|
Victoria importantísima nun derbi que quizais non foi visualmente moi vistoso pero que tivo tódolos ingredentes para consideralo un partidazo.Foi un encontro con moita loita,emoción,paixón, polémica,con cerca de setecentos espectadores no graderio do Sangoñedo e o mellor:con exquisita deportividade dentro e fora do campo. A victoria a domicilio do Taboada CF o mellor merecida,foi tamén moi sofrida e non se xestou ata o último suspiro,nun campo complicadísimo e fronte a un rival fisicamente do mellor da categoría.Merecida foi por qué defensivamente raiamos a unha grande altura prácticamente sin cometer erro ningún e en ataque cremos que fumos quen máis chegamos e máis quixemos xogar o balón fronte a unha SD que propón un xogo mais directo e ainda que é temible a balón parado e no xogo áreo,soupemos paralos en todo momento.Nos empezamos máis enchufados e asentados no terreo de xogo,tentando dominala posesión aproximámonos con perigo,ainda que as primeiras finalizacións foron en disparos desde fora da área de Moski,que non lle causou moito trastorno a Guitián e outro de Rios que xa levaba máis marchamo de gol.Os locais non chegaron a nosa área ata que no 24Žo árbitro sinalou un penalty discutido pola nosa banda,pois reclamabáselle a falta, de habela, coma fora da área.O lanzamentou correu a cargo de Manu,que anotou o 1-0.Lonxe de diminuir o a nosa concepción futbolística ,o gol do Chantada espoleounos e non tardamos en igualar a contenda na nosa mellor xogada ,no 29Ž,que finalizou nun pase a Moski que se vai por velocidade de Josiño e no man a man con Guiti bateo por baixo.Logo si,baixámola intensidade física ata o descanso e contemporizámolo un pouco o xogo.Con todo tivemos unha clara ocasión antes do mesmo de irmos con vantaxa, a saida dun córner Basán enviouna porriba da cruceta por ren.Trala reanudación o envite foi máis de ida e volta e as ocasións mais claras foron na mellor xogada da SD Chantada cando se iá Adrí da defensa e se quedaba só de diante de Roi o balón quedouselle atrás, e outro discutido penalti esta vez a noso favor ,onde se reclamou por parte local que a falta dentro da área sobre Moski non existira (ámbalas duas decisións estan suxeitas a subxetividade arbitral e polo tanto non poden considerarse erros).O penalti lanzouno Guerreiro e parouno Guitían.Co tempo cumprido ,xa no desconto un balón a área é controlado por Póyan que se saca un centro sobre a liña que e rematado por Dani Rios de cabeza nun escorzo inverosímil que foi imparable pra Guiti.1-2. A próxima fin de semana outro partido vital en outro partido de rivalidade comarcal apaixoante TABOADA CF -CLUB LEMOS
| | |
|