TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 1-PASTORICENSE UD 1
03/04/16 el 03-04-2016, 20:39 (UTC)
 Poderíase calificar o encontro de hoxe de transcendental .Ainda que quedan moitos puntos por disputar os partidos na casa nestes treito final adquiren unha importancia decisiva.O encontro comezou moi parello,contra un equipo sempre competitivo e moi físico como son os da Pastoriza.Nós tentando pemanecer fieis o xogo de toque e ataque .No primeiro cuarto de hora non houbo ocasións ,primando a pugna por facerse co dominio no medio campo.Desatou as hostilidades Ratón cun disparo lonxano que atrapou o porteiro visitante Casillas .Un só minuto despois gran apertura de Ratón pra banda e xogadón de Ibân,que zigzageou ata liña de fondo onde asistou a Noé,que só na área pequena enviu arriba lambendo o balón o longueiro.Gran ocasión marrada.O primeiro acercamento perigoso visitante no 34' unha falta escorada a esquerda que se estrelou no lateral das redes xunto o primeiro pao.No 42' boa combinación entre Noé e Marcos que este resolveu cun gran disparo que sacou Casillas da escadra cun tremendo paradón.No córner subseguinte Pablo e Noé tentaron remachar pero Casillas voltou estar atinadísimo.Sen outra cousa que comentar concluiu a primeira metade.
Xa no inicio da segunda saimos moi enchufados.No primeiro minuto Noé despuxo doutra ocasión inmellorable,cun sútil remate o balón rascou poste dereito da meta de Casillas.Sò outro minuto màis tarde o mesmo Noé enchufadísimo, estivo a piques de acadar outra ocasión propicia despois de roubarlle balón ó meta,pero escourouse en demasía, e ainda que a porta estaba baldeira non chegou a rematar con tino .No 55' foron os visitantes quen avisaron do seu perigo logo dun balón perdido na medular por Poyàn ,Rubén foi quen se fixo co esférico,e disparou cruzado sobre a frontal,foise a pelota fora por pouco.Foi o preludio ó 0-1;este tivo lugar logo dunha falta lateral no 56' Roi mediu mal na saida e non deu atallado o balón, caeulle este a Iago Ares que só tivo que empurrala o fondo das maias.Era gol froito da sua mellor arma : a xogada de estratexia, aproveintando a súa maior envergadura.Os visitantes co marcador a favor xogaron màis cómodos,ainda que co paso dos minutos fúmolos encerrando atràs e meténdolle cada vez máis intensidade o ritmo de xogo.No 70' Noé volveu estar hàbil na recuperación ,e na definición voltou estrelar o balón no lateral da rede.David Potente,no 76', logo dunha combinación con Alex,disparou sobre a frontal ,o balón foise arriba.Só dous despois volveuno intentar do mesmo xeito,esta vez por abaixo.atallou Casillas.Os últimos minutos foron de acoso e derrubo por parte local,faltaba o premio.Houbo que sufrir ata o final,No 89' despois dunha xogada combinativa por banda esquerda culminouse cun centro o punto de penalti, por alí apareceu Ivi,que fusilou a Casillas sen piedade e conseguia un tanto que premiaba non só o gran traballo do equipo,senón tamén todos estes meses de sufrimento persoal,pois reaparecia hoxe despois da súa fractura de clavícula e finalizaba deste xeito todo o seu calvario.Seguimos buscando nos minutos de desconto un botín meirande,e o mellor màis xusto,pero non tivemos máis oportunidades claras.
A semana que ven agárdanos un especial derbi comarcal,no que non partimos de favoritos ,diante dun dos equipos sobranceiros da categoría,pero os partidos hai que xogalos e tentaremos dar a campanada.O domingo ATLÉTICO ESCAIRÓN -TABOADA CF.
 

CD SAN CIPRIÁN 4-TABOADA CF 1
20/03/16 el 20-03-2016, 21:20 (UTC)
  Era un partido o que chegabamos co listón moi alto despois dunha gran xeira de resultados e enfrontabámonos a un rival moi necesitado ,que se xogaba case o ser ou non ser .Estes factores marcaron un pouco o devir do encontro ,pois a imperiosa necesidade dos locais acabou por imporse a nosa tenacidade por escalar na táboa a pasos axigantados,pesou máis a sua presión.Tamén influiu que a pesar dexogar no primeiro tempo co vento a prol,este favoreceu máis o xogo e plantexamento local,os nosos balóns cara arriba íanse empurrados polo ar,os deles collian a pausa necesaria pra ser controlados e ser xogados con máis precisión. Os locais souperon adaptarse mellor as circunstancias.
Despois duns minutos iniciais nos que dominamos a posesión e nos acercamoscon perigo pero sin ter un ocasión manifesta,agàs un franco directo de Fabio,os locais nunha contra que partia dunha posición duvidosa tiveron unha inmellorable de Borja Mella que só diante de Roi,marrou o disparo.No 18'outra contra local esta completamente legal culminouna Diego ,que con moita velocidade foise entre a nosa defensa,qebrou a Roi e anotou o 1-0.O gol local fixo que perderamos por completo a confianza inicial,e asentou o xogo e dominio local que apartir de entón tivo uns intres nos que nos derbordou.No 30'outra contra fulgurante volveuna culminar do mesmo xeito Diego,que volveu batir a Roi despois de regatealo.2-0.So dous minutos despois Antón fixose cun balón sobre a frontal e cun preciso chut colouna na nosa porteria,un fermoso gol que convertía o partido nun pesadelo.O mellor que nos podia pasar era que chegase canto antes o descanso.Así foi,chegou sen máis sobresaltos.
No segundo tempo e despois dunha serie de cambios tácticos voltamos enchufarnos no partido a pesar de que a desvantaxe era moi grande e espoñendonos as contras locais e o vento en contra.Podemos comprobarque realmente era máis fácil xogar nesta ocasión coa ventisca procedente do Cantábrico en contra e a imaxe foi moi distinta a base de fé e coraxe volcámonos sobre a porta de Madariaga.Pero outra contra local no 60' culminouna de novo Diego cunha sútil vaselina sobre Roi,4-0.Foi un golpe demasiado duro que facía inútil toda resistencia.Con todo o afàn de por lo menos igualar o gol average particular fixo que non baixarámolos brazos,e continuamos achuchando o marco rival.Asi conquerimos o 4-1 obra de Tara no 79' logo dunha falta lateral sacada por Ratón,espoleounos o gol e envorcámonos sobre a meta de Mada .Nos últimos minutos o propio Tara tivo nas suas botas ese gol que podería ter a sua importancia o final de tempada.Tamén Ratón nun libre directo,pero o arreón final non foi suficiente e o marcador non se moveu.
O pròximo partido xa despois do parón de Semana Santa antóxase decisivo e disputarase o 2 de Abril na Medela TABOADA CF-PASTORICENSE UD
 

TABOADA CF 2 -CHANTADA ATLÉTICO 0
12/03/16 el 12-03-2016, 20:37 (UTC)
  Partido vital pra ámbolos dous equipos e que xa desde o principio se presentou moi aberto,con continuas idas e vidas de duas escadras con vocación ofensiva.Ó pouco de comezar a zaga visitante cometeu un claro penalti sobre Diego Poyàn.Encargouse de lanzalo e transformalo Pablo,tan axustado o pao que bateu nel antes de entrar, corría o minuto 14 ,1-0.Pouco despois no 19' enorme xogada de Noé que culmina cun forte chut que salva Alex Moure cun paradón.Dous despois Poyàn vendo adiantado o cancerbeiro altlético probou fortuna pero o balón marchou lambendo o traveseiro.Estabamos a dominar moi ben plantados no campo.O Atlético non se arredou e tentouno moito en balóns colgados sobre todo a Gomis e Adri.O partido continuou con moita disputa e intensidade.O partido sobre o minuto 35 durmiuse coa lesión fortuida de Gomis,nun salto con Roi ,e o xogador do Atlético ,con conmoción ,tivo que ser evacuado en ambulancia.Houbo uns intres de preocupación e incertidume .Os chantadinos desconcentráronse e perderon un pouco a posición,nós tampouco estivemos atinados neste minutos finais do primeiro tempo e non soupemos dar coa tecla .
A volta de vestiarios a situación mantivo unha liña similar nos primeiros minutos ,Nós mellor posicionados.Os visitantes màis incomodos.Aí si que soupemos ler o partido.No 53' un atentísimo Emilio rouboulle un balón na liña de tres cuartos a Aitor,e chutou axustadisimo ó pao conquerindo o o 2-0,un auténtico golazo.Os de Rigui a partir de entón tentaron reaccionar e trataron de arriscar cunha forte presión.Nos asentados atràs respostamos cun contundencia,e durante moito tempo houbo que correr pero non pasamos apuros.No tramo final Ibàn tivo unha gran ocasión tras unha falta lateral,o seu remate de cabeza saiu lambendo o pao.Logo Roi tivo que sacar duas moi boas máns en duas grandes paradas a senllos disparos de Dani e Fran,Foron as mellores ocasións dos chantadinos.Ratón tivo a última do partido logo dunha gran xogada de Marcos por banda dereita ,o balón daquel foise fora por nada.Non houbo máis .Macanuda non, o seguinte, caralluda foi a victoria de hoxe.
Incrible a xeira do equipo ,que se ben non nos redime ainda do perigo,é de louvar o traballo encomiable , o espíritu e a fé do grupo que nos fixeron conquerir 15 dos últimos 18 puntos.e que nos fan soñar e sentirnos orgullosos quizais coma nunca desta nosa xentiña.Bravísimo pequenos.
A semana que ven outro desprazamento a costa , o domingo senón hai novedade, CD SAN CIPRIÁN -TABOADA CF.
 

AD VALADOURO 0 -TABOADA CF 1
06/03/16 el 06-03-2016, 20:38 (UTC)
 Partido transcendental diante dun rival directo disputado no Campo do Àrbol no Valadouro.Os primeiros minutos foron electrizantes ,disputados cunha alta tensión competitiva.Os locais tratando de empurrar moito arriba,nós saindo con moita velocidade nas transiccións.A primeira clara foi local a saida dun córner que sacou Juanjo Potente baixo paos con Roi batido.Antes dos dez xa nos sacudiramos o dominio local,e estabamos a facermonos coa posesión.Pero o partido mantiñase moi igualado con presións abafantes por parte dos dous contendentes,sin ocasións claras .Intuíase que podia penalizar calquer erro,ou ser defisiva unha acción individual.A media hora un centro-chut de Luis Varela foise cerrando e acabou sendo repelido polo longueiro.No 35´ unha gran xogada individual de Noé culminouna cun forte chut que se foi lambendo o traveseiro.No 43' un erro no saque de porta de Kiko estivo a piques de custarlle caro, recolleu o balón Noé que quixo levantalo e picarllo porriba,pero o meta enmedouse atrapando o balón. Asi nos fumos o intermedio sin máis sobresaltos.
O segundo tempo semellaba comezar un pouco màis insulso ,con menos ritmo.Pero no 53' unha enorme pelexa de Fabricio na medular conlevou a roubar o balón ó seu par,prolongou pra Emilio que correu en paralelo a banda chegando co balón a liña de fondo donde centro o punto de penal ,por donde aparecia Fabio que coa testa remachou o fondo das redes, 0-1.O gol o mellor premiaba o noso xogo máis equilibrado e sempre combinativo fronte o xogo mais vigoroso e a arreóns dos locais.No que continuou solidificouse a nosa posesión e desfrutamos dos mellores minutos.Fabio pudo conquerir o segundo cun lanzamento moi lonxano no que Kiko estaba adiantado,pero o balón foise fora.No 69' outro roubo de Emilio propiciou outra gran ocasión que se foi lambendo a cepa do pao.Os locais estaban a tentar apretar correndo moitos riscos atràs.Nos estabamos amosar firmeza atràs.A expulsión do local Pedro parecia facilitar o traballo,pero houbo que pelexar moito.Os últimos minutos foron moi broncos,o que levou a decretar o colexiado as expulsión de Pedro por agresión a Jacobo no 76´e Carlos no 85´ por protestar ostensiblemente .Con todo tamén se viu fútbol neses minutos e cos locais a desesperada ,estes gozaron dunha boa ocasión cando ainda xogaban con dez no 83´nos pes de Cayón pero Roi estivo moi atinado a despexalo balón .Tamén puido Tara sentencialo partido no 87´cando tivo unha boa ocasión que detivo o meta Kiko.
A semana que ven outro partido transcendental na loita pola salvación , un agardado derbi adiantado ó sábado por mor da Feira do Viño ,ás 17:00 horas na Medela TABOADA CF -ATL CHANTADA.
 

TABOADA CF 2 - UD XOVELAGO 1
28/02/16 el 28-02-2016, 20:30 (UTC)
  Partido o de hoxe outra vez decisivo na loita pola salvación,cando en cada partido nos xogamos tres puntos vitais.Comezamos os dous equipos con moita intensidade.Nos primeiros minutos chegamos ata en tres ocasións un pouco febles que non demos finalizado.Os visitantes nunha contra levaron máis perigo pero a culminación de Coello cun disparo cruzado tamén foi frouxa.No 15' Jacobo si puxo en apuros a Hugo tras unha xogada individual,o seu disparo deteuno o gardavallas tras dous intentos por atrapala.Fabricio no 20´ tamén probou a Hugo cun disparo desde a frontal.No 24' unha contra do visitante Borja culminouna cun centro que se paseou por liña de gol.Un minuto despois unha falta na medular votada por Jaco rematouna Pablo de testa, detivo Hugo pegado o poste.Despois do derroche inicial houbo un pequeno baixón na intensidade,con transiccións mais lentas e sen acercamentos de perigo.Asi se chegou o descanso sen nada máis que reseñar.
A volta dos vestiarios volveuse coller o puntiño da intensidade e disputa con moita mási velocidade a pesar de como se foi poñendo de pesado o terreo de xogo,pero nos primeros compases faltaba precisión , no pase e na definición.Ata que Noé no 53 engachou un zapatazo dende a frontal que entrou pegado o pao,precioso o gol.1-0. Foi un subidón que fixo que saira a relucir o mellor do noso xogo .Só uns intres despois e de xeito case consecutivo Ibàn tivo duas ocasións ,un disparo que desviou a córner Hugo ,e no lanzamento deste cun remate de cabeza.Pasamos logo cunha fase de dominio local,que con bó xogo ofensivo contivemos calquer amago de reacción visitante.No 68' outra doble ocasión consecutiva na que primeiro Poyàn xirándose na área pequecha remachou a queimarroupa,o rexeite de Hugo voltouno rematar Pablo,desta volta o balón foise arriba.No 72 ' unha boa contra levada por Poyàn e Noé,rematouna Fabio de cabeza ,o balón foise lambendo longueiro.No 81' falta lateral que saca Ratón templando pra que remate Poyàn outra vez a rompela, sacou Hugo a córner cun paradón extratosférico.No lanzamento deste por parte de Fabio ,Emilio conecta un testarazo impresionante que entra pola escadra do segundo pao,2-0.O gol fixo xustiza a un gran segundo tempo pola nosa parte.soberbia a media hora final.O único lunar no último suspiro no 91´ producido trala rigurosa expulsión de Pablo tras unha falta e unha trifulca posterior ,logo do lanzamento daquela os visitantes acadaron o seu gol ó rematar Moya desde case liña de gol ó centro de Alex Meitín . foi o 2-1 definitivo .Logo ainda que nos entraron os nervos no que quedaba de alargue e non sufrimos máis xogadas en contra.O premio de hoxe non só foron os tres puntos ,tamén foi o pulo que nos ten que darnos vernos na mellor posición clasificatoria da tempada.Ainda que estamos moitos equipos en moi poucos puntos ,temos que vernos capaces de loitar ata o últimos intre.
Pra semana, ainda que agora tódolos partidos non sendo auténticas finais son moi transcendentes , disputaremos un encontro que pode marcar moito o noso futuro no campo do Árbol AD VALADOURO -TABOADA CF.
 

CD SANTABALLÉS 2-TABOADA CF 0
21/02/16 el 21-02-2016, 19:46 (UTC)
 Tarde primaveral que en nada lembraba a da semana pasada.O encontro sen embargo discorreu nun principio por parámetros similares a aquel ,intensidade e disputas con duas propostas de fútbol semellantes que conlevou a presenza dos dous equipos en ataque pero a diferenza e aquel faltou mordente ofensiva.Nos primeiros intres fóronse impoñendo as defensas,moi seguras e sen contemplacións. As ocasións por tanto foron escasas e sen moito perigo por lo menos ata primeira hora,cando vimos dous disparos consecutivos un local de Verez,outro visitante por parte de David Potente,con intención àmbolos dous pero non ben dirixidos en última instancia.Ata o descanso pouco máis que reseñar que unha falta sobre a frontal que sacou Ratón con moita intención pero saiuse perto do poste dereio de Adriàn.Acabou primando ata o fin dos corenta e cinco primeiros un exceso de mediocampismo e con pouca profundidade .
No inicio da segunda continuou o partido sen ter un domiñador claro,pero os locais tiveron un par de ocasións nos pés de Verez,a primeira tras unha boa xogada de Iago,o remate chapouno Roi,a segunda tras unha perda nosa que estivo a piques de sorprendernos,salvou Juanjo baixo paos.Estas duas ocasións sementaron dúvidas nos visitantes,e quizais recuamos un pouco.No 16' da segunda un zapatazo desde a frontal de Dani petou nun defensor noso ,o suficiente pra desviala traxectoria e despitar a Roi,que nada pudo facer pra evitalo gol ,1-0.Quixemos repormonos pronto,e logo dunha boa xogada de Tara un bo lanzamento de Poyàn foise perto da cruzeta.Despois unha xogada entre Fabri e Noé culminouna este cun chut que se foi alto.No 74' Iago non aproveitou unha falta de entendemento defensivo noso,pero solventouno un minuto despois cunha moi boa xogada por banda dereita que culminou cun gran disparo cruzado que significou o 2-0. No último treito buscamos con tesón un gol que nos metese no partido ,con máis corazón ca cabeza ,e Poyán tivo unha moi boa ocasión tras unha xogada de Tara ,aquel controlou e virouse ben na área pequena pero en lugar de de disparar cedeulla a Marcos que disparou arriba.Non as tivemos moito máis claras no que quedaba .Foi definitiva a pegada e fortuna local,neses vinte minutos da segunda metade ,entre gol e gol ,que os fixeron merecentes da victoria.Nada que obxetar.
A semana que ven toca afrontar outro gran reto esta volta na casa diante dun equipo punteiro ,o domingo TABOADA CF-UD XOVE LAGO.
 

<- Volver  1 ...  15  16  17 18  19  20  21 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis