TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SD OUTEIRO DE REI 2-TABOADA CF 0
Roi el 28-10-2018, 17:29 (UTC)
  O Taboada CF colleitou unha derrota despois dunha xeira de 5 partidos nos que viñamos de sumar 13 dos 15 puntos en xogo, no sempre difícil Municipal de Outeiro de Rei, ante un conxunto local que deste xeito nos alcanza na táboa clasificatoria.


Foi un encontro desputado nun horario estrano para todos, as 12 da mañá, e nunhas condicións climatolóxicas adversas, con moitísimo frío e chuvia, e no que protestamos moito a parcialidade que hoxe mostrou o trío arbitral.


O partido comezou con nós buscando con afán a portería rival, xa no 1' gran centro de Migui ao que non chega por ren Moski. Precisamente Moski tería que ser substituído no 5' por un problema muscular, primero contratempo nunha mañá que non nos foi nada rentable. Entrou Fabio no seu lugar, e no 8' tras unha boa presión alta Poyán probou disparo de media distancia que se foi desviado.


A partir dos 15 minutos despertou o equipo local, cunha gran ocasión nos pés de Seijas que con todo a favor tras un saque de banda disparou moi alto. No 17' adiantáronse os locais, tras un gran pase de Renda para o desmarque de Pereira,que definiu moi ben. Puideron os locais poñer terra de por medio xa no 20' pero a gran xogada de Seijas por banda dereita non atopou rematador.


O partido estaba a ser moi disputado, con moita loita no centro de campo, pero a nós costábanos impoñer o noso fútbol ante un rival moi físico. No 30' puidemos poñer as táboas pero a vaselina de Guerreiro foise por un pelo; tamén David Potente puido empatar pero atopouse coas luvas de Diego.

E no 41' produciuse unha xogada que despois si tería relevancia, nunha xogada de ataque moi favorable para os nosos intereses Poyán, vendo un rival no chan, decide deportivamente botar o balón fóra para que sexa atendido. Posteriormente explicaremos porque foi relevante. Así se chegou ao tempo de lecer.


Nos segundos 45 minutos saímos coa firme idea de empatar o partido, pero nunca demos imposto o noso ritmo de xogo. Lastrounos tamén a amarela a David Potente no 48'.


No 52' protestamos unha clarísima agresión sobre Ibán, o árbitro non considerou nada punible a pesar de estar ao lado da xogada. Esta acción parece que nos sacou do partido, e o Outeiro comezou a ter máis ocasións; no 56' Seijas non chega a un gran centro e no 60' Pereira bota o balón fóra con todo a favor para facer o segundo. Queríamos pero non dabamos, ou non nos deixaban, impoñer a nosa proposta, pero en descarga dos nosos é xusto dicir que nunca baixamos os brazos.


No 66' Redondo puido poñer o 2-0 pero en posición franca chutou fóra. E no 68' chegou a xogada que rematou por desnivelar a balanza, contra do Outeiro por banda esquerda que remata con centro no que Migui, na súa ansia por defender a xogada, cae lesionado. A xogada prosegue e o Outeiro non bota o balón fóra a pesar de que Migui non era quen de poñerse en pé, tirado como estaba na área pequena. O balón caeulle a Renda que fixo o 2-0. Protestamos esta acción de pouca deportividade pero non queda outra que aprender, gardar na retina para futuras ocasións, porque ben se sabe eso de que arrieiros somos e no camiño nos atoparemos.


Esta acción acabou de sentenciar o encontro, e a partir de aquí quixemos pero non puidemos. Puidemos recortar por medio de Poyán pero os seus dous disparos desde o balcón da área fóronse fóra. Desta situación o Outeiro sacou boas contras nas que puideron facer o terceiro pero unhas veces Isma e outras a falta de acerto deles fixeron que o marcador non se movera.


En resumo, partido na que a fortuna non nos sorriu e no que ademais deso nos fomos coas lesións de Moski, Migui e David Potente, e coa expulsion, a todas luces inxusta, de Poyán.


Toca levantar a cabeza, mirar para adiante e adestrar duro toda a semana para enfrontarnos o domingo que vén, en campo todavía por determinar, á UD Pastoricense nun partido no que agardamos volver á senda da victoria.
 

21/10/18
ROI el 21-10-2018, 19:55 (UTC)
  O Taboada CF sumou outros tres puntos nun partido que a falta de 10 minutos parecía sentenciado pero que se nos complicou sobremaneira ante un conxunto que nunca se rendiu e que vendeu moi cara a súa derrota a pesar de xogar con 10 case que toda a segunda parte.

Os primeiros 25 minutos de encontro foron un monólogo taboadense,onde coleccionamos ocasións; a primeira xa no minuto 4 cun testarazEntradaso de Seso a un saque de falta de Dieguito, boa parada de Madariaga. A segunda no 6' cun tiro de Mos que suxeitou seguro o cancerbeiro visitante. No 15' gran remate de Poyán cara atrás, boa mau de novo de Madariaga. Nestes intres arrinconamos na súa área ao cadro costeiro, e sacamos 3 corners consecutivos, no último deles o balón cae morto na área pequena e Guerreiro, facendo gala unha vez máis da súa calidade, senta a Madariaga e anota o 1-0 no minuto 16.Seguimos coleccionando ocasións e despregando bo fútbol.Puidemos, e debemos, meter o 2-0 pero nin Migui primeiro nin Guerra despois atinaron co arco visitante.

A partir do minuto 30 o San Ciprián estirouse, e no 31 dispuxo da súa ocasión máis clara, balón botando na área en posición franca pero Racha envía por riba do longueiro.

No 38' puidemos poñer terra de por medio nun saque de falta rápido de Guerra cara o desmarque de Mos, pero moi atento Madariaga. Neste tramo de encontro, o conxunto visitante cargouse de tarxetas amarelas, as máis delas por protestar accións do xogo. Así se chegou ao tempo de lecer.


O segundo tempo empezou cun ritmo máis anodino, como sen moita intensidade. Xa no minuto 49 o San Ciprian quedouse cun home menos, o que aclaraba (aparentemente) o panorama para nós. A pesar de estar cun home mais non fomos capaces de xerar accións perigosas como na primeira parte, os visitantes agardaban o seu momento nunha xogada illada ou nun balón parado.

No minuto 69' balón morto a 40 metros da portería, Guerreiro proba sorte, o balón bota diante de Madariaga e cóase na porta, 2-0. Parecía todo resolto pero nada máis lonxe da realidade.

O San Ciprián botouse arriba, consciente de que non tiña nada que perder, e no 82 ' Quelle apretou o marcador cun golazo desde fóra da área que entrou pola escadra. Entrounos o nerviosismo e no 86' un balón colgado por Madariaga foi peinado no borde de área e Racha quedouse diante de Isma, ao que bateu sen remisión. Parecía mentira que se nos escapasen eses dous puntos, pero o equipo sacou a garra e no 90' Seso recolleu un rexeite dentro de area para fusilar a Madariaga e poñer o 3-2 e desatar a tolemia nas gradas do Ladairo.

De aquí ao final non pasamos apuros a pesar de que colgaron uns cantos balóns que resolvemos ben.

En definitiva, 3 puntos máis que nos permiten seguir a estela dos dous primeiros, toca seguir traballando duro nos entrenos para enfrontarnos a vindeira semana ao Outeiro de Rei, que hoxe goleou na súa visita aos nosos veciños do Chantada Atlético.
 

SD POL 0-TABOADA CF 3
Roi el 14-10-2018, 19:25 (UTC)
  O Taboada colleitou os primeiros tres puntos da tempada a domicilio cunha inapelable victoria no Manuel Luna de Pol, nun encontro no que fomos moi superiores.


O partido comezou cos dous equipos mostrando moito respecto mutuo. A veda abriuse a partir do minuto 5, no que protestamos un máis que posible penalti sobre Moski que o colexiado non concedeu. O partido continuou con moita loita no medio campo pero sen ocasións nítidas que salientar.


No 22 ' puxémonos por diante tras unha gran xogada de Montes por banda esquerda, o seu centro acomodao Guerreiro cunha gran reviravolta que o deixa diante de Yebra, ao que bate sen remisión. Nestes minutos practicamos o noso mellor fútbol. E no 28' puxemos terra de por medio despois dun saque de banda de David Potente que recolle Poyán e fai o 0-2 cun disparo axustado á cepa do poste.

Puidemos incluso deixar o partido visto para sentencia antes do descanso, nunha xogada que pelexou Guerreiro, no man a man con Yebra saíu vencedor este último cunha gran intervención.


Na segunda parte o Pol botouse arriba, consciente de que tiña que arriscar. A súa presión máis alta fixo que nós estiveramos máis metidos atrás, pero aínda así non concedemos ocasións claras. No 63' amarela a Ibán que nos condicionaba pola moita desputa aérea, dous máis tarde entraba Nico por un Dieguito moi canso tralos seus primeiros minutos na tempada.

Puidemos acadar o terceiro cun remate de calidade de Poyán que se foi por riba do longueiro. Pouco despois o Pol quedouse cun home menos trala xusta expulsión por dobre cartón amarelo de Yeray.

Aínda así o conxunto local non se amilanou e seguiu buscando o gol que o metera no partido, neste treito a súa ocasión máis clara foi un tiro de Carlitos desde borde de área que se foi moi desviado a pesar de golpear en posición franca. No 75 tivo lugar a ocasión máis clara dos locais para recurtar distancias, pero estivo providencial Juan Potente para desviar a corner en última instancia, xusto cando Iván González se dispoñía a rematar a portería.

A partir de aquí volvemos controlar o partido, e tivemos unha contra moi clara de Mos e Gabriel que non demos resolto ben. A falta de 10 minutos Ibán ten que retirarse por un golpe nas costas.No 80 gran ocasión de Mos diante de Yebra, chega Suso moi rápido para desviar a córner. Nese saque de esquina, Manu pona tensa ao primeiro pau onde aparece Moski para meter o pé o xusto para desviar o balón e acadar o 0-3 que á postre sería definitivo.

Aquí se acabou o partido, a pesar de que nós tivemos outra boa ocasión nos pés de Poyán, que chutou arriba, e o Pol estrelou un cabezazo no pau.


En resumo, victoria xusta e moi traballada, que nos pon xa no terceiro lugar superando na táboa ao propio Pol e tamén ao Atlético Escairón. Gran imaxe do equipo ante un conxunto que a pesar de ser recén ascendido comezou moi ben a tempada.


Para a semana que vén recibimos no Ladairo de Guntín ao San Ciprián, que nesta xornada se impuxo por 3 goles a 1 ao Chantada Atlético.
 

07/10/18
Roi el 07-10-2018, 20:16 (UTC)
  O paso previo desta crónica ten que ser sin dudalo un intre adicarlle a victoria de hoxe a Alexito ,o noso porteiriño que defende tanto a nosa camisola tanto no equipo b,como no xuvenil,convertíndose nun baluarte imprescindible desque comezou con nós a tempada pasada,e que onte nunha desafortunada acción resultou mancado de certa gravidade inda que con pronóstico reservado e a espera de máis probas.Agardando a mellor nova dunha pronta recuperación mandamosche tódolos ánimos Alejandro CAMPIÓN.Tamén queremos seguir agradecendo a colaboración de Roi,Jaco e Carlos pra que esto siga saindo a luz,inda que nun formato non tan extenso.


Comezou o partido moi igualado na Medela, no último partido no noso campo, producto da rivalidade e das ganas de conseguir un bó resultado para certificar o gran comezo de tempada das dúas escadras.

O primeiro aviso do partido deuno Guerreiro, tras un gran pase de Seso que o deixóu só diante de Carrasco, intentou o patrón resolver cunha vaselina pero foiselle un chisco alta.

O Escairón tratou de arrepoñerse e respondeu cunha boa ocasión á saída dun córner que despexou Ismael cunha moi boa intervención.

O partido proseguiu igualado ata que no 14 unha boa xogada de Migui por banda esquerda cun gran centro a rematou a gol de primeira Guerreiro, primeira titularidade e primeiro gol do noso veterano dianteiro.

A partir dos 20 minutos o conxunto visitante pareceu facerse co dominio e gozou de dúas ocasións que desbaratamos en boas accións defensivas cun gran protagonisimo pra Isma que estivo expléndido.

No 33 ´ serio contratempo coa lesión de Juanito Potente, entrou Manu que pasou a lateral esquerdo desprazando ao centro da defensa a Manu Vila.

O Escairón tivo outra ocasión no 35 cun disparo que despexou Isma e o posterior rexeite mandouno fóra Hamir con todo a favor. De aquí ao remate do primeiro tempo viviuse un impás, o partido tranquilizouse e nós soubemos contemporizar o encontro.

En resumo, primeiros 45 minutos igualados nos que quizais o Escairón tivo máis ocasións pero nós estivemos máis atinados na área rival, conquerindo o gol que á postre sería definitivo.



No intermedio entrou ao verde Moski en sustitución de Migui, que xa tiña cartón amarelo e sufría un lixeiro pinchazo nun xemelgo..A segunda parte comezou cun ritmo máis anodino, con moito centrocampismo e loita constante no medio campo. A medida que foron pasando os minutos o partido foise facendo bronco, con moitas accións de choque e de desputa.

Desta situación saiu unha primeira media hora sen ocasións nítidas que reseñar. Nos últimos 15 minutos o Escairón queimou as naves buscando un empate que afortunadamente non chegou.

Tiveron dúas boas ocasións, nos pés de Hamir e na cabeza de Pollo, ás que Ismael respostou moi ben. De aquí ao final, cun desconto eterno pasamos máis apuros máis que nada polo apretado do marcador que polo perigo que foron capaces de xenerar.

Ao fin demos aguantado o marcador e sumamos tres novos puntos que nos permiten afianzarnos na parte media alta da táboa.

A semana que vén buscaremos continuar coa boa racha de resultados, o domingo que vén enfrontaremonos ao Pol.
 

SD O PÁRAMO 0-TABOADA CF 0
Roi el 30-09-2018, 19:56 (UTC)
 
É esta unha crónica especial, a pesar do anuncio publicado nos nosos medios online esta semana, no que informamos de que ía cesar a actividade do blog, decidímonos a facer un "servizo de mínimos" para continuar, semana a semana, coa labor enorme de traballo, dedicación e amor a unhas cores que o noso Canti leva demostrando desde hai xa case unha década.


Comezou o partido nas Rapadas cuns minutos de tanteo, como querendo saber ambos que propoñía o rival.

Rompeu as hostilidades o Taboada no minuto 5 nun córner no que houbo un barullo do que case se aproveita Manu Vila, o disparo posterior de Ratón atrapouno sen problemas Lisboa.

A SD O Páramo non se quedou atrás e probou a Isma cun tiro lexano que este despexou a córner no 7.

Protestamos nestes primeiros intres o criterio arbitral, xa que dúas accións de simple falta remataron en cartón amarelo para David Potente e Migui.

O partido continuou bastante trabado ata que ao bordo da media hora o Páramo tivo unha chegada que rematou cun tiro desviado desde a frontal, respostou ao momento Migui cun tiro de volea que lle saíu centrado.

De aquí ao final do primeiro tempo só cabe sinalar unha gran xogada de Moski que pon un gran centro para a chegada de Montes, responde cunha moi boa parada botándose aos seus pés Lisboa.Así se chegou ao descanso, un partido igualado, como se prevía.

Os segundos 45 comezaron máis anodinos, con menos ritmo, como se o paso por vestiarios relaxase aos dous equipos.

A primeira ocasión reseñable foi un centro de Borjita que se envenenou e rematou no longueiro da nosa porta, no posterior rexeite despexou o perigo Seso.

Tratamos de estirarnos e a nosa primeira chance do segundo tempo foi unha boa xogada individual de Montes que rematou el mesmo cun tiro frontal que non puxo en moitos apuros a Lisboa, que chapou.

O groso da segunda parte foi de xogo moi físico, moita desputa no medio campo, con dous equipos que non regalaban un centímetro de céspede. Non foi, sen embargo, moi vistoso.

Púidose adiantar o Páramo nunha falta lonxana que se foi rente ó pau, deseguido Seso vendo a posición adiantada do gardamallas local intentou o que tería sido un gol antolóxico, pero o seu disparo estrelouse no lateral da rede.

De aquí ao final pouco que reseñar, os dous equipos preferiron nadar e gardar a roupa antes que arriscar na procura dos tres puntos. Houbo algún balón parado para ambos pero sen consecuencias para as porterías.

Ao fin, un punto para cada equipo, nós temos que darlle o seu xusto valor. É o primeiro que conseguimos a domicilio na presente tempada, e trataremos de facelo bon a próxima xornada ante o Atlético Escairón, no que presumiblemente será o último partido que desputemos na Medela.
 

TABOADA CF 2 -SD MONTERROSO 1
23/09/18 el 23-09-2018, 20:11 (UTC)
 
Empezou dominando o equipo visitante, dominio infructuoso pero controlando o xogo de medio campo arriba, con mÁis intensidade e máis metidos no partido. Non embargantes foron os locais quen se adiantaron na primeira ocasión que tiveron , contra rápida de Moski que se desfixo de Pallares na sua saida desesperada,gran contra gran col ,transcurría o minuto quince. En diante o xogo equilibrouse, convertiuse nun dominio alterno, os visitantes chegando máis a balòn parado, os locais con perigosas contras. Pero no último tramo da primeira parte afroxouse un pouco o ritmo producto da abafante calor que reinaba. Non houbo mais que reseñar.

A segunda comezou cun Taboada moi ben plantado, e cunha ocasión clamorosa de Marcos cun chut do que se desfixo de Pallares,o balón entraba igualmente pero sacouna Rafa baixo paos,puido ser o 2-0.. Pero desa xogada pasasouse no 55' o 1-1 despois dun balon parado Iago Guaje.,recolleuna na frontal e internouse chutando a gol sen que Isma poidese facer nada.Non foi un duro golpe pra nós que seguimos insistindo na procura doutro gol; asi chegou no 70' tras un còrner botado por Fabio, remachou Manu Vila de cabeza petando tamén en Porto que tivo a pouca fortuna de introducila no fondo das suas maias. No treito final houbo que sufrir as acometidas dun Monterroso a desesperada,pero con norde e acerto non deixamos que o0 rival nos creara sequera unha ocasión nítida de gol.

A semana que ven toca desprazarse diante dun rival difícil e moi nreforzado ,o domingo SD O PÁRAMO -TABOADA CF.
 

<- Volver  1  2  3  4  5  6  7  8 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis