TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 0-SD CHANTADA 0
Roi el 19-02-2018, 16:44 (UTC)
  Nos prolegómenos do partido vivíronse momentos de fonda emoción, cunha "homenaxe" que se ben nunca pagará o esforzo e a dedicación do destinatario da mesma, agardemos lle de forzas e ánimos para enfrentar a dura batalla que ten que librar.

Gardouse tamén un sentido minuto de silenzo polo pasamento dun antigo socio, pai de dous dos pilares máis grandes deste clube, xa eles saben de quen se trata.

Embargados pola emoción do momento, o partido comezou cunha dura batalla no medio campo da que, polo menos ao principio, saímos vitoriosos, impoñendonos nas segundas xogadas e nas desputas a unha Sd Chantada que hoxe se xogaba unha das últimas balas para o ascenso.

Os primeiros achegamentos, aínda que sen demasiado perigo, foron branquiazuis, con dous disparos lonxanos de Poyán e Guerreiro que non incomodaron en demasía a Ferreiro.

Seguiamos percutindo en busca do gol que nos puxese por diante, pero non lograbamos crear ocasions claras ata que no minuto 20 unha falta sobre noé no borde da área, que protestamos insistentemente por considerar que a acción punible fora dentro da área, foi executada con mestría por Guerreiro. O balón foise lambendo o pau dereito.

A partires deste momento a SD estirouse e tivo unha inmellorable ocasión nunha xogada de Brais por banda esquerda, o seu pase atrás rematouno Cebolli pero sacou Manu baixo paus.

O último cuarto de hora do primeiro acto foi de cor local, con dúas chegadas de Fabio que non puidemos culminar con exito e cunha xogada de Guerreiro que se foi de todos cantos lle saíron ao paso pero no último momento o seu tiro foi bloqueado por un defensor.

Así chegamos ao tempo de lecer, un partido igualado no que quizais nos primeiros 45 minutos merecemos algo máis.

A segunda parte comezou cunha SD que quería impoñerse no medio campo, pero nós batímonos o cobre e con traballo a esgalla de todo o equipo non sufrimos demasiado este impetu inicial deles.

As hostilidades desatáronse a partir do 60', cun córner de Manu que rematou Poyán e ao que Ferreiro respostou de maneira espléndida.

Seguimos insistindo e nun roubo en campo contrario dun Noé que hoxe se vaciou, estivemos a piques de conquerir ventaxa, pero o balón perdeuse por liña de fondo.

Nos últimos 15 o Chantada adiantou liñas, consciente de que se quere ascender ten que sumar victorias, e nos recuamos un pouco, tamén lastrados polas amarelas, algunha rigurosa, dos nosos homes de retagarda.

Desta situación, a SD sacou dúas ou tres ocasións que non puido materializar, un disparo de Noé de falta que Roi desviou a córner; e un man a man do mesmo Noé que Roi sacou co pé dereito.

Tocamos a rebato nos últimos 5, quizais espoleados polas ganas de ganar e de dedicarlle un triunfo ao noso alma mater, e tivemos unha de David Potente que, cun tiro de esquerda, obrigou a traballar a Ferreiro.

De aquí ao remate, o Chantada buscou os balóns aéreos pero a defensa local mantívose firme e non concedeu ocasións reseñables.

En definitiva, un punto máis, merecido, moi traballado e que pode valer o seu peso en ouro ao final de tempada.

Son xa once xornadas cunha soa derrota, competindo contra todos e ante todos, a pesar das lesións e do meigallo que parece que nos persigue este ano.

Para a semana, de novo derbi, desta vez en Cerdeiriños. Ogallá poidamos contar coa presencia túa Canti, e se non pode ser seguro que o teu alento nos chegará igual, coma hoxe.

[18-2 19:14] ⚽: E de reseñar tamén o gran ambiente que se viviu na Medela, con dúas aficións entregadas ás súas cores, e con 90 minutos de xogo intenso e nobre. Así da gusto.
 

UD XOVE LAGO 1 -TABOADA CF 1
04/02/18 el 05-02-2018, 21:12 (UTC)
  Nun dia duro polas circunstancias e pola climatoloxía o Taboada arrancou un merecido punto na última xogada do partido, cun espléndido gol de Fabio que desatou a tolemia entre os nosos. Dicimos merecido porque, unha vez máis, e a pesar das baixas, o equipo deu a cara en todo momento a acabouse facendo acreedor de sumar un puntiño que nos sabe a gloria.
Comezou o partido cun Xove que se quería impoñer no medio campo, presionando alto para evitar que nos xogaramos cómodos.A primeira ocasión clara foi dos xovenses, nun córner que saca guerreiro baixo paus con Roi batido.
Pouco a pouco fómonos sacudindo o dominio e no 11´ Fabio estivo a piques de sorprender a Saúl desde lexisimos, pero foiselle por pouco. Tería sido un golazo.
A partir de aquí o partido desenvolveuse no medio do campo, cunha dura e limpa batalla que non deixaba lugar a ocasións claras.
Neste tramo da primeira metade quixemos propoñer máis e tivemos unha de seso que, despois dunha gran xogada, chutou desviado.
Antes do descanso tivemos outro tiro de David potente que se foi desviado por pouco.
Así nos fomos ao tempo de lecer.
A segunda parte comezou doutra maneira, cun Xove que quería máis e que nos embotellou entre o 50´ e o 60´, creando dúas ou tres ocasións; un pase atrás de chao a Juanjo Coello que tocou Roi para desviar o xusto e pra que Ibán despexase a córner, e logo otro remate de cabeza a saida dun córner que se foi por pouco.
Demos saído vivos deste temporal local, e tivemos tempo de sacar unha falta perigosa por medio de Guerra que chapou Saúl.
Cando parecía que estabamos mellor, un centro desde banda dereita baixouno Coello con clase e cruzou ante Roi cun gran remate, 1-0 no minuto 68.
Coas entradas de Montes e Joni Guerra fómonos ao ataque, e foi clave unha xogada no minuto 73, na que Yánez viu á segunda amarela por desprazar un balón nun saque de banda a prol nosa. Quedábanse os xovenses con 10 e con 20 minutos por diante, e o Taboada cría na igualada.
Joni tivo unha boa ocasión de cabeza no 78´ nun bo desmarque pero non logrou rematar cómodo. Seguíamos intentando chegar por banda, e deixabamos ocos atrás que facían que o Xove puidese ter unha contra coa que matar o partido, pero soubemos controlar ben esas situacións.
A medida que nos achegabamos ao 90 o noso dominio era máis claro, pero sen lograr ter ocasións claras.
Xa pasaban 5 do tempo reglamentario cando un saque de banda en banda dereita, cerca do córner , o poñia David Potente dentro da área e Fabio , nun remate impresionante de primeiras sen deixar caer o balón, metia a bola pola mesma escadra esquerda dun Saúl que non puido facer máis que mirar como entraba.
A celebración foi significativa, unha piña de todo o grupo, consciente do valor do punto acadado, e sobre todo pola maneira de facelo, non deixándonos ir e porfiando con fé nun empate que ao final chegou.
Un punto que nos permite seguir septimos, co golaveraxe empatado co Xove, cunha soa derrota nos últimos 10 partidos e nunha dinámica á alza que nos dá esperanzas de competir contra todos no tourmalet que se nos ven encima.
A semana que vén non hai liga, poderemos comer caldo de ósos a esgalla e divertirnos, para despois comezar a pensar no atractivo derbi TABOADA CF -SD CHANTADA do día 18 de febreiro, na Medela.

 

TABOADA CF 0-SP PONTENOVA 0
28/01/18 el 28-01-2018, 21:18 (UTC)
  Un conxunto local cada vez máis minguado polas baixas afrontaba un partido máis lastrado por a lacra das lesións e desta volta tamén polas sancións pero saiu tratando de competir dignamente desde o inicio e desde o primeiro minuto quixo mandar o Taboada,con presión adiantada e facéndose desde moi cedo coa posesión e dominio do balón.Achegouse con moito perigo e insistencia nos primeiros intres,e Guerreiro tivo unha clara que chapou Carrera.O Sporting trataba de non perde-la orde defensiva e quería sair en tímidas contras.A mellor destes chegaba no 19' nunha internada de Matelo que quixo meterse ata a cociña pero non logrou definir.Despois o partido foi transcurrindo con certa placidez,especialmente para os gardamallas que non estaban a pasar excesivos apuros.Esta relaxación fixo que os visitantes creran nas suas posibilidades e nos últimos minutos insistiron no ataque inda sin crear grandes ocasions agàs no último minuto da primeira parte un remate de Andrés Bouza revolvéndose e sacando un chut que Roi atrapou con certos apuros.Nos minutos de prolongación deste acto tamén a tivo David Montes en posición franca de cabeza a un gran centro de Manuel.Colliamos asi camiño dos vestiarios.

O segundo tempo o Sporting saiu enchufado ,quería e cría màis,faltaballe eso sí claridade nos metros finais.O Taboada estaba a perder a batalla do medio campo,ainda sen chegar a conceder tampouco en exceso,foi perdendo presenza en ataque.Entón paseniño a paseniño o medo foise apoderando das duas escadras que co temor a perder non querian arriscar.Pasaron minutos e pasaba moi pouca cousa.Encamiñouse o partido a recta final e por os motivos alegados a tensión e a emoción cortábanse cun coitelo,de nada que tiña pasado podía acontecer calquer cousa .Tivoa Guerreiro no 80´ logo dunha xogada individual e cun disparo cruzado sacoulla Carrera xunto da cepa do poste,gran ocasión ,gran paradón .Apostou entón o Taboada polo fútbol directo nestes minutos,e tentou convertir o partido nunha caldeira a presión, metendo velocidade e intensidade a un rival que se via obrigado a encerrarse atrás,pero foi un arreón tardio , xa non houbo tempo pra acadar algo máis positivo.

Empate quizais mererecido entón por que ningún se quixo impoñer e non deu despregado un xogo claro e conciso,e dicer contundente.Toda vez o punto é valioso por canto significa para ambos seguir sumando e vistos os resultados da xornada en modo algún os perxudica, nunha Liga cada xornada máis apretada e igualada poa baixo e por arriba.

A semana que ven toca un novo desprazamento a Mariña,de novo extremadamente complicado fornte a un dos conxuntos máis realizadores da competición.,o domingo UD XOVE LAGO -TABOADA CF.



 

CD FOZ 2-TABOADA CF 0
21/01/18 el 21-01-2018, 17:56 (UTC)
 Nos primeiros minutos quixo o líder levar a iniciativa tratando de apoderarse do control do balón e tentando amosar todo seu caudal ofensivo.nos primeiros minutos boutou catro córners que mantendo contundencia defensiva non causaron excesivos atrancos a defensa visitante.O Taboada mantiñase a espera agardando o seu momento e tentando non cometer erros no corte e na entrega.No minuto 7 primeira gran ocasión por parte local despois de xogada combinativa que en última instancia sasou Ibán .Un minuto despois contestou o Taboada cun contragolpe ben trazado pero cunha tímida finalización no disparo de Noé que se foi desviado.O Clube Deportivo Foz seguiu coa sua teima de non abandoar o seu papel dominante e porfiaba na insistencia con balóns en longo buscando a Manolo.No 11´tiveron unha franca opción cunha falta sobre a frontal , nunha posición moi perigosa,que non embargantes acabou petando na barreira.No 18 ´ noutra xogada colectiva do Foz que rematou nunha asistencia de Gonzalo a Manolo que chutou ,metendo Roi a perna pra sacar o balón o xusto para evitar o gol inda que o balón se fose lambendo o longueiro a córner.Os visitantes tentanban seguir saindo as contras pero a insistencia local acarreu o seu tanto no minuto 25´ despois dun saque de banda orixinouse un centro de Iván Gayol que foi bálsamo perfecto pra testa de Manolo que deste xeito acababa o 1-0 ;amosaba o dianteiro centro unha das suas mellores virtudes o remate de cabeza.O gol serenou un tanto a firmeza focense,que sen baixar a garda relaxou a presión e mutou a un exceso de xogo duro,con entradas merecedoras de cartón . O partido equilibrouse no medio campo pero o Taboada acabou tendo o control pois quixo irse polo empate con prontitude. Tamén en ocasións estivo a cousa parella: o Taboada logo doutra contra tivo unha moi clara nos pés de Guerreiro que non deu embocado ;Asier tamén a contra poñia aproba a Roi nun man a man que sacou este coa axuda de Juanjo ,xa no tramo final da primeira.E este medio tempo xa non deu máis de sí.

A segunda parte comezou moito máis aberta cun Taboada moi agresivo que tentou levar a iniciativa nos primeiros compases e que tivo moita máis presenza en ataque ,case máis que en todo o primeiro acto.Foi moita a brega do Taboada no medio campo ,intentando combinar .Non embargantes o Foz non estaba polo labor de deixarse dominar e pouco a pouco regresou a tentar mantela pelota e sair con profundidade con balóns en longo sobre Manolo. Sobre o primeiro cuarto de hora no 58´ Asier poñia en apretos a Roi que tiña que atallar en dous tempos .Era a acción que marcaba un pouco ese impás de transicción de dominio visitante a outro asalto de intercambio de golpes.No 64 ´ logo dun córner Cristián puxolla a Gonzalo que se topou con Ibán para intereceptar o esférico.Un máis tarde xogada con moito perigo na que Manolo soupo aguantar a chegada de Iván Gayol que a puxo ao óco pero no deu chegado ningún rematador. O Taboada tamén quería chegar non daba o partido por perdido ;David Potente facía o imposible por tratar de subir o balón,pero os camiños entre a defensa local eran inexcrutables.Tamén Fabio tentaba poñer bos balóns pero por arriba os centrais Chinchón e Canario xestionaban sen complicarse.Tamén entramos por banda con incursións de Sesiño ou Manu pero non encotraban rematador os seus centros.Namentras o xogo voltouse embarullado no medio campo e o Taboada arriscou pra afrontar o último cuarto de hora con defensa de tres.Pero cando o equipo máis cría con fé na igualada e xa dera tempo a asentarse nesa proposta de risco chegou unha xogada polémica , de xeito riguroso foi expulsado Juanjo no 78´ ,sin ser último defensor e por un agarrón raiano entre a levedade e a punibilidade.Sacou petróleo desa acción o conxunto local.Asier no lanzamento de falta consecuente definiu maxistralmente e clavouna pola escadra lonxe do alcance de Roi,un golazo no 80´ :2-0.Aí morreu o partido.Cun home menos e o marcador adverso só o orgullo nos fixo tentalo.Non pasou de tentativa e tesón.Un lider moi sólido non fixo concesións.

O fin de semana pecharemos o mes de xaneiro xogando na casa ,o domingo 28 TABOADA CF -SPORTING PONTENOVA.


 

TABOADA CF 3 -AD BÓVEDA CF 1
14/01/17 el 14-01-2018, 19:28 (UTC)
 Primeiros quince minutos nos que os locais estaban a exercer un dominio da posesión pero sin encontrar fisuras pra crear ocasións.Coincidindo co cuarto de hora o Bóveda deu o primeiro susto a parroquia local cunha contra na que o equipo visitante acabou por pedir penalti tras unha caida de Iago,que o colexiado non considerou merecedora de pena máxima.Axiña reaccionou o Taboada pra crear unha gran ocasión tras unha xogada colectiva e chut de Moski que solventou Adri cun paradón.Tras a lesión de Sergio no 25' o seu sustituto Tino tivo outra moi clara na que se quedou o balón a medio metro de entrar,sacouna Juanjo con Roi batido.Estaba a despregarse ben o conxunto visitante diante dun Taboada que tiña a bola pero non a claridade necesaria nos metros finais.Nesta dinámica transcurriu a primeira media hora.No 37' rompeu o Taboada as liñas do Boveda cunha gran xogada colectiva e cunha excelsa acción de Noé que co interior e sin deixala caer acadou unha fermosa vaselina que venceu a Adri 1-0.Non durou nada a ledicia local: a pesar das precaucións ,de conxurarse a non ter nada feito,confabular para non cometer erros , na seguinte acción e tras unha falta lateral ,Tino recolleu o primeiro rexeite de Roi pra batilo desde moi cerca(temos unha imaxe co intre deste gol). Foron uns minutos tolos que non tiveron continuación no quedaba de primeiros cuarenta e cinco.

A segunda metade comezou cun Taboada moi acelerado tentando solventar con accións ràpidas e directas.Foi cando se impuxo a paciencia da combinación cando se empezaron a ver os resultados.No 60 ' logo dunha magnífica asistencia de Noé,Guerreiro plantouse só diante de Adri e batinou no man a man coa pericia e calma da veteranía, 2-1.Pouco despois o propio Adri foi protagonista o sacar cun paradón un testarazo a queimarroupa de Poyàn.O encontro seguiu moi vivo cun Bòveda aguerrido que non baixaba os brazos.Pero desde o gol o Taboada foi máis merecente doutro gol, con duas claras ocasións nos pes de Guerreiro.A pesares diso non chegaba a sentencia e co paso dos minutos voltabase un marcador preocupante.Fíxose máis evidente a inquietude nos tres últimos minutos nos que o Bóveda queimou as naves colgando balóns a desesperada na procura do empate, o mellor quizais demasiado tarde. Foi daquela cando o Taboada puxo a sentencia ,no 90 ' contragolpe de libro culminado cunha asistencia de luxo de Joni entre dous defensores deixándolla franca a carreira de Fabio que se percorreu medio campo para definir cunha fermosa vaselina diante da saida desesperada de Adri.3-1 Xa foi a última xogada do encontro.

Continua pois o Taboada cunha xeira de sete partidos invicto ,sumando dezasete puntos consecutivos,e que lle permiten afontar con certa calma o complicadísimo tramo de partidos que se aveciñan ,especialmente as saidas a domicilio.Pra comezar xa toca subir o Tourmalet : o próximo desprazamento toca rendir visita ao flamante líder,o vindeiro fin de semana CD FOZ -TABOADA CF.

 

TABOADA CF 1 -PASTORICENSE UD 1
06/01/18 el 06-01-2018, 19:47 (UTC)
  Comezou mal o partido pra os intereses do Taboada ,aos tres minutos e despois dunha boa ocasión pra os visitantes que rexeitou Roi tivo lugar un penalti por presuntas máns de Ibán,que alegaba involuntariedade e que as tiña pegadas o corpo .O encargado de transformar a pena máxima foi Farra, lanzou enganando a Roi e moi axustado o pao.4' 0-1.Era un lastre importante dado ao equipo a que nos enfrontabamos , a UD un equipo con moito oficio e moi traballado , moi físico e serio atrás, mantiveron un orde defensivo que na primeira metade resultou moi eficaz .Non fumos de encontrar fisuras a pesares de intentalo con insistencia,por terra mar e ar.A metàfora bélica debe ser entendida desde a visión do que era o partido: unha batalla ,pois ofreceuse moitisima loita ,sendo este o aspecto mais relevante da primeira ,pois ocasións claras non houbo.Por ende a iniciativa foi sempre local,querendo ter sempre o balón e tratando de chegar arriba,inda que non houbera tino.

A segunda parte foi moi distinta e abriuse cun Taboada moito màis incisivo e nos primeiros minutos dispuxemos de duas moi claras ,unha de Guerreiro desde moi perto ,e outra de Noé cun enorme trallazo dende lonxe e colocadísimo sacouno Casillas da escadra,foi a acción máis espectacular do encontro.Contestou este impulso local, Raúl con outro disparo lonxano tamén moi axustado o pao.Viuse máis perigo nestes primeiros cinco minutos que nos cuarenta e cinco do inicio.Esto traslucia nunha melloria do xogo,e quizais esta dinámica beneficou o conxunto local que propoñia máis combinación,e reafirmándose na sua identidade foise facendo co control do balón.Este dominio plasmouse por fin no 70' despois dun claro penalti sobre Moski,que transformou Guerreiro,tamén egananado o cancerbeiro visitante.1-1' .Tivo a victoria o propio Guerreiro cinco minutos máis tarde despois de roubar a pelota e logo de boa xogada individual disparou fora desde moi pertiño.Foron uns minutos de moito acoso por parte do Taboada .O maior dominio e méritos locais no treito final non tiveron como resultado un mellor marcador e houbo que conformarse cun empate que soupo a pouco.

A reaparición de Marcos foi a outra grata nova da xornada despois dunha primeira volta en blanco voltaba os terreos de xogo despois de recuperarse da súa terceira grave lesión de xeonllo.

Con este partido remata a primeira volta da Liga e unha xeira de seis partidos sin coñecela derrota.A semana que ven comezará a segunda ,de novo na Medela enfrontarémonos nun derbi veciñal TABOADA CF -AD BÓVEDA CF
 

<- Volver  1 ...  4  5  6  7  8  9  10 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis