TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 1-SD ANTAS 2
03/10/15 el 04-10-2015, 18:47 (UTC)
  Presumíase un derbi de urxencias de dous equipos que necesitaban resarcirse dos últimos resultados. Empezou o partido cun lixeiro dominio local que se plasmou en senllos disparos de Emilio , un foise alto e o outro sacouno un defensor. O terceiro remate foi tras un falta lateral ben templada por Pablito e de cabeza no segundo pao Ibán paseuna por a liña de porta.No 15' a primeira visitante un balón perdido no medio conlevou unha contra de Costa,que disparou cruzado.No vinte un disparo de Ivi sobre a frontal pegou nun defensor e foise lambendo a cruzeta .Dous despois Emilio puxo a proba a Pallares que se manteu firme.No 28 boa xogada de Fabio por banda esquerda que pasa a Noè que desde vertice da area bateu a Pallares polo primeiro pao.Contestou o Antas cun remate de cabeza de Costa no 33 ´que levou o empate o marcador 1-1.Tralo gol os visitantes amosáronse mais cómodos e mais atrevidos,con todo nos ùltimos minutos apretamos un chisco pero o marcador non se moveu e marchouse así a vestiarios.
O segundo tempo comezou cunha gran ocasion de Dabouza que logo dunha gran xogada chutou e o balon petou no longueiro.No 60' boa ocasión nos pes de Noè,tras xogada colectiva ,detivo seguro Pallares.No 65 ' boa xogada colectiva do Antas que è culminada por Guerriro que bate a Roi ,1-2.
Despois a pesar de que o tentamos non tivemos capacidade de reacciòn e os visitantes defendendendo con orde e colocación obtiveron tres puntos meritorios.
O fin de semana que ven toca tratar de reaccionar nun novo desprazamento,esta vez á Terra Chá,no campo do Pichón SD MUIMENTA - TABOADA CF
 

SCD RESIDENCIA 6-TABOADA CF 1
27/09/15 el 27-09-2015, 19:12 (UTC)
 

Primeiros minutos moi intensos nos saimos moi ben colocados e nos que os locais con todo tiveron a primeira ocasión logo dun despexe de Roi que Rober quixo aproveitar vendoo adiantado pero faltoulle precisión. O partido estaba a ser de ida e volta .Os locais volveron ter outra no minuto 15 nunha contra de Mauro que con moita intención quixo picarlla a Roi pero este estivo moi atinado.Despois tivemos uns intres nos que sacamos un par de xogadas a balón parado que non tiveron consecuencias.No 20' Tara moi ben asistido por Ivi despuxo dunha clara ocasión que detivo Diego Bravos. No 23 foi Fabio que puxo en apretos ó cancerbeiro local que volveu intervir con acerto.No 33 ´tivemos a mellor ocasión nas botas de Emilio pero de novo Diego desviou coas luvas.A continuación Robertito tivo un libre directo que se foi alto. En definitiva foi un primeiro tempo no que amosamos un gran traballo diante dun moi bó equipo e no que o mellor merecemos sin lugar a dúvidas algo máis .
A volta dos vestiarios encontrámonos pronto cun xarro de auga fria,nunha xogada illada por banda Carlitos sacouse un centro que rematou Mauro de cabeza no segundo pao e Roi non deu chegado,1-0.era o minuto 49.No saque de centro Tara pudo empatar cun tremate que se foi perto do pao esquerdo.Pero nunha nova contra no minuto 56 Adrían Rasilla desfíxose de Roi e batiuno 2- 0. Só un minuto despois,no 57 recurtou Ivi cun disparo desde fora da área axustado o pao,un fermosísimo gol 2-1..Despois destes minutos pletoricos viñeron uns intres de ataques continuos con ocasións nas duas áreas.Este toma e daca pra nada nos beneficou .No 69´ contra local e control xenial de Mauro que lla deixa franca a Dani Galán que salva con traquilidade a Roi,o balón parecia que se iba pero deu co poste e entrou,3-1.Este tanto fixonos moitísimo dano,quixémonos erguer pero deixamos moitos espazos .
Co Taboada envorcado os locais empezaron xogar a prazer,facéndose co dominio do medio campo topando moitos ocos o contragolpe e así Mauro sentenciou nunha nova contra rápida no 78´. Sin posibilidade de ter opción algunha e desarborados por os locais 82´ Borja Rasilla facia o 5-1 no enésimo contragolpe.No 85´ Mauro de novo finalizando un contragolpe infrixíaanos o 6-1 que convertia a derrota en dolorosa,En realidade non pode pasar máis ala dos tres puntos.Toca levantarse remoela o xusto,dixerila correctamente e roela bola na próxima.Seguinte enfrontamento que será na casa ,na Medela o domingo que ven novo derbi TABOADA CF -SD ANTAS.
 

TABOADA CF 1-SD MONTERROSO 2
dj algo el 20-09-2015, 20:21 (UTC)
  Primeiros intres propios dun derbi nos comezos de tempada:intensidade, moito ritmo e continuas idas e vidas pero sin ocasións claras.No minuto 17 unha falta lateral foi tocada por Ibán que na tentativa de despexar introduciu balón en propia meta.Este gol desafortunado fixo medrar os visitantes moralmente e fixoos crer nas súas posibilidades, asi estiveron con máis fluidez. E nos quixemos reaccionar e tentamos sair con máis intención de cara o ataque pero fallábanos a precisión no pase e no remate.Chegamos un par veces con disparos lonxanos de Fabio e Ratón .Os visitantes non perderon colocación e nunha contra no 33´ Hector fixo o segundo despois dun rexeite de Roi ,que intervira cun paradón pero nada pudo facer este segundo remate 0-2 .Foi un duro golpe pero tentamos reaccionar pra recurtar antes do descanso ,pero só tivemos opcións desde a media distancia con disparo desde a media distancia sobre a frontal da área en senllos remates de Ratón ,que se foi a altura da cruceta e Jacobo que disparou alto nun franco directo.

Comezamos mellor a segunda con dous disparos con moito perigo de Pablito e de Ivi.O do segundo sacouno con moito tino Rubén.Encendeu os animos Alex Rodríguez cunha boa xogada individual o remate desviouno de novo Rubén a córner.Nese intre atacabamos con moita intensidade.Tivemos o premio na búsqueda do gol no 66´a saida dun córner que rematou Ibán de contundente testarazo, 1- 2.O gol meteunos de cheo no partido.Metemos moita presión pero quizais pecamos de ansiedade e precipitación.A Sd defendeu aplicando oficio.Tivemos o empate nos últimos intres nun remate ó que chegaban sin marca Tara e Potente,o remate deste foise fora.
A semana que ven desprazámonos a capital pra medirnos a un recén descendido de Preferente,un serio aspirante ó título ,o domingo SCD RESIDENCIA -TABOADA CF.
 

TABOADA CF 2-SD BECERREÁ 1
dj algo el 13-09-2015, 21:12 (UTC)
 Empezamos moi enchufados,con presion adiantada e xogo combinativo .Os dous minutos,Pablo despuxo dunha ocasión inmellorable a saida dun córner,o seu remate de cabeza saiu moi preto do pao esquerdo.No minuto seis unha boa xogada colectiva culminou nunha volea de Noé,que nin Marcos nin Tara deron rematado.Contestou o Becerreá nun córner que Iñaqui rematou o lateral da rede.No 15' Nico tamén rematou con perigo unha falta lateral botada por Ivi.No 17 Pablo do mesmo xeito remtou outra falta botada igual e batiu a Nicandro cun testarazo de libro .1-0.No 22' outra gran xogada colectiva entre Marcos,Tara e Ivi,rematouna este último e Nicandro sacouna cun paradon.No 42, Tara tivo unha inmellorabe ocasión cun disparo desde a frontal o disparo foise rente o pao .Na última xogada do primeiro tempo produciuse unha nova e lamentable grave lesion de Marcos.O fútbol case deixaba de ter importancia ,de novo so cabe ter fé na sua fortaleza mental pra sair adiante.
A volta dos vestiarios saimos un pouco tocados moralmente , e os visitantes se cadra intuindo esa debilidade aproveitaron unha contra de Jesu que se foi de Roi e centrou pra que Buján marcara a prazer.Con todo sobrepuxemonos e de novo cun gran xogo renacemos pra reivindicarnos,e Ivi, tras un gran pase de Pablito ,tivoa nos pes só diante de Nica levantoulla pero foise porriba do longueiro.No 60 ´ foille anulado un gol a Noé,por fora de xogo previo.No 71´ nunha contra Ivi pudo pornos por diante,pero sacouna Nicandro en ultima instancia.No 75 Iban a saida dun corner estrelou o balon no longueiro.Dous mais tarde Fabio culminaba outra boa xogada de equipo e poñia o 2-1 ,que facia un pouco de xustiza a maior intensidade e mellor trato do balón .No treito final os visitantes trataron de chegar pola vía rápida ,pero mostramos moito orde defensivo e a penas nos inquedaron ,nos non embargantes poidemos sentenciar en duas contras finalizadas por Pablito,a segunda moi clara xa no minuto 89.Con todo foi una victoria amarga e agardamos que as probas médicas indiquen unha gravidade menor .Como a vida non para emplazámonos a tentar adicarlle a victoria no próximo derbi do domingo 20,feira en Taboada ,outra vez na Medela ,un clásico :TABOADA CF -SD MONTERROSO
 

SD Burela 4-Taboada CF 1
PBV el 06-09-2015, 22:12 (UTC)
  06/09/15
SD BURELA 4-TABOADA CF 1
Resultado moi enganoso polo abultado do marcador,e tamén moi inxusto.O exceso fíxose innecesario nos últimos instantes cando estabámos envorvados na procura do empate. Ata o segundo gol local de feito fumos mellores que eles,en canto a dominio do xogo e de ocasións.Un dominio baseado nunha presión adiantada e moito fútbol control con superioridade no medio campo,asi saltamos xa desde o primeiro minuto tratando de buscala meta de Simón e nin o primeiro e temperán gol local no minuto 7 nos intimidou .A acción veu logo dunha contra coa boa carreira de Carri que acabou centrando o punto de penalti onde Manolo fusilou a Roi.Non cambiamos o estilo e seguimos a dominar e empezaron a chegar as nosas ocasións claras.No 19 ´ Nico puido empatar a saida dun córner pero Simón cun paradón sacou a córner.No 21´ Marcos logo dun libre indirecto tamén puxo en apuros ó cancerbeiro local.No 23´despois dunha boa xogada colectiva Noé rematou de cabeza e o balón foise moi preto do pao. Despois no 38 ´os locais voltaron ter unha clara ,logo dun libre indirecto que Runi estrelou no longueiro.Pero na xogada que continuou conseguimos un merecido empate logo dunha xogada de Noé ,que presionou e roubou o balón e batiu a Simón que se quedou a media saida ,un gol de listo do pícaro,que metia o seu primeiro gol como afeccionado en Primeira .Era o 39´ é despois chegamos sen máis sobresaltos ó descanso.
O segundo tempo estivo máis falto de ritmo e quizais nós fumos perdendo a intensidade do primeiro,os locais tamén baixaron fisicamente pero souperon aproveitar as suas ocasións .Nunha xogada illada despois dun córner o árbitro decretou penalti de Nico a Manolo ,que este mesmo transformou.Co paso do minutos fumos arriscando na búsqueda do empate ,e no ultimo tramo xogámolo o todo polo todo cunha defensa de tres.O fútbol non premiu o risco e os locais encontraron os ocos xa nos últimos compases. No 88´ Jaime logo dun córner e moi só batiu a Roi .Xa no desconto no 93 ´ rematou a faena Dio despois dunha contra levada por Runi.
Despois deste xarro de auga fría dese resultado ,trataremos de debutar na casa con máis tino. O domingo 13 na Medela TABOADA CF-SD BECERREÁ.
 

Calendario Primeira Galega Xuvenil, Grupo 9,Lugo Sur
PBV el 02-09-2015, 15:46 (UTC)
 Primera Vuelta
Jornada 1 (03-10-2015)
SDC SAN ROQUE - S.C.D. MILAGROSA "B"
PALAS C.F. - FRIOL C.F.
C.D. CORGO - TABOADA CF
S.D. BECERREA - S.D. MONTERROSO
Jornada 2 (10-10-2015)
S.C.D. MILAGROSA "B" - S.D. BECERREA
FRIOL C.F. - SDC SAN ROQUE
TABOADA CF - PALAS C.F.
S.D. MONTERROSO - C.D. CORGO
Jornada 3 (17-10-2015)
S.C.D. MILAGROSA "B" - FRIOL C.F.
SDC SAN ROQUE - TABOADA CF
PALAS C.F. - S.D. MONTERROSO
S.D. BECERREA - C.D. CORGO
Jornada 4 (24-10-2015)
FRIOL C.F. - S.D. BECERREA
TABOADA CF - S.C.D. MILAGROSA "B"
S.D. MONTERROSO - SDC SAN ROQUE
C.D. CORGO - PALAS C.F.
Jornada 5 (07-11-2015)
FRIOL C.F. - TABOADA CF
S.C.D. MILAGROSA "B" - S.D. MONTERROSO
SDC SAN ROQUE - C.D. CORGO
S.D. BECERREA - PALAS C.F.
Jornada 6 (14-11-2015)
S.D. BECERREA - TABOADA CF
S.D. MONTERROSO - FRIOL C.F.
C.D. CORGO - S.C.D. MILAGROSA "B"
PALAS C.F. - SDC SAN ROQUE
Jornada 7 (21-11-2015)
TABOADA CF - S.D. MONTERROSO
FRIOL C.F. - C.D. CORGO
S.C.D. MILAGROSA "B" - PALAS C.F.
SDC SAN ROQUE - S.D. BECERREA
Segunda Vuelta
Jornada 8 (28-11-2015)
S.C.D. MILAGROSA "B" - SDC SAN ROQUE
FRIOL C.F. - PALAS C.F.
TABOADA CF - C.D. CORGO
S.D. MONTERROSO - S.D. BECERREA
Jornada 9 (12-12-2015)
S.D. BECERREA - S.C.D. MILAGROSA "B"
SDC SAN ROQUE - FRIOL C.F.
PALAS C.F. - TABOADA CF
C.D. CORGO - S.D. MONTERROSO
Jornada 10 (19-12-2015)
FRIOL C.F. - S.C.D. MILAGROSA "B"
TABOADA CF - SDC SAN ROQUE
S.D. MONTERROSO - PALAS C.F.
C.D. CORGO - S.D. BECERREA
Jornada 11 (09-01-2016)
S.D. BECERREA - FRIOL C.F.
S.C.D. MILAGROSA "B" - TABOADA CF
SDC SAN ROQUE - S.D. MONTERROSO
PALAS C.F. - C.D. CORGO
Jornada 12 (16-01-2016)
TABOADA CF - FRIOL C.F.
S.D. MONTERROSO - S.C.D. MILAGROSA "B"
C.D. CORGO - SDC SAN ROQUE
PALAS C.F. - S.D. BECERREA
Jornada 13 (23-01-2016)
TABOADA CF - S.D. BECERREA
FRIOL C.F. - S.D. MONTERROSO
S.C.D. MILAGROSA "B" - C.D. CORGO
SDC SAN ROQUE - PALAS C.F.
Jornada 14 (30-01-2016)
S.D. MONTERROSO - TABOADA CF
C.D. CORGO - FRIOL C.F.
PALAS C.F. - S.C.D. MILAGROSA "B"
S.D. BECERREA - SDC SAN ROQUE
 

<- Volver  1 ...  19  20  21 22  23  24  25  26 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis