TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 1 -RIOTORTO CF 3
05/11/17 el 05-11-2017, 20:36 (UTC)
 Por terceira xornada consecutiva afrontaba o equipo local un encontro contra un rival ,por plantel e posición na táboa ,de postín ,pragado de baixas e incluindo na alineación ata tres xuveniles,como ven sendo xa usual.
O encontro comezou cuns minutos de tanteo nos que ningún dos equipos se facía coa iniciativa do encontro.Co paso dos minutos os visitantes cun gran poderio físico trataron de posuir màis o balón ,non obstante a primeira gran ocasión foi local no 24 despois dun córner botado por Fabio , rematou Ibán ,tirándose o chan e coa destra desde o segundo pao estrelándose o coiro no longueiro.Na xogada seguinte na outra área tamén o estrelaba nun pao Cristian pero a xogada estaba previamente invalidada,o colexiado xa asubiara antes do disparo.Minutos despois era Guerreiro que vendo a Diego López adiantado desde moi lonxe poñiao en moitísimos apretos pra facerse co esférico en dous tempos.No 31' Manu despregaba unha internada por banda dereita e o seu centro rematábao cun testarazo axustado Guerreiro.Decantábase neses minutos o partido do bando local por mellor xogo e traballo,tamén por ocasións.Puido culminar Ibàn unha falta lateral cun remate dentro da àrea pequecha o disparo foise porriba do lonqueiro.Quen atinou foi Fabio no 40' quen despois de roubar e irse da marca anotaba con habilidade diante da saida de Diego Lòpez.1-0.Gran xogada individual que facia xustiza a o gran despregue local no último tramo.Asi se chegou ó intermedio.
O segundo tempo comezou con lixeiro dominio visitante do control da bola ,pero de novo a primeira gran ocasión foi do Taboada no 50' gran internada de Fabio por esquerda e acaba a xogada Guerreiro cun disparo axustado ao pao.Non embargantes cando o Taboada semellaba ter controlado o partido no 60' e nunha xogada illada e baixo control ,un penalti a prol dos visitantes,por un suposto agarrón de David Potente dentro da área, e moi discutido polos locais ,foi transformado por Jesús Pablo,que enganou a Roi.1-1.E dous minutos máis tarde co Taboada ainda non recuperado do shock emocional ,un balón colgado non foi controlado por Roi e Fran Pastor moi atento recolleu o balón e fixo o 1-2'.Os locais tentaron reaxustarse e volver a meterse no partido pero noutra acción moi protestada reclamando unha expulsión por unha dura entrada por detràs a Poyán,volveuse a xerar desconcerto polo balbordo previo, e na xogada inmediata posterior nun contragolpe finalizabao Brais e anotaba o terceiro diante da saida de Roi,64' 1-3.Non era merecido o marcador.E os locais, feridos no orgullo, envorcáronse enriba da meta de Diego, e así Guerreiro desde dentro da área estrelou o balón no pao no 71'. E un chisco despois no 76' era Poyàn quen volvía estrelar o balón no longueiro despois dun libre directo de Guerreiro.Nin a sorte quería ser equitativa.O equipo morría arriba,atacando, pero era unha tarde aciaga que porriba finalizaba con dous sustos o de Cristian que nun choque fortuito con Sesín facíase moito dano nun xoenllo,e Roi logo de outro encontronazo quedaba conmocionado cun forte golpe na mandíbula.

En resumo non fixo xustiza o fútbol pois o Taboada mereceu mellor resultado ,pero dez minutos desfortunados botaron por terra un gran traballo diante dun equipo sólido e rochoso que tivo a picardía xusta en intres moi puntuais.
A semana que ven toca un longo desprazamento ,o primeiro da tempada á Mariña luguesa ,o domingo ADC VALADOURO-TABOADA CF.
 

CLUB LEMOS 3-TABOADA CF 1
29/10/17 el 29-10-2017, 19:58 (UTC)
  Inicio moi prometedor dun Taboada moi ben posicionado e con moitas gañas de chegar arriba.Con moita presión e intensidade abrian campo os nosos e chegabamos polas duas bandas.Foi sin embargo o Lemos quen avisou primeiro no 15' cun forte chut de Varela que repeleu o pao.Os visitantes non se arredaron e seguiron coas miras a portería de Arturo.No 20' grandisima transición ,e gran pase de Guerreiro a Joni que se gañou a posición entre a defensa local e fusila a Arturo cun chut potentísimo polo pao corto.0-1.Era un gol que facía xustiza a mellor proposta táctica e o maior despregue físico que estaba a amosar o Taboada.Pudo conquerir Guerreiro o segundo nunha espléndida xogada individual catro minutos máis tarde.Semellaba tocado o equipo local,pero despois dunha saida ao corte na medular de Juanjo,perdemos colocación defensiva e nunha fenomenal xogada individual Toto foise por banda esquerda de Javi e do propio Juan, e viuse favorecido polo rebote na tentativa de corte de Ibán e finalizou cun disparo cruzado diante da saida de Roi a 1-1.min 28'. Ó mellor o marcador non facía xustiza ao xogo despregado por uns e outros.Pero a partir de entón o partido que xa estaba a ser moi entretido comezou a resultar vibrante con continuas transiccións e cos dous equipos buscando a meta rival nese tramo final da primeira.Foi Fabio quen tivo outra ocasión manifesta no 37'.Contestou Marcos Blanco cun disparo lonxano.Foron estas as ocasións máis salientables.e logo marchamos a vestiarios.
A segunda metade comezou con algo menos de ritmo.Poide que esta coiuntura non nos favorecera,pois os locais topáronse cunha xogada un tanto afortunada no 53' despois dunha falta lateral ,botouna Arias e o balón pasou entre toda defensa e dianteira endiañandose,pode que rozara en alguén pero acabou por entrar polo segundo pao,o colexiado anotoullo a Diego Arias,2-1.Moi pouco despois no 60' nunha mellor combinación local ,triangulación por banda esquerda que concluiu cun pase de Castañer ao centro donde Varela se fai con ela,colacaa e fusila a Roi.3-1.Foron un mazazo os dous goles case consecutivos.A pesares diso non baixaron os brazos os nosos e tentarono especialmente con penetracións por banda dereita . A falta de 25 o colexiado a instancias do seu auxiliar expulsou a Sergio Guitián por agresión sin balón en disputa a Fabio .Quedaba inda moito partido,e o Taboada tentou envorcarse sobre a meta de Arturo abrindo moito as liñas.Tentouno Fabio desde libre directo lateral e desde unha falta sobre o balcón da área.Os locais propuxeron non deixar xogar,limitándose a sair en esporádicas contras e quizáis o Taboada abusou dos balóns en largo que eles defendian con comodidade.Os minutos foron pasando inexorablemente e a reacción desexada non deu chegado.No último cuarto de hora debutaba co equipo senior un xuvenil máis Sergio Quintás,que xogaba os seus primeiros minutos despois de entrar na convocatoria por mor da praga de lesións que asolaga o equipo .Sin máis o marcador quedou inmutable e así rematou o encontro.

A semana que ven toca xogar na casa de novo ,o domingo na Medela TABOADA CF -RIOTORTO CF. Asemesmo estrearemos no blog a entrada do mes de novembro,pois esta xa é a última crónica deste mes que finaliza.
 

TABOADA CF 7 -FERREIRA CF 1
21/10/17 el 22-10-2017, 16:30 (UTC)
  Primeiros minutos animadísimos nos que o balón transitou dunha área a outra con moitísima rapidez.Tivoa Enriquez aos dous minutos nun balón que estrelou no pao e no rexeite Sergio David ''Pollo'' estrelouna contra David Potente e o esférico foise a saque de recuncho .Pouquiño despois contestou Poyàn cun testarazo que desviuo Valcárcel a córner.Prolongou o Taboada a xeira de ocasións cun chut fermosisimo de Noé que desviou cun paradón Valcarcel.E tan só un minuto despois o cancerbeiro pantonés chapaba un testarazo de Ibàn tras un córner;inda era o minuto 8.Facíase co control o equipo local pero tranquilizábase o xogo un anaco ata que no 16' Guerreiro despois de gran xogada individual cruzou o balón axustado o pao;voltaba avisar o Taboada.Era un preludio.No 19' nun córner a prol dos locais e despois de rexeitar Valcárcel un testarazo de Guerreiro ,Fabio moi atento enviaba o fondo das maias,1-0'.No 25' despois doutra excelente manobra de Guerreiro fixeronlle falta no balcón da área,o libre directo executouno maxistralmente Manu,golazo.No 31' foille anulado outro gol ao Taboada por un probable fora de xogo posicional,o a bola viña de tentar despexala fallidamente César Valcárcel ,presuntamente Poyán incurriu nel pero este limitábase a deixar entrar o balón evitando entrar en contacto con él.
Tivo outra máis o equipo local tras un córner no 35' con outro remate de cabeza de Juanjo ao longueiro.E só un minuto despois Noé tivo un man a man clarísimo que de novo volveu desbaratar un máis que atinado Valcárcel.De merecer un terceiro gol moi de longo, pasouse ao 2-1 no minuto 40,despois dun saque de banda Cristian foi o máis listo e zigzagueu ná área cruzando o balón o fondo das maias.2,1.Pero non se veu a baixo o Taboada nin percutiu no seu férreo tesón e somentes tres despois outra falta sobre a frontal visitante ,un pouco escorada a esquerda ,encargouse de executala esta vez Guerreiro,de novo con enorme mestria.outro golazo ,3-1.Foi o momento chave do encontro,pois curtaba unha posible reacción pantonesa.Era tamén un gol deses chamados psicolóxicos pois dalí a un minuto o colexiado decretaba a fin dos primeiros corenta e cinco .En resumo foi un gran primeiro tempo,cun festival ofensivo do Taboada que agás en intres puntuais dominou de principio a fin .
No segundo tempo os visitantes comezaron apretando ,saindo espoleados do vestiario e puxeron moita intensidade cercando nos primeiros compases a meta de Roi.Pero foi o Taboada quen golpeu de novo;no 55,' foi outra vez a balón parado ,nun córner,e logo dunha longa serie de remates,primeiro de Guerreiro,que sacou Cidre baixo paos,despois Fabio tamén a queimarroupa pra salvar outro defensor,e xa no terceiro remate Poyàn non tivo piedade e fundiu as redes, 4-1.O Taboada voltou facerse co control do partido,e ofrecendo moita seriedade non só non concedeu oportunidades ó rival ,senón que en ataque apuntillou o Ferreira no 69' nunha acción de mérito de David Potente,na cal fixoo todo,recuperou ,chutou e axustou o pao,onde petou antes de entrar 5-1.Fermoso gol tamén.Tralo quinto o equipo visitante xa apenas opuxo resistencia.
Nos últimos intres os locais obtiñan inda máis renda no 86' despois dun rexeite de Valcárcel Poyàn atento marcou libre de marca.6-1'.A guinda estaba por vir no 89' co mellor gol da tarde ,Dieguiño que fora un dos mellores baluartes do equipo cun partido completísimo,nun libre directo desde case 30 metros acadou un golazo por toda a escadra,extratosférico.7-1.
Rematou o partido case inmediatamente,se cadra marcador abultado pero premiaba a gran eficacia no que foi o mellor exercicio da campaña,perfecto plantexamento ,gran traballo colectivo, cun xogo posicional e combinativo inmaculados,espectacular e efectivo desenrolo da pizarra,e coa pizca de sorte que se precisa pra que salga ben todo o que se intenta.A todo isto hai que sumarlle o valor engadido de que o equipo afrontaba o encontro moi mermado polas oito baixas que ateigan a enfermería,dous xuveniles tiveron que sumarse a unha convocatoria de 15 efectivos.Por ende se cabe os tres puntos conquiren unha especial importancia por seres un rival directo,cun gol average a priori complicado de revolver e que chegado o caso pode ter a sua transcendencia.
A semana que ven enfrontamento complicado pra sacar nota contra un rival de altura,recén chegado da Preferente ,un dos históricos provinciais, en Monforte na Pinguela CLUB LEMOS -TABOADA CF.
 

SD SARRIANA 2-TABOADA CF 1
15/10/17 el 15-10-2017, 19:28 (UTC)
 




Foron os primeiros minutos moi igualados nos que o balón corria dunha área a outra e con ocasións nas duas metas.No 16' despois dun saque de banda unha xenialidade de Iago cun taconazo perto da área habilitou a Samos que nunha posición franca e cun chut forte e cruzado batiu a Roi .Non se arredou o Taboada e tentou recurtar con prontitude con duas incursións de agulla de Noé ,os seus centros perfectos non toparon rematador ou un remate claro.Tamén o tentou David Montes cun disparo lonxano que se foi arriba.Foron uns bos minutos nosos os que transcurriron ata a media hora de xogo.O último tramo da primeira transcurriu màis plácido sin ocasións notorias.


O segundo tempo comezou cun Taboada poñendo máis intensidade,apretando en todas as liñas,e con moita saida ó ataque.En liñas xerais estaba a ofrecer máis co rival.E no 53' o fútbol premiou ese desplegue e afán.Un saque de córner botado por Fabio caeu despois dun rexeite defensivo os pés de Poyàn que fusilou a meta de Macía,1-1.O equipo ainda tivo ambición pra ir a buscar un segundo tanto ,maiormente nunha ocasión de Fabio ,pero o partido foise equilibrando co paso dos minutos pois ambos equipos amosaban non querer conformarse co empate.Tanto a Sarriana como visitantes dispoñian de ocasións pra que o marcador se movese.Conduciuse o partido o tramo final cun ritmo vertixinoso ,cos dous equipos buscando o marco rival.Desta voráxine non saimos indemnes ,cando o partido agonizaba no 86' e despois dunha recuperación local o balón caeu as costas da nosa defensa,por donde apareceu Barrio pra fusilar a Roi,2-1.Con todo nos últimos instantes envorcamos sobre a meta de Macía diante dun rival que acabou pedindo a hora,pero o resultado mantívose inamovible.


En resumo ,non foi unha derrota merecida polo alto nivel de competividade amosado e o máis xusto quizais fora o empate,pero o fútbol non entende deso ,senón de eficacia e de aí xurde a victoria local.


A semana que por un cambio de orde dos partidos non habera partido na Medela,senón que toca rendir visita de novo esta vez a Pantón ,case con toda probabilidade o sábado as 17:00 horas FERREIRA CF -TABOADA CF .
 

TABOADA CF 0 -SD MONTERROSO 3
08/10/17 el 08-10-2017, 19:09 (UTC)
  Comezou o encontro cuns primeiros minutos cun equipo visitante máis ofensivo ,ainda que non deu chegado con claridade.A primeira vez que chegou o Taboada no minuto seis fixoo con máis perigo e conseguiu sacar unha batería de còrner,nun deles Manu estivo a piques de perpretar a meta de Chumi cun fortísimo disparo que sacou a defensa baixo paos.Desta serie pasouse a outra similar na àrea de Roi,que tampouco trouxo consecuencias .Despois duns minutos nos que os dous equipos equipararon forzas chegou unha xogada determinante no 26',Dabouza desborbou por esquerda chutou ,rexeitou Roi en primeira instancia ,o balón quedou solto na posición dun Hector libre de marca que só tivo que empurrala a porta baldeira.Os locais quixeron refacerse con prontitude,e postularon tres arreóns consecutivos proxectados en boas combinacións,ningún se finalizou con perigo.No 35 ' si estivo a piques de traducirse en gol unha contra finalizada por Crespo que acababa de substituir a un mancado Oscar Méndez,estivo providencial Roi para desbaratala ocasión.O Taboada contestou nunha magnífica combinación entre David Montes e Fabio que resolveu este cun disparo cruzado que de sacou Chumi coa punta da luva.O tramo final da primeira foi un pouco bronco,respostando a intensidade dun derbi,e non trouxo consecuencias de cara o marcador.
O segundo tempo comezou cun Taboada mandón que tivo duas ocasións claras nos primeiros minutos ,unha de Fabio que culminou unha boa xogada colectiva cun disparo con rosca que se foi moi axustado o pao,outra de Guerreiro que non puido culminar aos pes de Chumi.Si o fixo Pardo no 55' culminando un magnífico contragolpe visitante ,superou a Roi na sua saida sobre lateral da área e marcou a porta baldeira.Foi un mazazo anímico ,a pesar de que o equipo reaccionou ben apelando a casta.Pasou que nesta tesitura os visitantes xogaron con comodidade ,o abrirse o Taboada e sair con todo de cara riba ,creábanse mas espazos por detrás da nosa defensa,que tentaban aproveitar os monterrosinos con contras ràpidas e balóns as costas.Con todo a mellor ocasión era nosa finalizando unha boa xogada de ataque cun testarazo de Poyán que se iba arriba.Inda con iso os locais non lograban continuidade aos seus ataques e encarábanse os últimos quince minutos coa premura do tempo que se votaba encima e a presión do marcador adverso. Moito peso.A falta de dez os visitantes sentenciaban o encontro de novo noutro contragolpe,desta vez foi Dabouza que culminaba a xogada e pechaba o encontro con brilantez.Victoria visitante por tanto xusta,case nun calco do partido da tempada pasada.Nada máis que dicir.
A semana que ven toca rendir visita a outro rival de postín :o domingo 15 de outono na Ribela SD SARRIANA -TABOADA CF.
 

SD CHANTADA 0 -TABOADA CF 1
01/10/17 el 01-10-2017, 20:19 (UTC)
  Gran victoria do Taboada na casa do ata hoxe líder invicto da categoría,un gran premio a cultura do sentemento e o traballo e esforzo do colectivo branquiazul.Só son tres puntos pero resultan moi valiosos tendo en conta as numerosas baixas con que se afrontou e recurtanse dez puntos xá con respecto os que se serán necesesario para acadar a salvación.
A pesar da calor abafante iniciouse o partido cun ritmo frenético,dous equipos moi presionantes e ocasións nas duas áreas,as máis destacadas de Joserra e de Guerreiro,dentro estas do primeiro cuarto de hora.Co paso dos minutos baixouse un pouco a velocidade pero non a intensidade,pois as duas escadras poñian moita brega e competitividade.No último tramo da primeira metade tanto locais como visitantes mantiveron unha moi boa orde defensiva e anulaban os ataques impetuosos pero faltos de tino dos rivais.Sin máis ocasións reseñables chegouse o descanso .
O segundo tempo comezou de novo cunha tònica de equilibrio,pero pronto semellou que o Taboada queria achuchar màis e durante uns intres encerrou na sua área a un sorprendido equipo local .Foi suficiente este ímpetu pra sacar unha falta sobre David Potente e entón apareceu a estratexia,sacouna rasa e forte Fabio o balcón da área por alí apareceu Guerreiro pra fusilar a Ferreiro entre unha maraña de xogadores ,52' 0-1.Pola inercia positiva o Taboada seguiu prodigando uns minutos magníficos,combinando con xenialidade,e creando outra ocasión espectacular,sacou Guerreiro outra falta ,con prontitude e axilidade ,para Mos que cun fortísimo chut estampou o balón no longueiro.Puido e mereceu ser o segundo.O pouco o propio Mosqui tivose que retirar lesionado,outro serio contratempo máis e pasou a engrosar a longa lista de mancados .Moi desafortunado o equipo este respecto.Consecuencia o mellor deta acción e producto tamén do marcador adverso os locais espoleados apretaron màis,pero o Taboada semellaba non descompoñerse,nin como grupo nin defensivamente e nuns últimos minutos nos que derrochou traballo de grupo a esgalla conqueriu manter a porta a cero .A pesar de que os locais tiveron as suas oportunidades neste tramo final nun remate de cabeza de Kadete e outro de Noé de espaldas a portería,a mellor ocasión foi dos visitantes ;na cal David Montes despois dun contragolpe desfacíase de dous defensores e chutaba detendo Ferre cunha espléndida parada.
A semana que ven segundo derbi comarcal consecutivo ,esta vez como locatarios ,na Medela o domingo TABOADA CF -SD MONTERROSO.
 

<- Volver  1 ...  6  7  8  9  10  11  12 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis