TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 3-CD SAN CIPRIÁN 1
15/11/15 el 15-11-2015, 20:03 (UTC)
  Magnìficos primeiros minutos locais nos que desarboramos os mariñans con presiòn adiantada e ràpidas combinaciòns e transicciòns.O resultado :primeiro gol òs 8 minutos,fenomenal Jacobo no inicio da xogada,que continuou Ivi ata liña de fondo onde centrou pra rematar de xeito preciso e precioso Noé que batiu a Madariaga.Moi pouco despois no 15' ,xogada similar ,de novo esplèndido Jacobo no inicio ,cun balòn en largo pra Noè,que noutra acción espectacular vaise sobre liña de fondo do defensor e centra con pase da morte o punto de penalti donde aparece Fabio que fusila a Madariaga. 2-0.Non baixamos o acelerador e cun xogo hoxe moi efectivo e brilante ,no 30' noutra xogada preciosista Noè asistiu a Ivi que no man a man resolveu diante de Mada.Foi pena que tres minutos máis tarde nunha boa contra visitante Pablo resolvia diante de Roi 3-1. alodábase así un traballo inmaculado .No 40 'Ivi foise do cancerbeiro local pero un defensor sacou o balòn que se ia cara o gol.As cousas parecian torcerse cara o infortunio que tanto nos fai sofrir esta tempada no 42,cando o mesmo Ivi caia logo dun salto e mancábase no hombreiro , xa daquela semellaba de gravidade,como así foi:fractura de clavícula se lle diagnosticou .Asi co disgustazo fúmonos o descanso.
No inicio da segunda os visitantes estiráronse un pouco ,adiantando as suas liñas ,con todo as mellores foron nosas ,Noè despois de roubar un balòn tentou picarlla a Mada que estaba adiantado,o balón foise porriba do longueiro.Noutra posterior o propio Mada enviaba a córner un perigoso centro de Ibán.O resto da segunda tratamos e conseguimos de mantela boa orde defensiva ,non obstante os mariñans despuxeron dalgunha ocasión inmellorable como a de Poceiro no 67´ que incorporado ó ataque desde a sua posición de central rematou dentro da área pequena ,sacouna cos pés un providencial Roi.No tramo final do encontro fumos nós que poidemos sentenciar atá en tres oportunidades clarísimas , duas de Rubén (nos minutos 79 e 85) ,unha a porta baleira,e outra de Manuel tamén só baixo paos(minu. 90).Finalmente o marcador non se moveu e poidemos adicarlle a victoria a Ivi,a quen lle desexamos sobre todo unha pronta recuperación,Ánimo pequeno ,gran Ivi.
A semana que ven espéranos un transcendental encontro ,nun xa tradicional desprazamento o Acebreiro, o domingo 22 PASTORICENSE UNIÓN DEPORTIVA -TABOADA CLUB DE FÚTBOL
 

CHANTADA ATLÉTICO 0-TABOADA CF 0
08/11/15 el 08-11-2015, 19:20 (UTC)
  A pesar de non ser o primeiro enfrontamento entre ambos clubes si era o primeiro derbi en competición oficial .Nun partido de urxencias a deportividade foi a nota mais sobresainte entre contendentes amigos,irmáns e vellos coñecidos .

Intensos primeiros minutos cun xogo propio dun derbi no que os dous equipos necesitados de puntuar propoñian moita combinaciòn pero non exenta de loita e suor .Con todo as ocasiòns non abundaban e os atacantes incurriron na precipitaciòn a hora de definir.Na primeira parte quizais os locais fixeron màis mèritos na primeira media hora,nos ùltimos quince o Taboada estivo mais fino,pero non culminamos xogadas con acerto.O descanso chegouse coas tàboas no marcador.
Os segundos corenta e cinco foron máis movidos pero o esquema foi similar o Atletico de Rigui dominou mais nos primeiros intres e despuxo das mellores ocasións sobre todo en dous remates de Adri e Gomis tras duas xogada a balón parado e especialmente noutra boa xogada de Adri que culminou cun disparo a queimarroupa que solventou cun paradón Roi ,na que foi a accción máis espectacular do partido no 65´.No resto non sufrimos en esceso mantendo unha boa orde e contundencia defensiva .Nese tramo final se cabe fixémonos co control do medio campo e chegamos con perigo en dous disparos lonxanos de Ibán e Alex Ratón.O empate final non deixou satisfeitos a uns e outros pero sumar sempre é importante.
A semana que ven de novo partido moi importante na Medela ,o domingo 15,a as 16:15 TABOADA CF-CD SAN CIPRIÁN.
 

TABOADA CF 2-AD VALADOURO 0
31/10/15 el 01-11-2015, 17:49 (UTC)
 
Victoria liberadora,ainda màis ,ó mellor vital.Como dixo algùn de nòs,se perdemos imonos a pichoca.O mellor non era pra tanto,pero semellante xeira negativa fai dano psicolòxico,e acadar estes tres puntos evitan o estrago.Saimos moi metidos,con lecciòns ben aprendidas.A presiòn moi adiantada e abafante nos primeiros minutos trouxo inmediatas consecuencias : Os 3 minutos nunha ràpida xogada roubamos o balòn arriba ,o balòn caelle a Tara que resolve diante de Kiko.A xogada foi protestada polos visitantes que reclamaron fora de xogo;os colexiados non advertiròn posiciòn ilegal e o 1-0 subiu o marcador. O gol quitounos moitos dos nervos iniciais e serenou o noso xogo.Polo demais non cambiu a decoraciòn e seguimos coa mesma tensiòn inicial.Foron intres nos que encerramos ò rival,sen darlles opciòn en todas as liñas.Froito do mellor xogo chegou o segundo no minuto 13. Despois doutro balòn roubado moi arriba trenzouse unha boa combinaciòn entre un inspirado Tara e Diego Poyán que este soubo resolver hàbilmente dentro da àrea e diante de Kiko.Despois destes magnìficos 15 primeiros quince minutos ,case lòxicamente baixamos un pelìn o acelerador.Non nos acomodamos pero o ritmo baixou paulatinamente.O partido viase de cara,e os mariñáns estiveron apagados no primeiro tempo,tamèn por que estivemos moi serios atràs.Tivemos oportunidades pra matalo encontro no primeiro parcial ,en especial unha ocasiòn de Nico despois dunha boa xogada de Tara.Non sentenciamos pero non pasamos ningùn apuro.
A volta dos vestiarios houbo màis alernativas .Os visitantes estiráronse,adiantaron liñas e foron acercándose a nosa àrea.Tamèn deixaron màis ocos atràs o que permitiu que nos chegaramos en contragolpe e non sò en ataque estàtico .Levamos màis perigo a contra.Houbo ocasiòns nas duas àreas.Primeiro tivo unha Joao que disparoou alto.Despois foi Emilio pola nosa parte.Roi sacou unha boa luva a un franco de Cora.No 70' unha xogada clave ,despois dunha excelente xogada persoal Noè estrelaba o balòn no pao da porta de Kiko.Pudo ser a sentencia pero de aì pasouse a pasar un mal trago cinco minutos màis tarde,un penalti tan leve coma o mellor innecesario foi lanzado e errado por Joao.Tamèn foi chave,pois por un intre pareceron sementarse as dùvidas,pero segundos despois ao irse fora o balón soltouse a tensión .Aos mariñaos fíxolles dano marrar a opotunidade de recurtar e no treito final fumos superiores e poidemos anotar en xogadas de Noè que disparou cruzado e axustado o poste.E despois Ivi que tivoa sò diante de Kiko pero entregoulla as máns.
Non houbo màis.A semana que ven viviremos un reciente pero intenso derbi ,o domingo no Sangoñedo CHANTADA ATLÈTICO -TABOADA CF.
 

UD XOVE LAGO 3-TABOADA CF 1
25/10/15 el 25-10-2015, 21:31 (UTC)
 Victoría traballada dos locais que venceron pola sua maior efectividade de cara o gol nun encontro moi bonito e disputado.Os primeiros minutos foron moi intensos es os dous equipos competiron propoñendo moita presiòn.No 13´ contra moi ràpida dos locais,ainda que probablemente arrancada en fora de xogo e levada por Diego Chao que asiste perfecto a Juanjo Coello que fusila desde perto a Roi e acada o 1-0.Era a primeira ocasiòn local.Non nós alterou o gol e seguimos coa idea de dominar o balòn e o centro do campo.Pablo tivo unha boa ocasiòn nun libre directo no minuto 17.Os locais tentaban aproveitar a sua velocidade arriba.No 23' Fabio despuxo de outra boa ocasiòn nun disparo dende frontal que detivo Hugo moi seguro o lado do pao.No 30 ´Alex Meitìn despuxo dunha boa para os locais que sacou Roi cos pés.Ó minuto,na réplica , Fabio levou moito perigo nunha ràpida internada ,o seu centro rematouno Emilio con moito perigo,o balòn foise por encima do longueiro.Foron minutos de toma e daca.Cando semellaba que nos iamos a vestiarios con este marcador, un bò centro de Diego Chao foi rematado no segundo pao por Juanjo Coello que acadou o 2-0,inapelable ,era o minuto 44'.Asi se chegou o descanso.
Comezamos a segunda parte moi metidos ,presionando arriba e combinando moi ben.Reclamamos un penalti por un agarròn a Poyàn que o colexiado considerou inexistente.Estabamos a facer uns moi bos minutos dominando o centro.Unha gran xogada de Emilio culminou cun pase a Tara que definiu de cine diante de Hugo,era o 58', 2-1.O premio màis que merecido a actitude.Tres máis tarde no 61 o propio Tara tivo o empate nun còrner cun remate de cabeza que se foi lambendo o pao.Cando estabamos màis envorcados no ataque unha contra local foi culminada por Chile no 66´ definindo cun disparo cruzado , 3-1.No embargantes en ningùn intre nos descompuxemos e seguimos dando guerra ata o final buscando recurtar ,ofrecendo moito traballo e insisitindo decote no ataque. A máis clara no treito final : unha boa xogada de Joni culminouna Ibán que rematou contra o lateral da rede.A pelexa ata extenuaciòn non trouxo mellor resultado,pero todo chegarà.Vai chegar.con traballo e màis traballo.
Proxima estación : esperanza.A xornada que ven ,probablemente o sábado na casa ,A Medela TABOADA CF -AD VALADOURO.
 

TABOADA CF 1-CD SANTABALLÉS 2
18//10/15 el 18-10-2015, 20:10 (UTC)
 Non sucumbimos ó desánimo pero de novo a tenaza do desacougo contribuiu a privarnos do éxito .Non estabamos a xogar mal ,tampouco ben pero competiamos ben ,en igualdade cos visitantes nun partido que transcurria nunha tensa calma.O certo era pois que se palpaba o stress das últimas derrotas nos dous contendentes ,ámbolos dous necesitados de puntuar, Priorizabase non cometer erros e as ocasións eran máis ben escasas .Chegados o minuto 41 no intento por despexar un balón Pablo tivo a mala fortuna de introducilo na nosa porteria e adiantar os de Santaballa.Só tres minutos despois na mellor xogada do Santaballés na primeira parte Dani culminaba un contragolpe cun disparo cruzado e batia de novo a Roi e poñia o 0-2 no marcador .
Na segunda parte a mellor nova foi que o equipo ferido no orgullo en ningún momento se entregou e a sua reacción ten que facernos crer en sair a frote.Tentamos unha e outra vez envorvarnos na porteria defendida por Adrián . Corremos tamén moitos riscos conforme ian pasando os minutos.O premio a fé chegou no minuto 75 .cun golazo de Alex Ratón desde fora da área ,nunha volea que se colou na escadra esquerda de Adrían .Seguimos despois tentandoo na procura do empate e cada minuto arriscando máis o que propiciou que sobre todo nos últimos cinco os visitantes tiveran a mellor ocasión nunha contra que solventou un enorme Roi cun tremendo paradón.O final non chegou o empate pero tentar reccionar deste xeito ten que ser unha porta a esperanza .A fé neste equipo nunca se perde.
A semana que ven toca desprazarse a costa ,o domingo UD XOVE LAGO-TABOADA CF
 

SD MUIMENTA 2- TABOADA CF 0
10/10/15 el 11-10-2015, 15:14 (UTC)
 Empezaron fortes os locais con mais posesiòn e con dous acercamentos perigosos nos primeiros intres,solventados pola defensa visitante sen maoires atrancos.Co paso dos minutos foise equilibrando o dominio no centro do medio e fumos aparecendo en ataque ,no minuto 15 Emilio despois dunha boa xogada de Noé,disparou cruzado e colocado a altura da cruzeta pero fora,No 20' boa xogada de Ivi,que consegue salvar o gardavallas local e cederlla a Pablito que a porta baleira dispara pero Marcos evita que entre enviándoa a córner.Ata o descanso o partido estivo cheo de forza e loita pero transcurriu sen máis sobresaltos e ocasións claras.
Ao pouco de iniciarse a segunda os locais adiantáronse no marcador logo de rematar Paz un córner de cabeza no primeiro pao.Na xogada seguinte pudo empatar Emilio despois dun forte chut que detivo Ivo.
No 50´ os locais despuxeron doutra gran ocasión con outro remate de cabeza que Mincha estrela no longueiro.No 68'Noè tivo a opurtunidade de recurtar pero o balòn foise lambendo o poste.Foi a mellor ocasiòn do treito final,nos que tentamos buscar a desesperada un mellor resultado,diante dun equipo local que se posicionou ben na defensa do mesmo.Non foi posible de novo.
A semana que ven nova oportunidade pra rexurdir,o domingo 17 na Medela TABOADA CF -CD SANTABALLÉS
 

<- Volver  1 ...  18  19  20 21  22  23  24 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis