TABOADA C.F.

Entrevistas

Nesta subpáxina tentarei publicar as entrevistas sobre quen vós pidades no foro, sempre e cando ditas persoas mo consintan
Para ver as entrevistas anteriores clicka no enlace

1ª entrevista : Roi



2ª Entrevista: Diego Mejuto

3ª Entrevista : Emilio (Míster)

4ª Entrevista: Manuel Pérez (Castro)

> > -Nome completo e data de nacemento
> >Manuel Perez Grandas .06-07-74
> 
> > -¿Cómo prefires que te chamen? 
> >Castro,Manuel,Manolo,cada un chamame como quere e a min dame igual.
> 
> > -¿Estudos?
> Son tecnico especialista en explotacions agrarias,dentro desta rama especialiceime en gando vacun de leite.Intentei facer agronomos pero non terminei

.> 
> > -¿Traballo?
> >Teño unha explotacion de gando vacun de leite. 
> 
> > -¿Posición?
> >Nos ultimos anos defensa central. 
> 
> > -¿En qué posición preferirías xogar?¿Donde te atopas máis a gusto atacando ou defendendo>cando era mais  novo atacando, agora atopome mellor defendendo.

>
> > -¿Cómo empezaches no mundo do fútbol?¿Cando e porqué?esbózanos a túa carreira deportiva
> >Bueno, pois empecei con 15 anos a xogar nos xuvenis do Taboada,comentoumo o Manolo Cadaia que daquela era o director da caixa galicia de Taboada,tan pronto como mo dixo quedei anonadado,esa noite xa non durmin,o dia seguinte media hora antes do que me dixera, xa estaba no campo da Medela,acordome que eran as festas en Deilas e eu ia coa familia todolos anos comer de campo,ese dia eu xa non comin case nada e meu pai creo que tampouco,cada cinco minutos repetialle a mesma frase:papa levame o futbol! papa levame o futbol!....E dende ese dia sermpre con ficha no Taboada,xoguei nos xuvenis do Chantada pero sen ficha,xogaba nos xuvenis do Chantada o sabado e o domingo co Taboada.
>

 -¿Qué significa o Taboada CF para ti?
> >OTaboada CF significa moito para min,empecei de neno,fixenme home,caseime,tiven unha nena,fixenme cos meus mellores amigos,non teño nada mais que dicir...Bueno si,disfrutei moito xogando a pelota... 
> 
> > -Se che preguntara qué é o fútbol, ¿cómo o definirías?
> >Manda carallo! eo todo, meu! O deporte rei.Movilizacion de masas.Emocions sen limite.Respeto,compañerismo,superacion.Eu para min e a mellor droga xamais inventada.Impresionante.... 
> 
> > -Como capitán ¿cómo valoras esta tempada pasada?
> >Bueno, foi unha tempada moi boa,fomos de menos a mais e acabamos de forma incrible,campions de liga,non teño nada mais que dicir...
> 
> > -¿Qué tal ves ó equipo en xeral?
> >Sinceramente vexo un equipo moi conxuntado en todalas lineas,un estilo de xogo moi aprendido,devido sobre todo a que se leva moito tempo xogando case os mesmos xogadores e co mesmo adestrador.gran dinamica de traballo,moita xente adestrando,se se segue por este camiño,bo equipo para varios anos,pero ai que TRABALLAR. 

>
> > -¿Como ves o nível da categoria este ano?
> >De momento van poucos partidos,pero polo visto ata o momento ai moita igualdade.

>
> > En función de todo esto¿Que obxectivos cres que podemos marcarnos a tempada que ven?
> > Eu creo que o principal e manterse na categoria,canto mais alto na tabla mellor
ai que ir paso a paso.

>
 > -¿Cómo te sentías no equipo?
> Coma un xogador mais,de maravilla,con ese ambiente
que ai no equipo da gusto.> >
 
> 
> >-¿Como cres que se sentían contigo?
> >Eu creo que ben, pero iso teriadelo que contestar vos.
> 
> > -A título persoal¿Cómo te viche esta tempada?Ponte nota do 1 o 10
> >Bueno a nota ten que ma poñer o adestrador e a xente que foi ver o futbol,de todas formas voume poñer un aprobado alto,un 6.
> 
> > -Sabemos que este ano te retiraches pero marchaches para o equipo de veteranos¿Como te ves dentro do vestiario e a relación cos “novos” compañeiros pois o equipo é todo?
> > Vexome ben porque os compañeiros que teño agora nos veterans, coa maioria xa xoguei. Ai un equipo bastante chulo e pasamolo ben.
>
>> -Como capitán do Taboada que fuches, ¿que lle dirías ós novos?
>> Non son quen para dar consellos,pero dirialles que disfruten do futbol con respeto e educacion,que loiten por xogar,que adestren.teñen sorte de ter un gran adestrador,el sabe mellor que nadie o que dicirlles.

>
>> -Retiracheste nunha moi boa época para o Taboada, ¿Cres que seguirá así?
> >Creo sinceramente que si,ademais creo que varios anos.

>

> > -¿Cómo ves os equipos do Taboada este ano?(dende xuvenís a veteranos)
>Podemos estar orgullosos,tres equipos moi fortes,sobre todo alegrome moito po los xuvenis son o futuro do clube. 
>

>> -Opina sobre as apostas futbolística do equipo en canto a xogo se refire
>> Opino como xogador e como espectador,Emilio aposta por un futbol de toque,agresivo coa pelota e agresivo sen ela con moito presin en campo contrario,con este sistema ai que estar moi ben fisicamente pero disfrutase xogando e tamen mirando,en resume vese bo futbol na medela,eu creo que mellor ca no Bernabeu,ja..ja..ja.

> 
> 
> > Cóntanos o que máis che gustou da túa homenaxe
> > Foi todo moi emotivo,a placa que me regalastes,moita xente nas gradas,festas de Taboada,a verdade e que estivo todo moi ben,moitisimas gracias a todos de corazon.
> > -¿Como cres que se sinten os veteranos contigo?
> >Creo que ben,estan contentos.
>

> > -¿Qué obxectivos vos marcades para a tempada que ben?
> > O ano pasado gañaron liga e copa asi que imaxinate,metas moi altas...

>

> > -¿Qué novas ideas cres que se poden aportar a través da web?
> > O señor administrador e o mais capacitado para aportar todas as ideas
> 
> > -¿Onde te ves nun futuro cando se acabe o fútbol?¿Gustaríache seguir vinculado como adestrador, arbitro, directivo?
> > Vexome mais de afeccionado que de calquera outra cousa,de arbitro seguro que non.

> >
> >

> > Moi persoal:
> >>>>>>>>>>>

> > SIGNO DO ZODÍACO:
> > CANCER
> >
> >
> > UN COLOR:
> >AZUL 
> >
> >
> > UNHA COMIDA
> > OS ESPAGUETIS DE MIÑA SOGRA...ESTAN BOIIIISIMOSS!!!
> >
> >
> > UNHA BEBIDA:
> > AGUA
> >
> >
> > UN NUMERO
> > GUSTANME O 5 E O 9, AINDA QUE LEVARA O 4 NOS ULTIMOS ANOS
> >
> >
> > UN EQUIPO
> > O TABOADA!!!...BUENO O BARCA TAMÉN EH????
> >
> >
> > UN LIBRO
> > O SPORT....JI,JI,JI...
> >
> >
> > UNHA PELICULA
> > HEAT. DE AL PACINO E ROBERT DE NIRO....BOIIISIMA!!!
> >
> >
> > UN XOGADOR PROFESIONAL
> > HRISTO STOICHKOV.
> >
> >
> > UN ADESTRADOR
> >JOHAN CRUYFF  
> >
> >
> > UN HOBBIE
> > XOGAR O FUTBOL, VER FUTBOL,.....
> >
> >
> > UNHA MANIA
> > ENTRAR O CAMPO CO PE DEREITO E SEN PISAR AS LINEAS DO CAMPO, DAR TRES SALTOS E SANTIGUARME.
> >
> >
> > UN GOL
> >UN QUE MARQUEI EN FERREIRA...XA CHOVEU DENDE AQUELAS. 
> >
> >
> > TEU MELLOR GOL/PARADA:
> >O QUE COMENTABA ANTES, O DE FERREIRA. 
> >
> >
> > O PARTIDO DO QUE MELLOR RECORDO TES
> > A FINAL DA COPA EN SARRIA CONTRA A COMERCIAL....APOTEOSICO!!EMPATE 4-4, GAÑAMOS A PENALTYS.
> >
> >
> > O PARTIDO DO QUE PEOR RECORDO TES
> > NO CAMPO DO POLVORIN DE LUGO, DESTROCEI UNHA RODILLA, E O PEOR QUE LLE PODE PASAR A UN QUE LLE GUSTA O FUTBOL...NON QUERO ACORDARME...
> >
> >
> > O MELLOR XOGADOR CO QUE XOGACHES
> > XOGUEI CON MOITOS E BOS XOGADORES, PERO SE TEÑO QUE ELEXIR POÑO DOUS: PARDO E GUERREIRO.
> >
> >
> > O MELLOR COMPAÑEIRO DE VESTIARIO
> > CON TODOS ME LEVO DE MARAVILLA, PERO OS DOUS EMILIOS A PARTE DE COMPAÑEIROS DE VESTUARIO SON DOUS DOS MEUS MELLORES AMIGOS.
> >
> >
> > UNHA ANECDOTA QUE NUNCA ESQUECERAS
> >UNHA VEZ NO CAMPO DO SOBER IBA CO BALON POLA BANDA E O ADESTRADOR DO SOBER FIXOME UNHA ENTRADA POLO SUELO E SACOUME O BALON...QUEDOUSEME UNHA CARA DE TONTO.... 
> >
> >
> > ERES XOGADOR PORQUE...
> > ME GUSTA A PELOTA DESDE PEQUENO, A PELOTA DE FUTBOL...
> >
> >
> > O MELLOR DE SER XOGADOR É...
> > OS COMPAÑEIROS E...AS CEAS, JA,JA,JA....
> >
> >
> > 
> >
> > MELLOR RECORDO
> > SEN SER DEPORTIVO, UN DOS MELLORES RECORDOS E CANDO ME REGALASTES A CAMISETA DO TABOADA CO NOME DA MIÑA FILLA.
> > E O PEOR...
> >A LESION GRAVE DE RODILLA QUE TIVEN, E O DESCENSO A TERCEIRA AUTONOMICA.
> > UN SOÑO:
> > TER SAUDE E SORTE NA VIDA.
> >
> >
> > UNHA FRASE
> > "A VIDA SEMPRE DEIXA A CADA UN NO LUGAR NO QUE MERECE"
> >
> > 

contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis