TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SCyD SAN ROQUE 1-TABOADA CF 1
17/12/17 el 17-12-2017, 19:50 (UTC)
  Entre tebras,así se disputou o encontro ,no medio dunha densa neboa,que se convertiu no principal protagonista,pois era moi dificil discernir as vicisitudes dos contendentes incluso con luz articial desde a primeira media hora.

Con todo puidose intuir unha primeira parte moi disputada con moita brega por parte das duas escadras.As mellores ocasións foron, por parte visitante :un córner olímpico que botou Manu e que despexou Carlitos sobre a liña de gol cun paradón e ,por parte local : unha semivolea de Aldo desde dentro da área que chapou Roi con certas dificultades.Como feito tamén salientable quedaron as reclamacións visitantes a un posible penalti sobre Sesíño ,que foi derrubado con claridade na área local,o colexiado non o apreciou e quedou sin sinalar . En definitiva quedou condenado o partido a resolverse na segunda metade pois non se moveu o marcador nos primeiros cuarenta e cinco minutos.

O segundo tempo máis do mesmo ;facíase moi complicado seguir o balón incluso desde dentro do campo.Tivemos unha grandísima oportunidade ao pouco de comezar despois dunha xogada individual David Potente estrelou o balón no longueiro ,foi providencial Carlitos que tocou levemente para evitar que o balón entrase.Foron uns minutos nós tiñamos moito a pelota e o xogo despregabase na parcela local.Caía tamén a noitiña sobre o primeiro cuarto de hora e dificultabase máis poder disfrutar do partido.O dominio visitante non se viu reflectido no marcador ;todo o contrario ,no primeiro acercamento visitante no 62' despois dunha xogada a balón parado e logo dunha serie de rexeites dentro da área Rasilla conqueriu o 1-0 no medio das protestas dos xogadores visitantes que reclamaban que saira o balón do campo previamente,desde fora do terreo de xogo era imposible aprecialo.Desde o seu gol os locais tiveron as mellores ocasións Rasilla tamén estrelou un balón no pao,e uns instantes despois Rois despois dunha xogada individual por banda esquerda chutou fortisimo e cruzado e Roi fixo un paradón pra sacar o balón.O Taboada soupo reaccionar o gol local,colocou liña de tres atràs e deu un paso adiante na procura do empate,este chegou no 78' despois dun pase estratosférico de Poyàn cun globo a dereita de cara a internada de Moski que se adentrou no área e cruzou o balón diante da saida de Carlos, 1-1.Os últimos minutos foron dunha incertidume absoluta,non só por que a visibilidade era case nula,senón tamén polas gañas dos dous equipos tratando de conquerir os tres puntos,tivoa o Taboada a falta de dous noutra boa ocasión de Moski,e xa co tempo cumplido un remate de Aldo con Roi e a nosa defensa batidos sacouna involuntariamente un compañeiro no que rebotou o balón estando de costas.Cos dous equipos envorcados rematou un encontro que se cadra non se tiña que ter disputado,e no que o empate pódese considerar xusto e meritorio polas díficiles condicións nas que se xugou.

Remata así o ano 2017,que non a primeira volta da competición que o fará a volta do parón navideño : o domingo 7 de xaneiro na Medela TABOADA CF -PASTORICENSE UD.Cabe suliñar que parte da xornada suspendida polo temporal a semana pasada disputarase entre os dous próximos fines de semana,motivo polo cal a clasificación e provisional.

Finalmente o Taboada CF quere desexarvos desde xa unhas Felices Festas e un ano 2018 cargado de éxitos.
 

TABOADA CF 2 -ACD XERMADE 0
08/12/17 el 08-12-2017, 19:51 (UTC)
  Quixo dominar o Taboada desde o principio e desde moi cedo tratou de levar a iniciativa cun fútbol de ataque, moi incisivo, con presión moi adiantada e un dominio constante da posesión.Os chairegos mantiñanse moi ordeados atrás e trataron de sair en algunha contra esporádica.Despois de sacudirse o dominio inicial local fóronse equilibrando as forzas ,dando os visitantes un pasiño adiante .Coincidindo con ese intre tivo lugar a mellor ocasión local no 21' nunha internada de Sesín por banda dereita con centro a segundo pao donde rematou en volea Noé ,chapou o remate Ivo Lamas.O partido mantívose atascado ata o tramo final da primeira mitade.Foi daquela cando se resolveu o encontro.Primeiro no 41' cando despois dun libre indirecto sobre a frontal e logo duns rexeites o balón caeu na posición de David Potente que empurrou desde cerca ao fondo das maias,entre as protestas visitantes que reclamaban posición irregular,non se considerou así e o 1-0 subiu ó marcador.Moi pouco despois nunha xogada por banda dereita Moski recurtou pra dentro e asistiu a Noé pra que a colocara xunto a cepa do poste lonxe do alcance de Ivo.44' 2-0.Asi, con nada máis que salientar ,que xa fora dabondo,rematou a primeira metade.


Os segundos cuarenta e cinco comezaron de xeito similar a primeira cun equipo local dominante e cunha gran ocasión no 53' na que Manu estampou o balón no longueiro cunha fermosa vaselina. No 15' da segunda despois doutra incursión por banda de Moski o remate de Poyàn quitouno cos pes Ivo ;foi tamén esta unha clara ocasión.Non estaba a ser un tramo desmasiado vistoso pero si foi disputado e no cómputo global quizas estabamos a dominar máis a posesión e con máis acercamentos mantendo atrás un férreo control.No 68' tivemos outra boa oportunidade construida dun xeito semellante a sinalada anteriormente, internada de Moski e remate colocado de Poyán que se foi lambendo pao esquerdo de Ivo.Daló ao final foi un encontro máis anodino no que os locais foron deixando transcurrir os minutos sin complicacións e sen pasar apuros,a única ocasión clara visitante chegou rebasado o minuto 90 cun franco directo de Chungui que resolveu cun paradón Roi ,na que foi quizais a sua máis complicada intervención de todo o partido.Sin tempo para moito máis finalizou o partido.


En resumo victoria sen alardes pero victoria a fin de contas que fai que o Taboada sume 12 puntos nos últimos catro encontros,a mellor xeira no que levamos de competición que fai que se eleve a moral dun equipo moito tocado polas lesións e que a pesares diso compite de xeito excepcional; a espera de rearmarse en efectivos afrontaremos os dous últimos partidos da primeira volta coa posiblidade de quitar nota.


O primeiro deles o domingo 17 no único desprazamento a capital fronte a unha das revelacións do campionato na Polvoeira SCD SAN ROQUE-TABOADA CF
 

TABOADA CF 1 -CD SANTABALLÉS 0
03/12/17 el 03-12-2017, 19:31 (UTC)
  Non houbo un dominador claro no inicio.O pouco de comezar no 3' unha xogada moi polémica con Moski como protagonista,dun posible penalti (según a grada moi claro ) pasouse a unha falta en contra,acción moi protestada polos locais.Puido ser moi transcendente a decisión pois naquel minuto podía concidionar decisións subseguintes pero a arbitraxe no restante foi notable e de destacar.O balón transitaba logo dunha área a outra con asiduidade,inda que semellaba que os locais trataban chegar con màis combinación e os visitantes faciano cun fútbol máis directo.Súa,dos visitantes, foi a mellor ocasión dos primeiros minutos cun disparo o longueiro de Soto,frouxete pero colocado.Proseguiu o encontro con moita disputa de cada balón e con gran equilibrio de forzas.En canto a ocasións claras non había moito que reseñar a pesar do perigo que se amosaba dentro das áreas,pero non habia disparos nítidos,impoñíanse as rochosas defensas.Na última xogada Guerreiro tivo a mellor local,Adri sacaba o seu chut da escadra.Finalizaba sen novedades no marcador o primeiro acto.

A segunda metade comezou con parámetros similares á primeira e sen inclinarse a balanza pra ningún lado.No 65' tivo lugar a mellor ocasión local do bando local,nun córner botado por Manu,ao remate Guerreiro que estampou o seu testarazo en escorzo no longueiro.Foi o inicio dun tramo final moi emotivo e competido,no que o partido podia decantarse a destra ou senestra en calquera xogada.Cinco máis tarde tivoa de novo Guerreiro ,logo dunha xogada individual dentro da área o seu disparo cruzado foise lambendo o poste .Na xogada seguinte na outra área tamén acción individual de Iago,cunha portentosa carreira diante de Alex ,o seu disparo sobre a frontal foise rozando literalmente o longueiro.

E nesa voráxine de vértixe apareceu David Potente no 73',recuperación no círculo central,foise atravesando en diagonal a medular cunha forza bárbara e conectou un chut impresionante desde fora da área que se colou pegado o pao na meta de Adri.1-0 .Despois do tramo de encontro máis vistoso viñeron uns grandes minutos do Taboada que logo tivo que afrontar o último arrebato do equipo chairego ,fixoo atacando ,tocando e tocando o balón ,mantendo a posesión ,véndose forzado o Santaballés ao xogo en horizontal pero apenas puido disparar a porta pois topouse cunha defensa sen fisuras,contundente ,moi ben plantada e ordeada .Finalmente os tres puntos quedaron na casa de xeito moi meritorio,destacando o traballo e intensidade do bloque en tódolos aspectos do xogo , e en senllas parcelas do campo na vangarda e na retagarda.

O próximo partido da semana que entra de acó a un pouco, non haberá partido o domingo,senón que se adianta a xornada do venres,a proveitando a ponte da Inmaculada, e terá de novo lugar na Medela ,así pois o 8 de decembro as 16:00 ,TABOADA CF -ACD XERMADE
 

SD O PÁRAMO 0 -TABOADA CF 2
26/11/17 el 26-11-2017, 19:58 (UTC)
  Era o de hoxe un partido semellante o da semana pasada a cara de can, nun campo sempre difícil contra un rival moi complicado e necesitado de puntuar.Por iso faciánse prioritarios os tres puntos e palpexábase na previa un extra de motivación.

Comenzaron os dous equipos propoñendo moitísima pelexa,os primeiros 30 minutos sen ocasións ,moitos achegamentos si e continuas transiccións pero non houbo tiros entre os tres paos.Coincidindo coa media hora un primeiro disparo de Pepe que detivo Roi sin atrancos foi contestado de inmediato por Guerreiro cun disparo lonxano na traxectoria de portería pero desviado finalmente ;e un minuto máis tarde logo dunha xogada individual e chut deste foi detido por Brais .Borjita no 35' tivo unha desde cerca pero o remate foiselle moi arriba.Con todo estaban a imporse as defensas aos ataques ,e imperaba un gran traballo físico dos dous onces.Nos últimos minutos da primeira os parameses apretaron un pouco máis e tiveron a última ocasión antes de irse a vestiarios nun libre directo de Palle que se foi lambendo o longueiro.

O segundo tempo comezou cun chisco menos de ritmo que no primeiro acto .Pero no 52' apareceu Moski pra romper a defensa local ,internouse na área e foi obxeto de claro penalti tras quebrar a marca.A pena maxima encargouse de transformala Fabio enganando a Brais;este lanzouse a súa dereita, Fabiño asegurou axustando o pao esquerdo do cancerbeiro.A partir de entón o Taboada fíxose co control do partido e nos minutos seguintes puido facer moito dano buscando os ocos por detrás da defensa local,coas internadas de Noé e Moski.Non embargantes foi un colosal David Potente quen se foi de toda defensa local por banda esquerda nunha conducción de trinta metros e cedeulla xa dentro da área pequena atrás a Guerreiro pra que fixese o 0-2 no 70'.No 73' puido sentenciar o Taboada logo dunha gran internada de Noé que despois de vencer a saida de Brais xenerosamente cedíalla a Moski, o remate deste sacabao baixo paos Bruno.Os visitantes nestes minutos estaban a ser grandes dominadores do encontro e ainda que os parameses tentaron a reacción no treito final ,especialmente nos últimos dez minutos, un Taboada moi serio e ordeado atrás e moi motivado e fisicamente superior non pasou excesivos atrancos,máis ca en un par de balóns colgados e senllas xogadas a balón parado,que resolveu a liña de retagarda sen apuros.

A semana que ven toca voltar a Medela no primeiro de dous enfrontamentos consecutivos como locais o domingo 3 de decembro as 16:00 TABOADA CF -CD SANTABALLÉS.

Con esta crónica damos por finalizada a entrada do mes de novembro ,pra semana pois abriremos paso a que finaliza o ano .Lembrámosvos que en calquer intre podedes consultar no arquivo do blog calquer entrada buscando por ano e mes,ou no buscador do blog por equipo,data etc
 

TABOADA CF 2-CD SAN CIPRIÁN 1
19/11/17 el 19-11-2017, 20:54 (UTC)
  Indicaba a previa que era un encontro no que ,a pesares de que suliñar no calendario partidos decisivos é cousa precipitada en exceso, xogábanse puntos moi importantes entre dous equipos con tendencias opostas ,uns ,os mariñáns viñan como equipo en alza despois de problemas iniciais coas lesións e a súpeta marcha do seu adestrador Chusky ao Viveiro ( hoxe estreábase no banco Tomás Costa) ,outros ,o cadro local, que se manten con múltiples baixas e viña dunha xeira de tres derrotas consecutivas e da que tentaba sair con urxencia.Por todo isto agardábase un duelo tenso,un combate entre iguais raiano no fío e no símil tenístico da bola de set e partido, no que ían importar máis os tres puntos que o xogo despregado.

Nun comezo moi aberto,cos dous equipos buscando meta desde o inicio abriu o marcador moi pronto o Taboada aos catro minutos ,nunha xogada de ataque Poyán cun centro un tanto afortunado puxoa na cabeza de Guerreiro que con gran habilidade e intuición picouna coa testa en globo diante da saida de Mada e acadaba o 1-0.Nada significativo o gol naquel minuto con todo o partido por disputar.Influiu co paso dos minutos en que os locais xogaron con máis tranquilidade e os visitantes querían meter máis velocidade ás accións ,en consecuencia a calma local conlevaba máis precisión,e os visitantes incurrian máis no erro dun tesón sin tino.No 30' plasmouse un pouco algo de todo isto,gran cambio de xogo de Manuel a dereita pra Moski que se internou ata area,alí agardou diante da marca a chegada de Sesín que se incorporaba ó ataque e este de primeiras cun disparo raso,colocado ,un pase o fondo das maias,acadaba o 2-0.A espera de acontecementos este gol trouxo certa placidez para os locais no tramo final da primeira metade .Non houbo que reseñar deses minutos agás o desfrute da parroquia taboadesa.Iso si, non se presaxiaba que a calma fora eterna.

Como se prevía a segunda parte comezou cun Sanci máis presionante,inda que o Taboada estaba a amosar moita seriedade e orde defensivo.Pero cando máis sensación de seguridade estaba a transmitir o equipo foise nese intre no 57 ' cando logo dunha falta na medular bastante centrada foi rematada por Dani Sante que se elevou entre a defensa local e cun testarazo batia a Isma.Volvia meterse de cheo no partido o equipo mariñan.Despois xa non houbo partido plácido,os visitantes trataron de envorcarse sobre meta local e de feito houbo intres que pasamos moitos apuros atràs ainda que non tiñan ocasións claras en exceso.Foi nosa a mellor nese tramo do partido , no 68 ' un centro chut de Manuel que acabou por ser repelido polo longueiro;cabe suliñar que se cadra tamén foi a única desta segunda metade.Co paso dos minutos os locais renunciaron a tela pelota,coa lección aprendida doutros partidos previos,a premisa do subconsciente colectivo era non encaixar .Iso facilitou o dominio visitante que fixo do último cuarto de hora un asedio constante.Xurdiu si, o oficio defensivo da retagarda local e a seguridade de Isma, e os mariñáns inda achegándose con perigo asiduamente non crearon ocasións suficentemente claras.Trala expulsión de Poyán por doble cartón semellaba complicarse máis o encontro pero ao pouco Pablo Costa era tamén expulsado e aí xa morreu o encontro.

En resumo un tempo para cada equipo e os tres puntos que quedaron na casa que era obxectivo primordial.

A semana que ven agarda un novo e complicadísimo desprazamento ,noutro encontro xa convertido nun clásico, un derbi diante dun rival de sobras coñecido, moi reforzado ainda que a taboa non o dignifique , nas Rapadas SD O PÁRAMO -TABOADA CF.

 

AD VALADOURO 3-TABOADA CF 1
12/11/17 el 12-11-2017, 19:38 (UTC)
  O encontro tivo un comezo vibrantes con duas claras oportunidades de gol, unha en cada área , nos primeiros minutos.Este inicio equilibrado rachouse pronto,e nun minuto o partido púxose a prol dos locais ,primeiro no 12' nun esplendida acción de Cora ao borde da frontal ,controlou ,virouse e con disparo colocado batiu a Roi.Tralo saque de centro roubou o balón o equipo local e nun mortal contragolpe Felipe Varela encarou,regateu a Roi e fixo o2-0,min.14.Poñíase o partido complicadísimo desde o inicio,pois o Taboada quedou moi tocado anímicamente.Con todo co paso dos minutos foi tratando de reaccionar,estirou liñas e chegou en un par de ocasións con certo perigo.Os locais ben colocados non arriscaban nestes intres.Coincidindo coa media hora Guerreiro nun libre directo estrelaba o balón no longueiro no que era a mellor ocasión visitante ata daquela.Semellaba que recuperarmos un pouco antes marchar a vestiarios.
Tralo descanso iniciamos ben ,tentamos virnos arriba,pero na primeira contra que tivo o equipo local volveu enchufala un entonadísimo Cora ,foise entre liñas e batiu a Roi que saía a tapar,3-0.O gol ,deses chamados psicolóxicos ,fixo máis mella na minguada moral visitante e premiaba de xeito tallante a absoluta eficacia dos locais,catro disparos entre os tres paos ,tres goles.Pero ainda con este marcador adverso buscamos a meta mariñán e Mosqui por duas veces topouse cun inspirado Tommi.Un pouco máis tarde tentouno Poyàn cun testarazo logo dun libre indirecto pero Tommi tamén reaccionou ben.O que era tino nunha porta era destino na outra.O equipo local pechaba moi ben liñas tentando adormecer o partido véndose co partido encarrilado e deixaba transcurrir os minutos.Se eles se sentían cómodos ,o Taboada ía abundando na incomodidade co paso dos minutos,nada saía con xeito. Co partido a piques de rematar no 88' un penalti sobre Nóe transformouno Fabio de maneira inapelable.3-1.Xa non houbo tempo para máis reacción.
A semana que ven toca tentar sair desta xeira negativa dos últimos tres partidos enfrontándonos a un rival sempre incómodo e dos máis goleadores da categoría,o domingo na Medela TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.

 

<- Volver  1 ...  5  6  7  8  9  10  11 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis