TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 2-CHANTADA ATLÉTICO 2
28/05/17 el 28-05-2017, 20:55 (UTC)
 Nun dia no que o fútbol volveunos amosar o que significa o Taboada CF e como se construe un equipo en base a dous pilares: por un lado co cariño e devoción por unhas cores e por outro con sufremento e traballo;poidemolo comprobar na Asamblea Xeral de socios pola maña e sobre o verde da Medela pola tarde.
Nos prolegómenos do encontro vivíronse intres de fonda emoción ,primeiro toda a plantilla do Taboada quixo homenaxear a directiva sainte do Taboada CF despois de case vinte anos e o que foi o seu guía e formador durante os últimos quince Emilio García .Despois noutro sentido minuto de silencio polo tráxico pasamento da filla dun home de fútbol,Suso Naseiro,dun compañeiro que ten traballado arreo polo fútbol do seu povo,Santaballa.Desde o Taboada CF únimonos a dor de toda familia do CD Santaballés.
Cinguíndonos xa o extrictamente deportivo e metidos desde o primeiro minuto poidemos contemplar un vibrante e precioso comezo dun primeiro partido copeiro no que os dous conxuntos sairon a morte desde o pitido inicial.Adiantáronse os visitantes,moi pronto, aos tres minutos no que Adri estivo moi vivo para recoller un balón tras un rexeite de Roi,e moi áxil pra case sen ángulo batilo.Os 7' Ivi xa tivo unha gran ocasión pra facelo empate nun claro man a man con seu amigo Alex que este solventou cun paradón.Os 20 minutos claro penalti sobre Mos que executou Pablo con suspense pois o balón petou no poste antes de entrar.Podedes contemplar o lanzamento no video que vos deixamos abaixo,inda que ladeando a cabeza,pois gravamolo lateralmente.
O partido esta a resultar vistosisimo con continuas idas e vidas e moito fútbol de ataque.Dentro da primeira media hora Fabio por parte local tivo outra en posición inmellorable,e Dani Delgado cun disparo desde a frontal que petou nun defensor local e logo no longueiro,foi outra notable ocasión.Ningún equipo afroxaba na recta final da primeira metade.Os locais apretaron e nun último arreón conseguiron darlle a volta o marcador a saida dun còrner,Iban con un contundente e certeiro remate de cabeza o segundo pao.Puxo o 2-1 no minuto 42'.Así rematou a primeira.
A segunda metade voltou comezar cun alto voltaxe,ocasións nas duas áreas e os visitantes moi volcados tiveron as màis claras con dous màns a mans de Adri e Khedira con Roi,solventou ben este,e non semellaba renquear polos seus problemas de espalda,pois xogou dolorido desde o inicio.Os locais foron facendose co control e mantiñanse moi ordeados xogando co marcador a prol.Tivemos logo duas grandes ocasións nas botas de Diego Poyàn ,primeiro cun balón ò longueiro e logo con un gol anulado por fora de xogo previo de David Potente.Cando o partido parecia afrouxar un pouco o ritmo producto da enorme intensidade coa que se levaban empregado Adri a falta de dez minutos tivo unha gran ocasión para o Atlético que resolveu Roi cun paradón .Foi un aviso,cando o partido agonizaba no 90' e despois dunha falta sobre a fontal Dani cun lanzamento maxistral anotou o 2-2.que condenaba a eliminatoria a resolverse desde o punto de penalti.
Na lotería que significaron os penales poidemos presenciar unha interminable e taquicárdica tanda na que tiveron que lanzar os 22 homes que remataron o partido.A gran nova foi que a sorte sorriu o Taboada CF que venceu na tanda 10-9.A peor noticia e que foi a noso gran amigo Alex Moure a quen Roi lle detivo o penalti decisivo,e que finalmente nos deu o pase.Desde acó lle transmitimos a Alex todo o agarimo.

A semana que ven teremos aa posibilidade de afrontar outra nova eliminatoria ,de novo na Medela TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.
Un último aviso .debido a que hoxe temos moito material fotográfico,imposible de seleccionar hoxe ,maña continuaremos subindo fotos.Estade atentos.
 

TABOADA CF 1-CD SANTABALLÉS 2
14/05/17 el 14-05-2017, 20:13 (UTC)
  Non foi a mellor despedida pra rematar a tempada ,tampouco a máis xusta pois o equipo honrouse a si mesmo competindo ata o derradeiro intre pero finalmente non puido conquerir os tres puntos que nos houbesen levado máis aló da decimosegunda praza que foi a que ó fin acabamos por ocupar.Cando menos cumprimos folgadamente cos obxetivos marcados e mantivemos a categoría nunha xeira inédita na historia do clube que ás claras poideramola considerar a era de maior gloria e logros deportivos ,de unha xeración ou duas de futbolistas que chegaron onde naide antes puido chegar.Son grandes no persoal e no deportivo ,asi o levan amosando entreno a entreno,xornada a xornada,tempada tras tempada.Só o tempo os fara inesquencibles.

Cínguínos o partido de hoxe comezaron os visitantes màis enchufados e cunha presión màis adiantada ,froito diso topáronse cun gran gol de Verez despois dunha xogada individual os 8' chutou sobre a frontal e o gol entrou por toda a escadra1-0.Pouco a pouco fumos reaccionando tentando moito a combinación,inda que faltaba trenzar xogadas máis longas e transiccións un chisco máis rápidas.Despois viuse un encontro con moita disputa e intensidade,pero sen moita ocasión de gol .No 40' tivemos unha moi clara despois dun gran pase de Guerri para Noé este disparou cruzado e foise por pouco.Xa chegamos así o descanso destacando porriba de todo a brega e entrega dos dous equipos nun choque sen transcendencia clasificatoria,e de loar es loita sublime.

O segundo tempo comezou tamén moi competido,ainda que no inicio escaseaban as ocasións.Na primeira delas despois dun gran control fíxose con ela Noé e logo dun gran xesto revolvéndose sobre a frontal enganchou un chut enorme e axustado a cepa do poste,diante do cal un impecable Adrián nada puido facer 1-1.Despois víronse os mellores minutos locais na sua versión màis recoñecible.A pesar da insistencia ,sobretodo no tramo final, unha perda de balón en defensa aproveitouna Novás para encarar porteria sendo derrubado por David Montes dentro da área,o penal transformou o propio Novàs de xeito máis ca belo superando a Roi cun balón picado e o centro,era o 84'.Co bico refucido afrontamos o pouco que quedaba pra envorcarnos no gol da igualada ,non deu chegado.

A semana que ven será de descanso e emprazámosvos agora para o primeiro encontro da Copa Deputación que se celebrará o 28 de maio na Medela :TABOADA CF CHANTADA ATLÉTICO.

 

AD VALADOURO 4-TABOADA CF 2
07/07/17 el 07-05-2017, 20:14 (UTC)
 
Penúltimo partido da tempada,e último desprazamento da mesma nunha preciosa tarde na que se enfrontaban dous equipos cos deberes feitos e no que non se xogaba nada a efectos da clasificación,màis ca mellorar postos e a honriña de gañar.Sen presiòn comezaron os dous moi abertos,tentando xogar un bó fútbol e tamén disputando moito o balón.No 15' contra levada por Luis Varela que centrou a área rechazou Isma de primeiras o rexeite recolleuno Manolo e fusilou o 1-0.Contestou pronto o Taboada ,logo dunha falta na medular na que quedou mandado e sangando Moski,sacouna Jaco,e tras unha serie de rexeites Nico foi o máis listo e revolvéndose na área batiu a Hugo Xoyma,1-1.Nuns minutos tolos,nos que Mos ainda non se recuperara ,os locais aproveitaron os ocos,e nunha boa xogada de Celes con centro á área Manolo remachou ó fondo das maias co peito,enorme recurso,no min .24 ,2-1..O partido estaba a ser chulísimo .No 30' xogadón de Mos que se vai como Butragueño contra o Cádiz,topouse cun inmenso Hugo Xoyma que cun paradón espectacular ,privounos dun golazo extratosférico.Foi xogada previa a lesión do propio Mos tras duas duras entradas,na subseguinte carreira rompeu.Nestes minutos estabamos a dominar con continuas chegadas .No 45' noutra contra local Manolo o rei da área pequena e despois de dous rexeites fixo o 3-1.Foi pouco xusto o fútbol con nós e premiou o acerto dos locais ,grande a sua eficacia,tres chegadas tres goles. Xa non deu tempo a màis nesta primeira metade.
A volta de vestiarios voltamos a tentar a dominar e apretar pero o dominio infructuoso,viase contrarrestado polas contras locais,no 51' outra transicción individual de Cora finalizouna el mesmo polo pao curto de Isma,4-1.A nosa proposta inda continuou pero a frousada era dabondo aberta .Jacobo nun libre directo , Noé nunha vaselina que se foi arriba,Fabio cun disparo desde fora que se foi desviado ,poidemos recurtar antes do 75'.No 79' tivemos merecido premio a insistencia e a fé,cun gran gol de Fabio que superou por arriba a Hugo Xoyma.Non rendemos e nuns minutos de vértixe poidemos ata empatar o encontro con outras duas accións de Ivi e de Poyàn.Nos últimos minutos apretando moito arriba Fabricio puido anotar tamén.Faltounos tempo para unha recuperación miragosa,por intres soñamos,tivemos que despertar pero como dixo en certa ocasión Clint Eastwood falando dos soños "sabemos que non son reais pero esta ben telos ";e é que hoxe era un día especial e os nosos levabano dentro,notabaselles en como sinten esta camiseta, pero non puido ser .Outro dia será ,o noso día será .Maña sempre será un dia pra, por que non ,ter outro soño.Maña.
A semana que ven agardanos o último partido partido do campionato ligueiro na Medela despediremos ,a falta da copa ,esta campaña o domingo TABOADA CF -CD SANTABALLÉS
 

TABOADA CF 0 -SD MONTERROSO 4
30/04/17 el 30-04-2017, 20:43 (UTC)
 Comezou plácido o partido para os visitantes pois na primeira xogada de ataque e trás un saque de banda Lucas aproveitouse dunha falta de entendemento defensivo para facer o 0-1,min 2.Xogábanse moito eles,pois estan metidos na pugna polo ascenso nun man a man durísimo co Outeiro,e sairon enchufadísimos ,cunha forte presión por todo campo ;a xogada saiulles redonda. Case sen tempo nin para reaccionar ó primeiro gol un libre directo sobre a frontal no 11' lanzouno Fer ,desviouno Isma en primeira instancia pero repeleu contra pao esquerdo e entrou a carón do dereito ,sen que Alberto, que o intentou ,dese chegado ,0-2.Nós tamén saimos xogándonos moito,pois antes do inicio precisabamos un punto que nos garantise a salvación definitiva.Pero este segundo gol afondou o nerviosismo e a incomodidade local sobre o terreo de xogo(por certo hoxe un tapete inmaculado ,semellaba unha alfombra digna do fútbol profesional),pola contra asentou o xogo visitante que templou o partido con máis cabeza e màis pausado,soupo controlar a SD moi ben os tempos co marcador a favor .No 25 'Isma interviu con un paradón a disparo de Fer.Quixemos reaccionar e no 28 ´ foille anulado un gol a David Potente por fora de xogo previo.A pesar de non subir o marcador este gol espoleou o ánimo local e fixoo crer nas suas posibilidades.Un gran pase de Sesín no 40' estivo a piques de ser aproveitado por Ivi,detivo David con acerto.Pouco despois outro disparo lonxano de Fabio foise lambendo pao esquerdo de David.Eran os nosos mellores minutos cunha presión máis adiantada,estabamos a chegar moito.Non embargantes a última da primeira foi visitante logo dun córner,picouna ben Oscar Méndez pero o balón foise arriba.
A volta de vestiarios e con lixeiras variacións tácticas tentamos facernos co dominio do balón,pero quedamos expostos as perigosas contras montorrosinas.No 60' os locais reclamaron un penalti ó parecer moi claro sobre Diego Poyàn,que o colexiado non considerou tal.Ahí pareceu morrer o partido pois un Monterroso moi ordenado non fixo máis concesións atrás e o Taboada non encontrou vias de entrada nese entramado defensivo.O partido entrou nun dinámica negativa,semellaba ir a deriva,transcurriron moitos minutos moi monótonos,nos que non pasaba nada ,o que non era favorable os nosos intereses.Foi alén : nunha gran contra no 79' levada por Crespo acabou por cederlla a Hector que só tivo que empurrala.0-3.Era case a sentenza.Nos últimos minutos a pesar do marcador tan adverso tentamos inda buscala meta rival como equipo que nunca se rende e tivemos algunha ocasión máis.Unha de Jacobo nun franco directo que detivo David ;outra de Noé baixo paos que enviou fora;e voltamos a reclamar outro penalti seica moi nítido de David sobre Mosqui,pero que o colexiado tampouco considerou.Na última do encontro,no 93' outra contra visitante de Crespo ,inconmesurable o rapaz,con diferencia o mellor do partido,e que lla volveu ceder a un compañeiro esta vez a Loren que de novo só ten que empurrala 0-4.Xa non houbo nin saque de centro,así rematou.
A mellor nova do día foi que pola combinación de resultados do resto da xornada o Taboada CF alónxase definivamente do perigo do descenso por os posibles arrastres de Preferente,ó quedar xa a máis de seis puntos porriba da quinta praza por abaixo ,xusto a que poderia marcar o descenso.Matizamos que polo de agora só descenden confirmados as tres últimas prazas.
Xa cos deberes feitos afrontamos a penúltima xornada a semana que ven ,coa motivación de escalar algún posto na clasificación,nun novo desprazamento a Mariña ,o domingo AD VALADOURO-TABOADA CF.
 

SD CHANTADA B 1 -TABOADA CF 6
23/04/17 el 23-04-2017, 20:24 (UTC)
 Vistoso comezo de partido a pesar da calor abafante que recibiu os dous equipos no Sangoñedo.A pesar diso as primeiras ocasións non foron temperàs ,sobre o 15' un disparo lonxano de David Potente detivoo Alex moi seguro.Case a continuación na outra area despois dunha contra levada por Miràs ,este habilita a Xende que no man a man con Roi marra ou màis ben atina Roi desvaratando o remate.O ritmo foise aplacando coa fogaxe pero ningún dos equipos perdía de vista a meta rival.O tramo final da primeira foi prolífico ,daquela vironse os mellores minutos e a efectividade.No 35' Ivi despois dunha xogada individual e un bó chut desde dentro da àrea acadou o 0 1.No 40' semellaba que se poñían as cousas moi de cara para os visitantes: a centro de Noé ,Moski remataba de cabeza o fondo das maias.Nada màis lonxe da realidade pois os locais reaccionaron pronto ,e Miràs despois dunha contra que arrincaba en posición duvidosa ,cando menos moi protestada polo Taboada;o caso foi que Miràs de disparo cruzado e despois de golpear o balón no poste acadou o 1-2 no 43'.Rematou así a primeira sen ningunha incidencia máis.

No comezo da segunda reproduciuse un pouco final da primeira,un notable dominio por parte do Taboada na posesión que estivo a piques de verse reflictido no marcador ,primeiro despois dunha gran xogada e nun balón que paseou pola área sen encontrar rematador.E case a continuación un disparo de Sesín o longueiro,era o 56' .E tres despois penalti a prol do Taboada,protestaron o arrinque da xogada os locais por un posible fora de xogo.O penal claro lanzouno Ivi,1-3.O gol pesou como unha lousa nos locais pois non se deron recuoerado e no 62' no lanzamento dunha falta lateral Ibàn aproveitou a descolocación local pra facer de cabeza o 1-4 .Neste tramo o Taboada desarboraba a defensa local cunha presión adiantada e moi abafante consecuencia e refrexo foi o quinto gol ,roubo de Moski no 67' na frontal pra finalizar el mesmo.1-5.Xa foi moito o desequilibrio e apenas houbo encontro despois.Houbo tempo a ver un case golazo de Marcos que a colocou o balón na escadra e petou no traveseiro ,o balón rexeitado recolleuno Sesín que cun chut seco e forte fixo o 1-6,min 80. Xa non se viu mási ca o trancurrir dos minutos e o morrer do encontro.

O fin de semana que ven novo derbi transcendental ,esta vez na Medela .O o domingo TABOADA CF -SD MONTERROSO
 

TABOADA CF 3-SD BURELA 2
09/04/17 el 10-04-2017, 15:50 (UTC)
  Espectacular comezo de encontro no cal nas duas primeiras chegadas de ámbalas duas escadras chegaron dous caracois.O primeiro no 4' incursión de Moski por banda esquerda que centra sobre a cal ,Noé anticipase a marca e cancerbeiro e co lateral do borceguí empurra o fondo entre o poste e Simón ,1-0.Na primeira chegada dos visitantes no 6' dispara Moreda cun tiro cruzado despexa Roi en primeira instancia,pero o rexeite moi atento Jairo só ten que empurrala.O partido estaba frenético,no 13´ nova ocasión local,primeiro David Potente e logo e especialmente Ibàn despuxeron de senllas inmellorables para anotar.No 15' magnífica combinación por banda dereita do Taboada que culmina cunha internada de David Montes que centra sobre a liña,Fabio deixa pasar e Noé por detràs remacha o fondo das maias,2-1.O partido estaba a ser precioso.No tramo que continuou fúmonos facendo co control e exhibimos dos mellores minutos da tempada cun xogo preciosista,moi combinativo e aportándolle gran ritmo e velocidade ó encontro ,con moita chegada.Arredor da media hora tivemos ocasións moi claras de David Potente primeiro ,Noé despois con dous chuts os que respostou Simón con espectacularidade.No 37' un libre directo a noso prol puxoo Fabio na escadra onde topou as luvas atinadas de Simón de novo.O cancerbeiro estaba a ser o mellor dos mariñans.A pesar deste maior dominio chegouse o descanso co marcador reseñado.

A volta dos vestiarios reanudouse o encontro con maior equilibrio sobre o césped.Non estaba a acontecer nada pero nunha xogada illada no 56' un balón colgado en horizontal sobre a nosa àrea remachouno Jairo de cabeza o balón sobrepasou a Roi e caeu nos pés de Julio Cayón que empurrou libre de marca o fondo das maias.2-2.Fixenos despertar o seu gol e tratamos de volver levar a iniciativa,voltamos a chegar,tivemos novas ocasións ,de Noé,de Mos,un libre indirecto dentro da àrea que lanzou Pablo con moito perigo e que se foi a córner.Todo isto antes de chegar o cuarto de hora postreiro.O afán de conquerir os tres puntos fixo que sometésemos os mariñans a un acoso continuo neste tramo final,que non se via concretado ,con ocasións infructuosas.Co reloxo marcando os 45,inda que con seis de engadido chegou a xogada do partido,falta sobre Moski sobre a frontal,libre directo;o encargado de lanzado Ivi,que voltaba a disputar uns minutos despois dunha nova lesión.Coa sua habitual clase encargouse de executalo maxistralmente,por toda a escadra dereita de Simón que nada puido facer.Non acabou aí o partido pois os visitantes votáronse a desesperada ó ataque ,o resultado éra pra eles máis ca media condena.Reclamaron nos últimos intres unhas máns na área local,que non trouxeron repercusión ,o colexiado ou non apreciu voluntariadade ou nin considerou que as houbese.Desde a nosa posición non puidemos nin ver a acción.Foi a xogada de maior transcendencia do desconto .Sin tempo pra máis así rematou.Coa permanencia non conquerida matemáticamente pero cada vez máis cerca.

A semana que ven,outro dó transcendental ,senón xa definitivo ,nun novo derbi de rivalidade ,esta vez a domicilio: SD CHANTADA B-TABOADA CF.
 

<- Volver  1 ...  8  9  10 11  12  13  14 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis