TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SD O PÁRAMO 2 -TABOADA CF 0
02/04/17 el 02-04-2017, 18:09 (UTC)
  Partido dos chamados decisivos,no cal de gañar os visitantes poñerianse con 39 e verían case conquerida a salvación,de ganar os locais conprimiríase a clasificación e igualaríannos en puntuación na táboa.Por ende empezou o encontro cos dous equipos poñendo toda carne na grella ,véndose uns primeiros minutos intensísimos,con continuas idas e vidas.Tivoa Moski primeiro nunha ràpida incursión pero non conectou con acerto.Despois no 15' inmellorable ocasión local ,noutra internada por banda dereita de Dieguito que acabou por centrar o punto penal,desde ali rematou Hugo ó pao.Non había un dominador claro ,o balón movíase dun área a outra con rápidas transiccións,e a penas se disputaba o balón no medio campo.Co paso dos minutos o ritmo de partido foi perdendo en intensidade ,tamén en canto a ocasións se refire pasaron menos apuros os gardamaias.No último tramo da primeira parte sò foi reseñable unha ocasión de Dieguito que regateu a Roi ,e disparou caéndose,a ocasión desvaratouna Pablo; xa se cumpliran os 45 primeiros e case coincide co chifrido final.

A primeira do segundo tempo foi nosa,no 47' un libre directo que lanzou Fabio e desviou Alex xunto a cepa do poste.Contestou Corbelle cun disparo moi ben dirixido a escadra esquerda de Roi.No 60' boa xogada local na que o balón chega a Pepe escorado sobre a frontal e engatilla un dereitazo que entra a media altura como un obus.1-0.O gol fixo medrar os locais que xogaron con màis tranquilidade a partires de entón e chegaron màis ca nós neste tramo.A nós custounos reaccionar e penalizounos ;asi no 74' os locais aproveitaron unha excelente contra de Pepe que asistiu a Corbelle que se orientou pra batir a Roi na saida,2-0.Houbo unha tímida reacción visitante no treito final pero os parameses tiñan o partido moi controlado e non tivemos opcións.

A semana que ven si que vislumbra unha final na Medela TABOADA CF-SD BURELA.
 

TABOADA CF 0-SCD RESIDENCIA 2
25/03/16 el 25-03-2017, 20:53 (UTC)
  Encontro interesantísimo no que os capitalinos se xogaban un ascenso màis ca merecido a Preferente a falta de nove xornadas.Ainda que non nos xogabamos tanto saimos convencidos buscando unha victoria de prestixio.Metémonos moi pronto no encontro cunha inmellorable ocasión de Poyán e un disparo lonxano de David Potente axustado ó longueiro.Todo elo antes dos dous minutos.Sacudiuse a Resi do incial dominio local,e logo viñeron uns minutos de equilibrio.Pero nunha contra rapidísima no 13' Roberto conduciu desde a medular e encarou e batiu a Roi ,que lle saia o paso, cun disparo cruzado desde a frontal ,0-1.No 18´ puido igualar Fabio en xogada persoal pero Bravos fixo unha parada espectacular.Igual de atinado estivo Roi dous minutos despois a disparo de Sito.No 27' Noé conectou un bó chut pero foise alto.No 29' nun córner a prol noso ,David Montes tivoa ,o seu remate de cabeza foise lambendo o pao.Estabamos a dominar,pero perdoando en exceso e a Resi amosaba moita rapidez nas contras ainda sen levar perigo real.Sin outro particular que reseñar chegouse o descanso.
A volta de vestiarios o partido voltou aos mesmos sendeiros.Certo dominio na posesión local e perigo na velocidade das transiccións visitantes.No 55' grandisima asistencia de Nico a Poyàn que quedou en posición inmellorable pero este perdonou o empate.Despois o partido voltouse moi vistoso con transiccións continuas cos dous equipos moi abertos e buscando o gol.Tivoa a Resi nunha ocasiòn máis ca marrada por Rasilla foi desvaratada con unha parada de moito mérito de Roi.Co paso dos minutos fumos embotellando atrás aos visitantes que acabaron por fialo exclusivamente a contras illadas ,ó deixar o Taboada máis espazo atrás.Con todo e a pesares da insistencia non dabamos encontrado camiños ó gol.Porriba ,como un xarro de auga fría ,chegou a sentenza difinitiva a falla de un minuto para o final,co equipo local volcado ó ataque unha nova contra visitante e perda de balón atrás tras un intento de despexe fallido do que se soubo aproveitar Dieguito que despois de desfacerse de Roi só tivo que empurrala ó fondo das maias.Despois a festa xa non foi nosa,celebrouna a Scd Residencia que finalmente se facía co ansiado ascenso a Preferente na Medela.
A semana que ven un encontro moito máis decisivo ,nun novo desprazamento ,desta volta en As Rapadas ,alí enfrontáremonos SD O PÁRAMO-TABOADA CF.
 

AD BÓVEDA CF 1-TABOADA CF 2
19/03/17 el 19-03-2017, 19:38 (UTC)
  Era un partido no que se prevía o sufremento,o terreo de xogo moi irregular non deixaba combinar nin a normal circulación do balón.Os locais máis adaptados e cun xogo máis horizontal chegaban con certa asiduidade nos primeiros intres.Os 12' nunha contra ràpida de Caio faciase co balón e asistia a Armesto que sobre a frontal chutaba a porta, a pelota botaba na traxectoria antes da estirada de Roi e sorprendiao,entrando o fondo das redes,1-0.Desenrolábase o partido nas pautas da pugna e un xogo no que imperaba o físico.Ainda que os locais xogaban máis còmodos nesta situación,nos ofrecemos rendemento tamén na loita.Fúmonos arriba tamén cun xogo menos habitual,que nos resultou eficaz,o borde da media hora,no 26' unha falta lateral foi rematada en primeira instancia David Potente,o rexeite do defensor recolleuno Pablo que entrou coma un obús e fusilou a Macía,1-1.O partido neste treito final da primeira xogouse ó limite,e nas derradeiras xogadas se cabe bronco,pero sin nada màis salientable que reseñar.
O segundo tempo comezou con algo máis de tranquilidade e pausa.Pero seguia a ser pouco vistoso.Emotivo si.As ocasións seguian vindo en balóns parados.Corria o 65' e ainda non se poidera ver un disparo entre os tres paos.O groso do encontro disputabase no medio campo.Foi no 68' o máis destacado un disparo lonxano do local Arias que sacou a córner Roi.Dous despois outro disparo escorado de Emilio detivoo Macia sin problemas.Semellaba que se desataban as hostilidades de novo neste tramo final.Fabio tivoa no 75' con Macia adiantado cun disparo que quixo picarlle pero saiulle rasiña e desviado.No 86' tivo lugar o momento do partido,e a mellor xogada do encontro ,Mos recupera un balón en defensa percorrese toda banda dereita ,sobre a frontal sacase un chut impresionante e clavaa por toda escadra esquerda de Macia.Un golazo dos que en categorías superiores se di que só por el merece a pena pagar unha entrada e que finalmenten ademais serviu pra decidir o choque.
A semana que ven en partido adiantado a xornada do domingo,enfrontámonos na Medela ó líder destacado da categoría ,o sábado 25 : TABOADA CF -SCD RESIDENCIA.
 

TABOADA CF 4-CHANTADA ATLÉTICO 2
11/03/17 el 11-03-2017, 20:49 (UTC)
  Derbi de urxencias que se viu reflectido desde os primeiros un intres,con dous equipos buscando o marco rival con insistencia,polo que se estaba a ver un partido moi aberto e vistoso.A primeira ocasión foi local cun disparo axustado de Emilio.Contestou o Atlético cun disparo dun adiantado Lois que se espetou no longueiro con violencia.Antes dos quince contratempo local, tivose que retirar un desafortunado Marcos coas lesións,esta vez por un pinchazo muscular,pero que lle impediu continuar.Na xogada seguinte a sua retirada no 15' golpe franco favorable os locais ,sobre a frontal,que foi executado de xeito maxistral por Fabio,entrou por toda a escadra,golazo.1-0.Puido ter continuidade este gol logo dunha xogada por banda dereita e remate de testa de David Montes.Os chantadinos repuxeronse de seguida e Adri no 24 ' e en xogada individual e tras driblar a Pablo e en posición inmellorable disparou desviado.No 31' gran xogada combinativa levada por Mosqui ,que asiste a Noé que se coloca o balón e bate a Alex Moure,outro enorme gol.No 35 'contestou o Chantada Atl. gran xogada por banda esquerda de Dani,que asistiu a Adri que se desfixo de Pabloe logo só tivo que empurrala,gran gol tamén2-1.Igualouse tralo gol o partido ,xa de por si parello,moito máis neste tramo final da primeira.Non houbo nada salientable en canto a ocasións neste tramo.

O segundo período comezou algo màis trabado e máis caótico ca vistoso,non por iso menos entretido,emotivo foi ata o final.As ocasións fixeronse de pregar,algún balón parado ou faltas laterais,pero cero disparos entre os tres paos.O xogo desenrolábase no medio campo onde os dous equipos despregaban unha grande pelexa.Rompeuse esta dinàmica tras unha falta sobre Adri na frontal, no 65' encargouse do lanzamento Tapi,que cun espléndido chut alcanzou a igualada 2-2'.O gol asentou moito o xogo dos visitantes que se fixeron co control e chegaban con màis perigo.Revertiuse a situación no último cuarto,onde os locais se fixeron coa situación,e así no 80 unha contra fulgurante levada por David Montes concluiuna cun centro sobre o balcón do área donde Ivi que levaba un minuto sobre o campo e despois de regresar dunha longa lesión,controlaba e no man a man co seu amigo Alex Moure resolvia pra facer o 3-2. A melloria local fíxose máis notoria nos minutos que quedaban,onde non pasaron apurose poideron incrementala vantaxe,namentras os visitantes lles pesaba coma unha lousa o terceiro gol .Así as cousas no 88' a saida dun còrner e tras unha serie de rexeites Mosqui foi o màis listo e acadou coa testa o 4-2,un gol importantísimo pois fainos gañar o gol average particular ;polo que a victoria inda que en realidade foi de tres puntiños a fin de contas pero vale catro puntazos.

A semana que ven outro derbi de rivalidade comarcal de dous planteis moi igualados tamén na clasificación ,no Irmáns Somoza AD BÒVEDA CF -TABOADA CF.
 

PASTORICENSE UD 3-TABOADA CF 2
05/03/17 el 05-03-2017, 19:58 (UTC)
 Nun inicio de partido brilante no que os dous equipos buscaban porta asiduamente,con velocidade nas transicións ;máis directos os locais ,con algo máis de combinación os visitantes.Foron este últimos quenes golpearon primeiro ,no 16' unha excelente transicción levada por Jaco e Noé ,asistiu este en última instancia cun pase da morte atràs a Poyàn ,que se ten que virar pra acomodarse o balón e batir a Casillas coa sua clase habitual 0-1.Maila pornos por diante, os noventa no Acebreiro son moi longos,e os locais feridos non deixaban de apretar inda sabendo que quedaba moito.Nos tamén continuamos respetando o noso credo ,sen perder de vista a porteria.Sobre a media hora no 31' os locais toparon o seu premio nunha falta lateral ,no tumulto da área Rico foi o que màis se elevou e prolongou co seu testarazo o fondo das maias ,1-1.Estaba o partido vivísimo e dous màis tarde Poyàn tras un xogadón persoal estivo a piques de marcar,o balón foise raspiñando o pao esquerdo de Casillas.Pero os locais andiveron moito máis listos e no 38' Iñaki aproveitouse dun erro defensivo pra batir a Roi no man a man.Non eramos merecentes do marcador adverso ,pero os locais fóronse o descanso volteando o marcador.

No comezo da segunda voltamos con descaro polo partido,moi metidos arriba.Os dous minutos excelente xogada de Noé pola dereita ,que culmina cunha fenomenal asistencia a Poyàn que en posición inmellorable perdonou o empate cun remate que se foi porriba do longueiro.Os locais tamén despoñian dunha boa opción ,nun remate en plancha de Farra a saida dun córner,no 55'.No 57 ' un gran centro de Fabio non foi aproveitado por Poyàn por milímetros .E na transición local no 59' unha gran xogada por banda dereita cun centro o punto de penal foi rematado alí por Iñaki de xeito acrobàtico,3-1.Este gol desquiciunos momentáneamente;cos cambios tentamos darlle un novo brio o noso xogo,e expuxémonos as contras locais;nunha delas pudo sentenciar Farra,que na resolución envouna moi arriba.Os nosos riscos trouxeronnos como premio un penalti claro sobre Emilio no 75',que se encargou de tranformar Fabio.3-2.Este gol voltou meternos de cheo no partido e no último cuarto queimamos as naves na procura do empate.A pesar da incisión faltounos un chisco de tino e fortuna e o marcador mantívose inamovible.

A semana que ven outro derbi que se antolla decisivo pra non pasar apuros TABOADA CF-CHANTADA ATL.
 

TABOADA CF 1-CD FOZ 1
26/02/17 el 26-02-2017, 20:11 (UTC)
 Abriuse o encontro con moita intensidade.Ràpidas transicións,moitas chegadas.Contabilizamos nos primeiros minutos duas de Noé,unha de Hermida,e outro disparo lonxano de Emilio que se marchou pegado a cepa do poste.Estabamos a ter máis posesión,e máis profundidade,non entanto os mariñans con Canario,Brais e Asier no medio contragolpeaban con rapidez,ainda con tenue incisión.Malia todo foron contundentes no 25' nunha xogada individual de Hermida ,onde fixo el todo, e tivoa ata en duas ocasións ,na primeira rexeitou en primeira instancia Roi,pero voltou recoller Hermida e daquela só tivo que empurrala.0-1.Fúmonos un pouco do partido,incurrimos un chisco na precipitación,voltamos meternos nos últimos dez minutos.Tivemos unha moi clara no 39' tras incursión de Emilio por esquerda ,o remate de Noé desde a dereita o seu remate conlevou unha acción polémica pois reclamáronse unhas màns no rexeite dun defensor que os colexiados consideraron involuntarias ,polo tanto intranscendentes.Tres máis tarde outra xogada similar concluiu cun remate de Fabio que se foi chiscote alto.Nos últimos intres da primeira tentamos acosar a meta visitante pero infructuosamente.
A volta de vestiarios voltou a ser un monólogo local ,con dominio e posesión e o xogo desenrolábase na parcela defendida polos focenses.Non embargantes no 55' tiveron eles un man a man de Hermida con Roi no que este saiu vencedor.No 52' gran xogada colectiva trenzada por Fabio e Marcos que culminou Emilio e rexeitou Berni cun paradón.O acoso local que proseguiu resultaba infrutífero por falta de tino e polo bó orde defensivo visitante.Empurramos con tenacidade e intensidade ,buscando as incursións por banda con combinación e en profundidade,inda máis a partires da lesión de Marcos ,agás sen conquerir o éxito desexado . Ata que no 75' un gran pase en profundidade de Alberto controlouno sobre a frontal Emilio ,revirouse xa dentro do área e batiu a Berni con sutileza.1-1.
Ningún dos contendentes semellou conformarse co resultado e no cuarto de hora que faltaba ámbalas duas escadras buscaron porta na procura dun gol redentor que desfixera a igualdade,houbo ocasións nas duas áreas;a máis clara tivoa Ibán nun golpeo a boca de xarro dentro da área pero o gardavallas visitante voltou estar atinadísimo.Chegouse o final cun reparto de puntos que non satisfixo a naide pero que se pode considerar xusto.
A semana que ven toca desprazamento,neste caso A Pastoriza,o domingo 5 de marzo UD PASTORICENSE-TABOADA CF
 

<- Volver  1 ...  9  10  11 12  13  14  15 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis