TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
PASTORICENSE UD 1 -TABOADA CF 1
20/05/18 el 20-05-2018, 20:49 (UTC)
  Despois duns primeiros minutos nos que os visitantes levaron a iniciativa e tiñan màis posesión de balón, a primeira gran ocasión foi local ,no 15' un libre directo que botou Raúl e Isma sacou da escadra cun paradón. O contrapunto a esta ocasión puxoo Joni no 24' que puido por en vantaxa aos visitantes tras unha boa reviravolta, o seu chut detivoo Casillas. Non foi comparable coa que tivo o Pastoricense no 29' logo dun penalti a prol, un tanto riguroso, que lanzou Farra e detivo Isma con un gran paradón. E o que son as cousas ,un minuto máis tarde na xogada de transicción que proseguiu ,Moski aproveitou unha asistencia de Fabio, pra revolverse na área e batir a Casillas,cun remate inapelable 0-1. Os locais moi necesitados e acuciados polas pantasmas dos arrastres que podian descendelos tentaron reaccionar pronto e acadaron o empate no 39' tras un centro de Javi por banda dereita que remachou Kanuto de cabeza o fondo das maias. 1-1.Así se chegou o descanso.

A segunda parte comezou moito màis anodina, cun ritmo menor, quizais o Taboada espuxo máis, e os locais conscientes de que o empate lles valia non arriscaban arriba. No primeiro cuarto de hora a ocasión máis clara foi un chut lonxano de Dieguiño, que se foi lambendo o longueiro. O partido seguiu na mesma liña todo o segundo tempo, as únicas ocasións foron nosas diante dun rival que repregou filas e adicouse fundamentalmente a defender o resultado que lle permitía manter a categoría e renunciou practicamente ao ataque ,pois non se acercou sequera con perigo en ningún intre. E deste xeito e especialmente no último cuarto de hora Joni que non deu conectado un remate claro e David Montes nun man a man con Casillas poideron decidir o choque a prol do Taboada CF. E nos últimos intres ,Moski con outro remate infructuoso e David Potente cun disparo desde fora da área que ía moi axustado e que detivo Casillas cunha boa parada, tiveron outro par delas moi claras que facían otorgarnos méritos para obter a victoría.O fútbol unha vez máis esta tempada non nos fixo xustiza e o final non demos conquerido a séptima praza ,a que podiamos aspirar dados os resultados da xornada ,e que por merecementos e sofrimentos ao longo do curso era máis acorde co noveno posto final.Con todo ,e polo que levamos dito , a nota deste curso despois de todas as convulsións e lesións que padeceu o equipo ten que rozar o sobresainte pois o plantel sobrepuxose a toda adversidade.

Agora toca afrontala Copa coa plantilla dispoñible case o completo, a pesar da dificultade do reto , poñemos as expectativas en ir superando chanzo a chanzo.O primeiro toca afrontalo na casa contra un rival en alza que ven de dar a campanada da xornada logo de acadar a salvación a costa de privar ao CD Foz de conquerir o campionato,en beneficio da Sd Sarriana , a quen desde aquí queremos dar a noraboa polo título ligueiro .Asi pois o domingo na Medela TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.
 

TABOADA CF 3-SCyD SAN ROQUE 1
13/05/18 el 13-05-2018, 21:04 (UTC)
  Partido devisivo que afrontamos necesitados de puntuar con unha gran intensidade fronte a un rival que se xogaba a vida,que só lle valía a victoria. No inicio levamos nós a iniciativa, con un gran disparo de Noé aos 5 minutos. Contestou dous minutos despois o San Roque con un disparo de Rois que desviou Isma a córner cun paradón. Foi un aviso. No 9' gran xogada dos visitantes por banda esquerda que rematou Arturo con remate de cabeza picado que se aloxou no fondo das maias 0-1.Foi un pao duro pra equipo local que non perdeu a compostura e seguiu a tentar levar a iniciativa pero sen ter ocasións. A mellor foi un disparo lonxano de Marcos no 19'.A seguinte foi visitante cun disparo tamén lonxano de Sergio no 22'.No 25' tivoa Noé a un gran centro de David Mon, non chegou ó remate baixo paos por milímetros. Foi mellor ocasión no 31' Moski por duas veces nun man a man con Carlos, desbarata primeiro este,e o rexeite de novo Mos ao pao. No 35 ' xogada clave iase só Moski foi trabado por detrás por David, este foi expulsado por ser o úlltimo home e falta o borde da media lua da área . O lanzamento consecuente foi executado maxistralmente por Marcos.un golazo que entrou pola escadra 1-1.O Taboada aproveitou esa marcha máis que lle metera ao partido convertindoo nunha voráxine vulideira de ataque continuo(os mellores intres do partido) e no 40' despois dun xogadón por banda esquerda de David Mon,que entrou ata cociña da área pequena e alí este mesmo resolve diante de Carlos. 2-1.Finalizou asi a primeira metade sen nada máis que salientar que esa remontada en cinco minutos.

Na segunda os locais coñecedores de que non estaba nada feito sairon a controlar o partido e dominar a posesión. Non embargantes a primeira gran ocasión foi visitante nunha gran volea de Arturo que se foi arriba no 50'.Na xogada seguinte unha multiple ocasión na área visitante con remates de Ibán, David Mon en duas ocasions, e Noé que non deron co remate certeiro e finalmente deu sacado o balón a defensa visitante,no intre que pior estaba a sofrir.Foi non 63' nunha xogada de pícaros na que despois dunha falta a prol, Moski sacou rapidamente sen pedir barreira habilitando o espazo libre a David Mon que libre de marca se interna na área e clavaa pola escadra con un chut impresionante.3-1.Desde alí o final o partido foi un querer e non poder dun San Roque que nunca se entregou fronte a un Taboada que se defendeu con orde e rondou o gol nalgunha contra pero que se adicou a nadar e escondela roupa .Non houbo ocasións excesivamente claras no tramo final ,imperou si a emoción e a incertidume do resultado pero non un xogo deslumbrante.Con todo chegouse o remate donde reverteu a ledicia local por ter acadado a salvación matemática a falta dunha xornada ligueira na que houbo que sufrir máis do agardado pra conquerir o obxetivo esencial.Pero ao fin parafraseando a frase de alguén a quen se vota tanto de menos fíxose xustiza :SIIIIIII XUSTIZA CHIÑOS.

A semana que ven nun partido intranscendente para os intereses do Taboada CF finalizaremos a Liga no campo do Acebreiro PASTORICENSE UD -TABOADA CF.
 

ACD XERMADE 4-TABOADA CF 4
06/04/18 el 06-05-2018, 19:40 (UTC)
  Comezou o partido de cara para un Taboada pragado de baixas fronte a un rival en peores condicións sen apenas recambios. Ós catro minutos xogada por banda dereita de Moski con centro a area que cun certeiro remate de cabeza Joni Guerri remachou ao fondo das maias de Miragaya. Todo se complicou un pouco despois no minuto 14, nunha xogada na que Roi deslumbrado polo sol fixo un penalti claro e foi expulsado xustamente,ainda que fora precedida dunha man clara do atacante local Iván Benavente que non viu o colexiado. Tivo que porse na portería Noé ,que xogaba xa un chisco tocado da semana anterior.Cun paradón excepcional detivo o lanzamento de Rubén Pena que iba axustadisimo ó pao( logramos captar duas secuencias do lanzamento e parada) . Con todo o partido púxose moi en contra nosa. A pesares de todo poidemos pornos co 0-2 no min. 20 cun remate a boca de xarro de Nico, que sacou baixo paos Angel.No 22' unha falta sacada por Diego Bellas foise lambendo o longueiro e no 25' Joni cun lanzamento lonxano rozou o pao esquerdo da porta defendida por Miragaya. No 38' despois dun xogadón Moski voltou ter o segundo do Taboada, sacou coa bota e desde o chan con outro paradón Miragaya.No 42 ' falta no medio campo abriu a banda Dieguiño pra Sesiño que se sacou un centro medido ó segundo pao que por donde apareceu David Potente quen tirándose en plancha acada o 0-2.Con este resultado chegouse ó fin dos primeiros cuarenta e cinco.


A segunda metade comezou cun Taboada moi ben plantado e sacrificado ao extremo coa infeioridade numérica e cun rival que tentou apretar nese inicio. Non embargantes no 60 ' unha falta botada por Dieguiño petou na barreira e logo no longueiro descolocando a Miragaya o balón repelido foi remachado por David Potente de cabeza ao fondo das maias,significando o 0-3( tamén acadamos fotografiar a secuencia de imaxes que precedeu o gol) . No 22' da segunda unha xogada transcendente nun contragolpe local de Coira que soupo finalizar no man a man con Noé e puxo o 1-3 no marcador.O gol local expoleou a sua iniciativa, e espuxonos o desastre nos minutos seguintes facendo intervir a Noé con duas grandes paradas.Este sen embargo no 68' non puido deter un disparo lonxano de Diego Bellas ''Chungui '' que facía 2-3 e poñianos contra as cordas. No 75' cos locais envorcados empataron tras unha falta lateral e un barullo na área 3-3,que o central Fran resolveu con un zapatazo desde moi perto.Culminou a remontada local Chungui de novo no 80 ' despois dunha boa xogada e un remate axustado ó pao diante do cal Noé nada puido facer. Nestes minutos anteriores notamos un baixón fìsico polo desgaste sufrido pero do que soupemos sair e nos últimos minutos e tentamos voltear a situación,con constantes ataques ,sufrindo o indecible.E foi na última xogada do partido no 95' nunha volea que engatillou Dieguiño desde a frontal e clavou na escadra dereita da porta local .4-4. Xa non houbo tempo pra máis e o colexiado decretou a fin do partido.


En resumo un partido non apto pra cardíacos que se resolveu quizais xustamente por que ningún equipo foi merecencente de perder,pero que non resolve para os intereses do Taboada da salvación matemática.Toca acadala nas duas últimas xornadas .


O primeiro deses dous partidos decisivos a semana que ven,o domingo na Medela TABOADA CF -SCD SAN ROQUE.
 

CD SANTABALLÉS 6-TABOADA CF 1
29/04/18 el 29-04-2018, 19:56 (UTC)
 Nun dia no que os visitantes presentaban unha alineación de circunstancias e inédita con 5 xuveniles na convocatoria, o encontro comezou moi parello con moita brega ainda que sen ocasións nas duas áreas. Ata a chegada do minuto 20,dun balón que Nico Criado recolleu sobre a frontal e cun disparo seco e axustado batiu a Javi Paz que nada pudo facer. Despois xa se desataron as hostilidades en ataque, os visitantes votáronse na procura dun rápido empate e Joni tivo unha moi clara tras asistencia de Fabio, un paradón dun seguro Adrián evitou o gol. Minutos despois Verez fallou un claro remate despois dunha contra de Nico e Novas. Antes do 30' o local Dani despois dunha rápida internada marraba no remate que marchou desviado. No 35 ' foi David Montes despois dunha gran xogada individual na que chutou a porta e foi Nito que sacaba baixo paos. Dalí ao fin dos primeiros cuarenta e cinco non houbo màis que reseñar.

A segunda comezou cun Taboada moi presionante e agresivo en ataque. Con duas accións destacadas en ataque nos dous primeiros minutos de Fabio e Javi Diaz.Pero no 54' cortouse esa gran reacción de novo cun balón que engatillou Nico desde fora da àrea e entrou axustadisimo ao pao, diante do cal Javi pouco puido facer. Foi o principio do fin das nosas opcións, pois perdemos un pouco a posición a partir de entón. E pouco despois no 58' un gran contragolpe de Alex Novas que culminouno el mesmo despois de irse da nosa defensa, facendo o 3-0 ,que se presumia xa case inabordable.

Con todo o equipo non deixou de competir e nun gran contagolpe de Javi Diaz este asistiu a Fabio que rematou o fondo das maias 3-1 no 60'.Facia concebir certas esperanzas o gol, a pesar de que nesa acción se lesionaba o mencionado Javi Diaz,que tivo que abandonar o terreo de xogo un ppouco despois da sua entrada .Un pouco despois o prpio Fabio tivo outra gran ocasión coa cal podia paretar o marcador ,despois dun gran centro de Sesiño,remachaba cunha chilena acrobática que rozaba o lombo de Chechu que fixo que o balón se fora lambendo o longueiro ,de no ser tal tería entrado. Durou a ilusión ,xusto ata un penalti pouco intencionado,por non decir inexistente, de Juanjo sobre Yago,que soupo caer aos ollos do colexiado e que el mesmo se encargou de transformar no 80'.Despois o equipo derrubouse e nun par de minutos, no 81 e 82 ,encaixou senllos goles de David e Dani que convertian a derrota nunha tan abultada e excesiva coma inxinmerecida goleada.
A semana que ven toca desprazarse de novo a Terra Chá onde nos xogamos tres puntos que poden ser decisivos nun final de liga que cada vez se comprime máis, o domingo CD XERMADE -TABOADA CF.


 

TABOADA CF 5-SD O PÁRAMO 0
24/04/18 el 22-04-2018, 20:07 (UTC)
  Empezou o partido moi prometedor, cos dous equipos ofrecendo moito. O equipo local quizais arriescando máis. Forito disto no minuto 8, Rouba o balón en ataque Guerreiro que asiste a Noé, que non o pensá e cun chut axustado bate a Lisboa. 1-0

O gol espoleu os visitantes que se votaron ao ataque e inda que non tiveron ocasións claras tiveron un dominio do balón ata media hora. Mentras o Taboada defendía dun xeito ordenado e cautela, tratando de sair as contras pero sen ocasionar tampouco perigo sobre ameta de Lisboa. O forte calor reinante fixo necesario un parón a media hora. O parón tamen significou un baixón no xogo. No último cuarto de hora non houbo xogada significativas e notouse certo parón no ritmo. Só duas xogadas de relumbrón poidemos constatar nestes intees finais.Tivo unha moi clara Rober no 42' con Roi desbordado enviou balón porriba do longueiro.Houbo tamén unha xogada moi protestada polos visitantes o,o balón despois dun córner petou en Manuel e rivais reclamaron unhas máns .Foi xusto antes de que no 45´ cando semellaba iba acabar así o primeiro tempo, unha xogada de ataque de Moski, trouxo unha asistencia deste desbordando a Lisboa e a porta baldeira Guerreiro só tivo que empurrar 2-0.Asi rematou a primeira metade.

O segundo tempo voltou comenzar cun Taboada dominador con duas ocasións clarísimas de David Montes e Moski que poideron sentenciar o partido. E quizais unha máis de Poyán pero xa menos nítida. Foron os mellores minutos dos locais que estaban a ser moi superiores. Esta superioridade acabou por ser manifesta no 72" tras un enorme xogada de David Potente que cun chut inapelable batía sin remisión a Lisboa. Os últimos minutos foron de luxo, cun Pàramo que non se entregaba pero cun Taboada espléndido que culminou a victoria con dous golazos de dous xogadores que son dos que màis o merecían da plantilla, primeiro no 88"Jony por o seu traballo e sacrificio, culminou un ràpido contragolpe e o seu chut despois de petar no poste faciá o 4-0. E no 90´Marcos ,que despois dunha temporada marcada pola sua lesión e ardua recuperacion e seu traballo abnegado, anotaba un fermoso gol tras xogada individual.facía o 5-0.que xa puxo o punto e final de inmediato.


Acadáronse tres puntos importantísimos que se ben non significan acadar a salvación matemática polos temidos arrastres ,si case nos acercan o ansiado obxetivo,tendo enconta os enfrontamentos directos da zona baixa da táboa.


A semana que ven toca pelexarnos no campo da Liga por manter a octava praza que obstentamos na actualidade cun rival directo,CD SANTABALLÉS-TABOADA CF.
 

SAN CIPRIÁN 3 -TABOADA CF 1
15/04/18 el 15-04-2018, 20:45 (UTC)
  Comezou o partido cun equipo local moi enchufado, tamén moi necesitado. Pero producto dunha maior intensidade no 10" unha gran xogada de Guilherme por banda dereita acabou nun centro que rematou de primeira Borja Mella o fondo das maias 1-0.

Quixo reaccionar o Taboada estirando liñas e creou nos minutos seguintes un par de ocasións con certo perigo. O partido volveuse competido pero nesa tesitura saimos perdendo, no 30" un contragolpe centrado culminouno Racha diante da saida de Roi. 2-0.


Foi máis fácil desde ese intre o partido para os locais, que xogaron con máis tranquilidade sobre todo en defensa. No que restou de primero tempo non fixeron concesións e non tivemos practicamente opcións nin de cercar a sua área.


A segunda parte comezou cun Taboada màis ambicioso, pero con pouca profundidade. Aproveitou mellor a efectividade o equipo local que no minuto 60 " case cerrou o partido despois dunha contra de Borja Mella que asistiu a Guillerme que completou o contragolpe no man a man con Roi. 3-0 .Ahí case morreu o partido, e máis cando un pouco despois foi expulsado Ibàn por segundo cartón amarelo.

Con todo en contra o Taboada Cf non baixou os brazos e seguiu na pelexa tentando recurtar.Así chegou un penalti moi claro sobre Moski no 82 ´´,que se encargou de transformar Fabio ,un minuto máis tarde .Despois encomendámonos a misión de tentar igualar o gol average particular,que cun só gol máis incluso nos sería favorable.Queimamos as naves tentandoo ,pero non foi posible.Con ise marcador favorable aos locais rematou o encontro.

Agora toca seguir metidos na pelexa ,inda que sen perder ningún posto na taboa clasificatoría,pero con todos os rivais que veñen por detrás apretando.A semana que ven toca outro enfrontamento quizais decisivo pra chegar a acadar uns 42 puntos que poden ser os que marquen o límite dos postos de descenso ,na Medela o domingo :TABOADA CF -SD O PÁRAMO.


 

<- Volver  1  2  3  4  5  6  7  8 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis