TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SD CHANTADA 2 -TABOADA CF 1
16/09/18 el 16-09-2018, 20:20 (UTC)
 
Tivo o partido un comezo excepcional, con dous equipos moi ofensivos e volcados sobre a meta rival. Quizais os visitantes apretaban algo máis e tiñan maior presenza en ataque,neste tramo do partido incluso amosando un xogo preciosista. O Taboada tivo duas claras ocasións nos pés de Mouse e de Migui , que salvaron Porto e Traste baixo paos. Tamén Poyán tivo unha nítida que atallou cun paradòn Alex Porto.Os locais tiveron outra moi clara nun remate a saida dun còrner na destra de Traste que se foi lambendo o longueiro.Non se fixo xustiza a maior calidade taboadesa e foron os chantadinos quen sen embargo se adiantaron nunha gran acción individual de Michi Carnero, que logo dun bó control colocouna cun disparo cruzado desde fora da área lonxe do alcance de Isma. 1-0,min 35.A partir do gol o control do partido pasau a mans dos locais, nos quedamos un pouco expostos a sua iniciativa e non estivemos presentes neses últimos minutos da primeira. Con este resultado chegouse o descanso.

Trala reanudación o Taboada voltou facerse co control do partido e levou a iniciativa do xogo cun Chantada máis conservador. Tivoa Gabri segundo entrou no campo, despexou a còrner Porto cun paradón excepcional. Na saida dese còrner tras un primeiro remate fallido, Sesiño recolleu o rexeite e fixo o 1-1.min 75.O equipo tabaoadés voltouse ambicioso e envorcouse nos últimos minutos na procura do segundo gol que nos dera a victoria,ao mellor foi a nosa condena ese exceso de ambición pois co tempo case cumprido unha gran xogada conducida por Anxo concluina este cun gran disparo desde fora da área que entrou xunto a cepa do poste dereito de Isma que nada puido facer 90´ ,2-1.No desconto o Taboada tentouno e estivo a piques de acadalo empate tras duas xogadas a balón parado pero entre a defensa e Porto desbarataron toda opción .

A semana que ven o domingo tocará resarcirse na Medela con outro gran derbi comarcal ,no que será o último partido antes do exilio que provocará as obras de remodelación que terán lugar na Medela ,asi ás 17:00 do 21 de setembro TABOADA CF -SD MONTERROSO.
 

TABOADA CF 2-SCD RESIDENCIA 1
09/09/18 el 09-09-2018, 19:47 (UTC)
  Empezou o partido moi vistoso e no cal nas primeiras de cambio tanto Roi como Diego Bravos salvaron as suas escadras de encaixar senllos goles de Manuel e Rapo respectivamente.Despois o partido trabouse cun xogo màis pausado con menos ritmo, e máis pelexa no medio campo. Contra o final da primeira parte o Taboada estaba a ser màis equipo e dominaba o xogo de ataque, sen embargo non encontraba portería.Sen cousas moi salientables que reseñar chegouse o intermedio.

No inicio da segunda os locais continuaron a despregar un mellor xogo, que tivo premio no 54" cando Sesiño ao sazón con Nando saltou na desputa dun balòn nun córner a prol noso e ,da accción o balón saiu peiteado por Nando hacia o interior da sua portería, así,en propia meta se sacadou de cabeza o 1-0.Nunha das imaxes inferiores capatamos o intre que o balón entraba na porta de Diego Bravos.

Non foi un espellismo este dominio, pois non baixou a garda o Taboada,e seguiu levando a ininiciativa e o control do encontro. E no 70" cando os visitantes querian apretar un chisco Moski nunha contra de libro saltouse a liña defensiva visitante e quebrou a Diego Bravos para facer o 2-0.un fermoso gol .Pero non foi suficiente pra rematar o partido con placidez .

No 89" non penal inocente a Resi recurtaba distancias por medio de Galàn. Houbo que sufrir uns minutos finais do desconto ,nos que a Resi tentou lograr a machada de acadar o empate con un xogador menos.Pero ben asentados no terreo de xogo non deixamos que nos crearan ningunha ocasión de gol.

A semana que ven toca disputar o derbi comarcal por excelencia.Ainda non coñecemos o lugar ,por que se inician tamén as obras no Sangoñedo,pero enfrontaremonos o domingo case con seguridade SD CHANTADA -TABOADA CF
 

CD SANTABALLÉS 3-TABOADA CF 1
02/09/18 el 02-09-2018, 20:54 (UTC)
  Despois duns minutos iniciais explosivos dos visitantes nos que Fabio e Gabri poideron adiantarnos,os locais reaccionaron tamén con forza, e no 10" cun penal moi discutido e protestado por o Taboada, conqueriron o 1-0, ao transformar a pena máxima Alex Novás. Reaccionou o Taboada de novo e cinco máis tarde Poyán estrelou o balòn no longueiro. Despois o partido foi de toma e daca. Con ocasións nas duas áreas, coas imprecisións propias de inicio de tempada, pero cunha intensidade física e moral de último e decisivo partido ligueiro. O partido tomou un tinte distinto e complicado pra nòs tras un còrner que remachou Seo tras unha serie de rexeites; no 36", 2-0.Era un papel realmente complicado o que se nos presentaba no resto de encontro.Sen nada máis que reseñar concluiu a primeira.


A segunda parte comezou cun Taboada envorcado na porta local,crendo na remontada e cun dominio insistente pero infructuoso. Ata que no 60" un penal por máns na área local lanzouno Fabio e despexou maxistralmente Ivo pero non puido retelo balón e o rexeite recolleuno e marcou Moski. 2-1. Despois houbo unha pausa no xogo, propiciada por que o Santa adiantou liñas,pra sacudirse o dominio visitante. Logo sobre o oitenta de xogo o Taboada que voltaba a levala iniciativa tivo duas ocasións consecutivas na cabeza de Fabio, e nos pés de Sesiño. No treito final o Taboada morría na búsqueda do empate. Puidose facer xustiza o empeño visitante cunha nova e única oportunidade:no 87"un novo penal a prol, esta vez sobre Moski, lanzouno o propio Mos e detivoo outra vez cun paradòn Ivo. Desta volta non houbo a opciòn do rexeite. Morremos na beiriña. Máis cando no 90" Hugo,que acababa de entrar, sentenciou nunha contra perfecta e mortal a pesar de petar antes no poste dereito. Cést fini.



A semana que ven toca repornos deste primeiro tropezo do campionato e na Medela ,antes de que comezen as obras de remodelación xogaremos o domingo TABOADA CF -SD RESIDENCIA.


 

TABOADA CF 0-SD OUTEIRO DE REI 3
17/06/18 el 17-06-2018, 20:13 (UTC)
  O partido comezou con moitas precaucións por parte dos dous equipos, conscientes de que se xogaban o pase a unha final. Tratábase de non cometer erros e non expoñer en demasía. A pesares disto o balón circulaba con velocidade dunha área a outra. A mellor ocasión dos primeiros intres non chegou ata o minuto 20, nunha gran internada de Sesiño que asistiu a Guerra que rematou co calcaño e balón foise lambendo a liña de meta. Pouco despois no 24' despois dunha falta lateral rematou Noé cun disparo lonxano moi ben intencionado, pero saiuse pegado o poste. Cando mellor parecia a xogar o conxunto local levando a iniciativa, no 32 ' un penalti tan discutido coma o mellor innecesario no vértice esquerdo da área, foi transformado por Jorge Pereira. Excesivo premio pro escaso bagaxe amosado polos visitantes.que co marcador a prol souperon contemporizar ata o descanso,pois con ise resultado chegouse o final dos primeiros cuarenta e cinco.

A volta dos vestiarios cambiou a decoración cun Taboada máis presionante. Pero despois duns minutos nos que ambicionamos o empate topámonos cunha contra de Pereiro no 55´ que foi resolta por iste despois de desfacerse de Sesiño e Isma. 0-2. Deulle moita confianza o marcador ao equipo visitante que xugou despois con moita confianza, diante dun Taboada que queria pero non topaba liñas de pase. Co paso dos minutos os locais tentaron envorcarse na área de Dieguito,e foron caendo oportunidades, pero o partido xa era visitante; máis a partir do 74 ' cando Xoel aproveitou un erro defensivo pra recoller o balón e anotar o terceiro diante de Isma. 0-3.Nin por esas se rendeu o Taboada e tentouno de mil xeitos no último cuarto de hora pero un Outeiro moi ben plantado foi un muro.Non houbo máis, e así púxose punto final a nosa tempada e o soño da final.
 

TABOADA CF 2-CD FOZ 1
10/06/18 el 10-06-2018, 21:17 (UTC)
  Primeiros minutos moi intensos con dous equipos competindo ó limite e expoñendo un gran despregue físico. Non había grandes ocasiónus, si moito acercamento as áreas dos dous cancerbeiros. O groso do xogo desenrolábase no medio campo donde a pugna era titánica. Asi transcurriu a primeira media hora. Despois baixou un pouco o ritmo e houbo mais pausa e cando o partido semellaba irse así, co cero cero incial, a vestiarios ;no 44' Moski recolle un balón na medular foise de dous contrarios e chutou desde o balcón da àrea o balón entrou axustado o pao dereito de Bruzos que a pesar da estirada non puido evitar o 1-0.Chegouse de inmediato ao descanso.

O segundo tempo comezou de novo cun ritmo altisimo, cun Foz que quixo apretar desde o inicio e un Taboada moi asentado que soupo controlar os primeiros arrebatos e foise tamén o ataque con moito perigo; tal e e foi asi que no 55 ' nunha enorme combinación local Nóe por un lado ,pase a Guerreiro que asite na xogada a Fabio que resolve cun certeiro remate, 2-0.Non era pra finiquitar o o partido,tendo en conta que nos enfrontabamos ó aguerrido subcampion de liga e sabido era que non ía renderse,como así foi e dez minutos despois, tras un córner remata Gayol de cabeza no segundo pao pra Manolo que con outro testarazo no primeiro e case baixo paos fai o 2-1.O último cuarto de hora foi frenético primeiro Noé puido facer o 3-1 nunha contra rapidídsima ,habilitado pola astucía de Moski que sacou unha falta na medular con rapidez,Nóe cun carreirón plantouse diante do gardamaias pero atallou Bruzos cun paradón. Asier un pouco despois nun golpe franco puido acadar o empate pero Isma desbaratou cun outro paradón. Ao instante Marcos cun chut colocado pudo facer o terceiro local pero o balón foise lambendo a escadra.Os últimos minutos foron emocionantísimos,co balón transitando dunha área a outra a unha velocidade endiañada pero rematou sen máis ocasións reseñables.

Así dun xeito case épico o equipo conqueriu o pase a semifinais,despois de celebrar no día de onte a voda do noso capitán Ibán,amosando o seu compromiso e unha actitude encomiable .Non hai palabras.A semana que ven,o domingo, disputarase de novo na Medela a primeira das semifinais TABOADA CF -SD OUTEIRO DE REI. A outra será SD O PÁRAMO -VIVEIRO CF.

Emplazámosvos a unha cita ,a 90 minutos da gloría ,a 180 do ceo.
 

TABOADA CF 2-CD SAN CIPRIÁN 0
27/05/18 el 27-05-2018, 21:09 (UTC)
  Comezo moi copeiro diante dun rival que se presentou xusto de efectivos pero que competiu con moitisima dignidade. Neses intres iniciais houbo moitisima igualdade,disputa e intensidade e ainda que o Taboada levaba a iniciativa non chegou a crear ocasións claras. O partido desenrolabase con moito empuxe e loita por facerse co control no medio campo pero con certa falta de definición nos últimos metros. Ata que sobrepasada a media hora no 32'. tras un xogadón de David Montes que a rouba na liña de tres cuartos, vaise nun carreirón de corenta metros entrando ata o pico da área pequena e resolve diante de Martin cun disparo cruzado,1-0.A partires de aí o Taboada viuse superior e celebrou o gol manexando o control e despregando o mellor xogo nos seus máis deslumbrantes minutos que tiveron a culminación no minuto 42 cunha nova entrada por banda dereita e xogada individual esta vez de Noé que se interna na área e asiste a Moski que nun alarde de tranquilidade resolve desfacéndose da oposición de Mada e Martín,2-0. Asi se chegou descanso.
O segundo tempo tivo outro inicio distinto cun Taboada absoluto dominador do esférico, chegando unha e outra vez, e cun Sanci que tentaba defenderse con orde, pero que na faceta ofensiva non encontraba fisuras na liña defensiva local. Os minutos foron trascurrindo e encamiñandose ao treito final sen novidades de cara o marcador a pesar das múltiples chegadas locais.Nestes últimos minutos tanto David Potente como Dieguiño poideron sentenciar cun terceiro gol diante duns rivais que conforme se achegaba o final foronlles fallando os folgos e notaron en exceso a falta de recambios,permitindolle ao equipo local chegar ó asubio final con certa placidez.Sen máis que reseñar rematou o encontro.
A semana que ven tocará enfrontarmonos a un rival de moita embergadura ,que tralo seu paso pola Terceira División ven de facer unha gran tempada en Rexional Preferente.O domingo 3 de xuño as 18:00 na Medela TABOADA CF -CD CASTRO.
POSDATA : Dende este blog que representa a gran familia do Taboada CF queremos dar a noraboa a SD MELIAS equipo do que foi un dos nosos máis emblemáticos xogadores ,Pablo,polo ascenso a Primeira Galicia Grupo 4 de Ourense ao tempo que lle desexamos toda a sorte do mundo de cara a final da Copa Deputación de Ourense que disputarán o próximo sábado 2 de xuño as 19:00 no mítico estadio do Couto AD COVADONDA -SD MELIAS. Grande Pablo,para sempre un dos nosos.
 

<- Volver  1  2  3  4  5  6  7  8 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis