TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 1-UD XOVE LAGO 1
24/07/17 el 24-09-2017, 20:05 (UTC)
  Nun partido que comezou plácido cos dous equipos querendo xogar pero sin ocasións claras todo quedou escurecido no minuto 20 coa presumiblemente grave lesión do Froilanciño cando se lle quedou clavado o xeonllo dereito e tivo que abandoar o terreo de xogo con moitísima dor.Todo quedou logo nun segundo plano.Fora por isto ou por que era asi o sino do partido no primeiro tempo tristemente non houbo nada que reseñar.
A segunda parte non comezou ben tampouco para o Taboada no eido extrictamente deportivo,no primeiro minuto xogada por banda esquerda de Diego Chao que centrou o segundo por donde apareceu David Rivas pra remachar pegado o poste ,0-1. Era a primeira ocasión manifesta do encontro e o premio aos visitantes que semellaban sair máis enchufados. Os locais tentaron refacerse a tanta adversidade,e pronto tentaron facerse co control do partido.O dominio do Taboada foi facéndose meirande co paso dos minutos;máis a partir da expulsión de Pedro Bustelo no 66' por doble cartón amarelo.Non obstante custou máis superar os xovenses en inferioridade numérica,estes plantáronse moi ben desde entón e saian con frecuencia e claridade ás contras cun Juanjo Coello moi activo .Con todo o maior empuxe local no último tramo tivo premio no 80' logo dun córner botado por Fabio, Poyàn rematou de certeiro cabezazo ao fondo das maias,1-1.Non se conformou o Taboada co empate e foise a procura dos tres puntos e adicarlle a victoria o rapaciño de Vilar,pero non foi posible.Porriba nestes últimos intres tamén se mancaron Alex e Juanjo que tiveron que retirarse lesionados inda que non de tanta gravidade.Cando menos como mal menor acadouse un puntiño que foi a mellor nova nesta tarde de sorte nefasta.
A semana que ven primeiro gran derbi da tempada ,a domicilio no Sangoñedo SD CHANTADA -TABOADA CF
 

SPORTING PONTENOVA 1 -TABOADA CF 3
17/09/17 el 17-09-2017, 19:59 (UTC)
  Un inicio prometedor con moita brega nun terreo de xogo de reducidas dimensións que obrigaba a encimar moito ó rival e facia apretar as liñas facía agardar un máis ca entretido encontro.Con todo os dous equipos trataban de combinar en curto e imprimir velocidade as accións.Vianse chegadas continuadas a área rival,en xogada e especialmente a balòn parado.A primeira ocasión notoria foi local un disparo cruzado de Pasarín .A primeira visitante clara foi un disparo lonxano de David Potente no 22' que se foi lambendo a cepa do poste.O pouco contestou Andrés Bouza de xeito semellante cun chut lonxano e e seco que blocou sen atrancos Roi.As transiccións e o ritmo non decaían co paso dos minutos e o encontro estaba a ser moi competido e bonito de cara o espectador.No 27' grandioso pase de Fabio a espalda da defensa e Poyàn a bote pronto define xenialmente levantando o balón porriba de Rubén,golazo pra facer o 0-1.Non se arredaron os locais que buscaron o empate con prontitude e acadarono seis minutos máis tarde no 36,combinación na área entre Gavín e Matelo que acabou este cun remate espectacular a media altura.Outro fermoso gol,1-1.Non houbo moito màis que reseñar na primeira e coas tablas no marcador fúmonos o descanso.
A segunda metade comezou con algo menos de ritmo,máis anodina e cos dous equipos tanteandose .Foi Sesín no 55' quen rachou esta quietude cun auténtico golazo desde a banda destra viu a Rubén adiantado no primeiro pao e cunha semi volea que picou desde a banda batiuno entrando o balón por arriba e polo segundo pao.extratosférico ,1-2.No 63' despois dunha gran xogada por banda esquerda Fabio puxoa de cine o segundo pao donde Poyàn rematou a queimarroupa e Rubén interviu cun paradón pra salvar o terceiro do Taboada.Na continuación da xogada incluso Sesín puido anotar segundo da sua conta particular,pero atrapou de novo Rubén esta vez sen tantos atrancos.Nesta fase do partido o dominio do Taboada era màis ca evidente e os méritos tamén ,impoñendo unha presión adiantada e abafante,facíase merecedor de mellor resultado .Intentiuse sacudir dela o Sporting sobre todo a raiz dun franco directo de Carlos que despois de petar na barreira detivo Roi,non sin certos apuros.O pouco noutra falta lateral Gavín colgouna con rosca e o balòn petou no traveseiro.Encaramos a partir de entón o último cuarto de hora,cun equipo local tentando envorcarse ao ataque e os nosos vaciándose en cada acción.No 84' despois dunha contra na que rematamos ata en tres ocasións, Poyàn desde fora da área engatillouna e batiu a Rubén polo pao largo,xunto a cepa do poste.1-3,gran gol tamén como todos os da tarde ;a celebración significativa nunha auténtica piña escenificaba o valor do acadado .Un Taboada moi serio defensivamente non deixou que o rival creara ocasións no tempo que faltaba e finalmente fíxose con tres mericidísimos puntos.
A semana que ven voltamos a Medela nun inicio dunha fase do campinato moi complicada e comeza o domingo as 17:00 cun TABOADA CF-UD XOVE LAGO.
 

TABOADA CF 0 -CD FOZ 2
10/09/17 el 10-09-2017, 19:17 (UTC)
 Despois dun inicio vibrante con ràpidas transiccións e presencia continua dos dous ataques na área rival,desatáronse as hostilidades con prontitude ,primeiro foi Guerreiro cun golpe franco que atallou sen atrancos Moreda.Nun contragolpe no 10' respostou o equipo visitante cun remate final de Manolo que se foi arriba.Non embargantes co paso dos minutos foise ralentizando o ritmo con interrupcións propiciadas por un xogo máis fisico e de choque,os mariñans foron impoñendo deste xeito o seu ritmo que daquela era máis destructivo e limitábase a parar con moita falta técnica a combinación dun Taboada que pola contra tentaba xogar máis e ter máis o balón .Nesta fase do partido escasearon as ocasións.Rompeouse a quietude no 41 ' cunha xenialidade ,topouse Manolo cun balón sobre a frontal,revirouse e soltou un fermoso zapatazo que se colou por toda a escadra.Non houbo máis que salientar na primeira e con ise marcador adverso fúmonos a vestiarios.
A segunda parte comezou cun novo gol en contra ao pouco de empezar ,no 49' Cayón culminou un contragolpe fugaz diante da saida de Roi e puxo o 0-2 no marcador.Complicábase moito o partido para os nosos,pero o equipo votouse arriba buscando a porta de Moreda.Nos minutos seguintes foi notorio o dominio e a posesión local diante dun Foz que non obstante gardaba ben as costas mantendo un bó orde defensivo e saia con perigo as contras.O empuxe do Taboada incrementouse co paso dos minutos pero non estaba a ser suficiente e a pesar de contar con duas moi claras ocasións de Guerreiro e de Noé non chegamos a recurtar.Tamén os focenses poideron incrementala vantaxa nun centro-chut de Cayón que se estrelou no traveseiro e nun gran remate de espuela de Manolo que desviou a córner espectacularmente Roi.Achegouse o último cuarto ainda con posibilidades de meternos no partido.Neste tramo final encerramos o Foz na sua área, e puido anotar Poyàn noutra moi clara.Non tivemos o acerto nos metros finais e penalizou o equipo en exceso.A mordente en ataque do Foz con un dos mellores atacantes da categoría como é o caso de Manolo foi determinante e puideron deste xeito conquerir os tres puntos finalmente.
A semana que ven toca remar fora nun feudo que o Taboada fai moitos anos que non pisa como é o recentemente remozado campo de A Mina.O domingo SPORTING PONTENOVA -TABOADA CF.
 

AD BÓVEDA 1 -TABOADA CF 3
03/09/17 el 03-09-2017, 19:50 (UTC)
  O inicio do partido respostou as pautas dun partido de pretempada,con certa imprecisión e nerviosismo,inda que coa motivación e intensidade dun encontro xa oficial.O partido estivo marcado pola alta temperatura e un terreo de xogo seco en exceso,apesares que contra o tramo final chuviñaba..Púxose de cara o partido para os visitantes nunha xogada a balón parado,falta lateral que votou Jacobo rexeitou Pipa de puños en primeira instancia e o rexeite remachao Poyàn cunha acrobática chilena,un auténtico golazo ,19'min .0-1.Semellaba que o gol asentaba o xogo do Taboada con máis toque e máis posesión ,pero no 35' logo dunha contra local na que Anas despois dunha vaselina estrela o balón no longueiro,o balón de volta pega na man de Juanjo e o colexiado decreta penalti.O lanzamento de Julio foi detido por Roi que adiviñou a intención do dianteiro local.Despois dun paro técnico pra beber por decisión arbitral,o partido foi subindo de tensión e xurdiron encontronazos producto da rivalidade.No 42' Moski tras un pase en profundidade de Guerreiro,leva a cabo unha contra fulgurante entre o medio da defensa local e no man a man con Pipa bateo sin remisión,0-2.Non houbo a tempo a máis na primeira parte.
A segunda comezou cun Taboada superior e que puido incrementala vantaxe tras un xogadón de Noé pola dereita e en tres remates consecutivos dous de Poyán e outro de Fabio,no 53'.Dez máis tarde nova incursión de Noé ,cédella a Guerreiro que asiste despois de quebrar a marca a Moski que remata o fondo das maias 0-3(deste gol deixámosvos a secuencia de imaxes).No tramo final os locais apretaron màis,cun Taboada que afroxaba un pouco o ritmo.No 85'cun balòn en longo Anás recurtaba a vantaxe cun disparo axustado desde dentro da área.Espoleados polo gol tentaron reducir máis a vantaxe con balóns colgados,pero finalmente non pedermos o bó orde defensivo e o Taboada CF conqueriu comezar a Liga con tres moi valiosos puntos nun campo sempre complicado.
A semana que ven estrearase o equipo diante da sua afeizón ,o domingo que ven na Medela TABOADA CF -CD FOZ.
 

TABOADA CF 0 -CLUB LEMOS 3
11/06/17 el 11-06-2017, 20:32 (UTC)
  Non puido comezar mellor o partido pros intereses dos lemistas,unha contra fulgurante no 3'de Petrovich acarreou un primeiro disparo deste,rexeitou Roi en primeira instancia pero volveu caer nos pés daquel,que no segundo remate non perdonou.0-1.Puido empatar o Taboada a saida dun córner por mediación de Pablo cun testarazo espectacular que tuvo tamén unha resposta extratosférica de Santi.Os locais encimaron moito a partir de entón espoleados hoxe por unha afeizón non de dez ,de doce,de xogador número 12, e durante moitos minutos encerraron atrás o Club Lemos,que se abonaba as contras.Foi nunha destas levaba por Lucas Costa por banda dereita centrou o segundo pao donde Diego Arias foi letal ,0-2.A pesar deste segundo batacazo os nosos non se arredaron e no 26 ' a saida dun córner primeiro Ibán de outro tremendo testarazo e Jacobo cun perfecto chut foron resoltos con dous soberbios paradóns de Santi ,no disparo de Jacobo tras desviar o balón Santi o balón foi repelido polo longueiro..No 33' non embargantes outra contra de manual de Lucas Costa puxo en evidencia a superioridade lemista ó contragolpe ,resolveu no man a man con Roi,0-3.Con todo unha fé incombustible do Taboada fixo que os lemistas en ningún momento tiveran un partido fàcil.A pesar de todo o esforzo chegouse o descanso con ese marcador adverso.
A volta dos vestiarios,mais do mesmo,moito empuxe local e moito oficio visitante,máis con ese tanteador favorable,apenas espuxo e limitouse a tentar defenderse con orde.Fixo máis propostas o Taboada neste segundo e foi acumulando moitos màis méritos pra acadar un goliño que nos metera no partido e por moitos intres amosou un fútbol vistosisimo.Tivoa Montes,tivoa Marcos,tivoa Noé.Sacamos moitas forzas do fondo da alma ,nunha entrega bestial especialmente nos últimos vintecinco minutos.Tivoa despois xa dentro do último cuarto de hora Diego Poyán e logo David Potente con senllos e duros disparos,e novamente Noé cun remate de testa o pao.Non houbo maneira.Toucou caer pero fíxose coa cabeza moi alta e diante dunha afeizón que despediu os seus cunha grandísima ovación.Non era tampouco un final calquera ,non era tampouco o partido final dunha tempada;significou hoxe o fin dunha era .Chegou a hora de poñer punto e final a moitos ciclos.Moitos intres e persoas serán inexquecibles pero porriba de todos nós ,de todos que formamos parte do Taboada CF,de todos os que formaran parte do Taboada CF,sempre estará o sentemento por este club,que perdurará e remontará tódalas adversidades.Tocará agora rescribila nosa historia ,afrontar novos retos,traballar,competir,tratar de ser boa xente e sempre por diante e pra diante TABOADA CF
 

TABOADA CF-CD SAN CIPRIÁN
04/07/17 el 04-06-2017, 20:09 (UTC)
  Quixo sair o Sanci cunha presión moi adiantada pero os locais revertiron a situación nun par de minutos,cun par de xogadas foron os nosos que encimaron moi arriba e comezaron a crear ocasións con asiduidade dentro do primeiro cuarto de hora.A máis clara unha volea de Moski que solventou Marco cun paradón a unha man.Fel refrexo da forte presión local o 1-0 no minuto 22' Emilio presionou con fé un balón dividido diante de Marco ,este despexou e o balón petou no propio capitàn collendo rumbo cara meta desprotexida 1-0.Tres minutos despois ,logo dunha gran xogada colectiva Fabio tivo o segundo nun man a man con Marco,este voltou estar providencial.Co equipo tratando de facer un bó futbol seguiu o partido nuns parámetros similares.Foi de suliñar outra ocasión de Moski no 33' que despois de incursión individual chutou caéndose e volveu sacar Marco con acerto.Foi o preludio do recital dos últimos minutos.No 38' xogadón e asistencia de Ivi pra Moski que finalizou previo recurte a sua marca.2-0.No 40 ' nova xogada notabilisima ,esta vez de Fabio que asiste de novo a Moski que desa volta '' só '' mete exterior pra facer o 3-0.Así se chegou o descanso, desfrutando moito do fútbol,xogadores e siareiros locais.
A segunda metade comezou sendo un calco dese final da primeira .Fabio o pouco de comezar e despois facer un xogadón pola esquerda puxo a proba de novo a Marco que con outra parada espectacular salvou o cuarto.No 55' o partido deu un volvo,penalti tan absurdo coma riguroso,que se encargou de transforma con contundencia Borja Mella.A partir de acó os mariñans quixeron reaccionar e tentaron votarse a desesperada enriba da porta de Roi.Os locais souperon sobreporse o arreón ,e logo dun ataque mariñan unha contra fulgurante de Moski na que foi derrubado dentro da àrea foi decretada como penalti polo colexiado quen tampouco dubidou un intre.O encargado de transformalo foi Fabio.4-1,min 65.Semellou voltar a tranquilidade a Medela.O equipo local efectivamente asentou o seu xogo e comezou a exercer un fútbol control que impediu que os visitantes xeraran máis perigo no treito final .Tódolos achegamentos perigosos levaban cor branquiazul,inda que non se materializase ningunha ocasión máis.A máis clara foi un remate acrobático de Noé.Foi un final plácido para desfrutar da victoria e do pase a cuartos donde xa nos espera rival : un Club Lemos que venceu pola mínima a SD Chantada 1-0.
Pra semana entón, agardanos un derbi comarcal ,de prestixio,e con non tan vellas e morriñentas reminiscencias a Preferente e no que trataremos de acadar as semifinais que tanto ilusionan a futbolistas e afeizón,o domingo na Medela TABOADA CF-CLUB LEMOS.
 

<- Volver  1 ...  7  8  9 10  11  12  13 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis