa non  se será  un mito pero cando non levamos en algunha convocatoria porteiro  suplente,xurde a dúvida :¿e como lle pase algo  a este que vai titular?- tranquilos ,dice alguén,que está o Iban que para a Cristo.Eu a a verdade nunca o vin debaixo dos paos.Do Alberto habería que decir que se non fora Mallorca e máilas lesións sería o mellor medio centro da categoría,igual que o Osorio,   a quen votamos tanto de menos polo seu pundonor e forza sen parangón,dous anos sen el son moitos anos pra nós,eternos para él con quen se cebou tanta mala sorte pero que él ensinanos algo moi grande: como encarala, con gañas sempre de volver.Neste grupo entra tamén o Pablo,  outro que sinte esta camiseta máis que  se fora del,o mellor defensor na  historía do Taboada, é un xigante ,o xogador máis respetado polos compañeiros e pola afeizón.Esto que vos vou contar dixollo  Panelas de Couto ó literato máis grande do que teño acordo e que para mais señas naceu en Mondoñedo:” Para que un lobo se quede nunha comarca que non é a do seu natio,denantes de faguer cama ,vai falar co carballo máis vello que haxa por alí”,o Pablo veu falar co Carballo de Ramos que  tamén habita no noso escudo dende a creación .Na brecha de idade  destes tamén anda  o Txiqui  ,un home que deixa impronta, entre outras cousas polo seu sorriso e bo humor ,e que nos leva dando estes anos mostras de xenialidade,pero que comezou  este ano con mal pé,él sería o simbolo da nosa fatalidade tamén no que vai  ano.Tamén desta franxa  son o Basán e o Javi que no seu paso polo Taboada deixan unha profunda admiración polo seu fútbol pero tamén polo seu comportamento e profesionalidade .Esta é outra cousa que se debe ter sempre presente,este grupo de xogadores afeizoados nunca sacou do fútbol máis que a satisfacción de xogalo seu deporte, no equipo do seu povo, do noso Macondo ,pero o compromiso,  a entrega  e o  orgullo coa que defenden esta camisola ten moito máis valor ca de calquer xogador profesional.Esto só  uns poucos somos os que o imos mensurar na sua xusta medida,o que tamen é unha pena,que unha traxectoría tan enorme quede un pouco a escuras .

 
            Xunto o Isma da xeracion do 92 son o Daviciño,  o Andresiño ,o Fabricio ,o Damián ,o Rubén e ainda que pelín maior o Alex. Son homes renacentistas,xente prolífica,non son coma os Lomas de Noceda que andan sempre metidos en cousas raras,miragres,encantos e prodixios ,estes nosos chavales   gostan do arte,e de ser xente sana ,eles saben,eu non o sabía,que o golpe e o animal máis antigo do noso país e que por iso sabe a nosa fala.Tamén saben ,eu tampouco o sabía,que había  gaita en Bulgaría, e que ten palletas Muroff,e que namentres a gaita búlgara cante haberá memoría do bon zar,  a mesma memoria que lembrará as pequenas grandes obras destes artesanos .Nesta foto estan representados polo Fa,tamén presa dunha emoción incontible,semella ter a clave musical da felicidade ,como o Andrés,que completa ese coro da imaxe ,e que sinxelamente, acababa de metelo gol máis importante da historía do Taboada.Meses máis tarde,fai unhas horas díxonos que non ía seguir para o ano,sumiunos na pena, non hai máis que decir.O David é outro que se perdeu toda a tempada por unha lesión cando tiña previsto sairse,como o Rubén,que empeza a ver últimamente a luz o final do túnel.Do Alex e o Damián serían coma as partes dun todo,o jing e o jang,pero co nexo do traballo,da loita,da ilusión Nestes mais novos é con que máis se esta cebando a esixencia da nova categoría,as lesións,a falta de minutos,pero eles son o futuro do clube, na sua aprendizaxe xa consta que xogaron en preferente,e debe valerlles que amosaron poder competir contra calquer rival,ainda que as cousas non sempre saen como un quere,e o importante das loitas e  levantarse ,qué detrás das victorias estan os deportistas e tralas derrotas estan  as verdadeiras persoas e que detrás sempre está un equipo ,que é un equipo por que xa se lle acumularon tantos éxitos,coma desgrazas,e soupo ir apartando a  soberbia,o egocentrismo e abrazando a humildade e a solidaridade.Esta receta que sentencia non é persoal ,non é de Del Bosque nin de Aragonés, é de  Alvaro Urquijo cando foi preguntado polos segredos da lonxevidade do seu grupo.

 
                A posdata vai adicada a tres persoas  que maila que non estan este ano con nós contribuiron ó ascenso do ano pasado Marcos Feás,Diego Mejuto e Andrés Fdez.Eles tamén forman parte da Historía,ainda que o fútbol sigue, o Taboada ainda sigue aquí,en ti agora e sempre.

 
 
 

A TODOS, GRAZAS
 
                                   

                                              

 

 
 Agradecemento especial a Diego Mejuto ,creador e primeiro impulsor desta páxina web.Ós demais meros continuadores do seu traballo.
 
  
 
 


A traves deste enlace accederedes as imaxes do gol que nos levou a Autonómica Preferente
youtu.be/OhhbAvK9oJw
Dende a pestana do Blog accederedes a toda actualidade do clube con actualizacións semanais,crónicas,fotos,resultados e clasificacións a través de SigueTuLiga ,onde  ademais poderedes facer comentarios,subir contidos multimedia ,descargar mapas de rutas a tódolos campos da comunidade etc. etc.SIGUE A TUA LIGA ,SIGUE A NOSA LIGA,SIGUE  O TEU CLUBE ,SIGUE O TABOADA CF

 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis