TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 2-ED LOURENZÁ 1
03/01/16 el 03-01-2016, 20:55 (UTC)
  Imprescindible victoria a conquerida hoxe,merecida e disfrutada pero tamén sofrida.Pelexouse ata extenuación ,ámbolos dous equipos ,nunhas condicións climáticas durisimas cun campo rapidísimo o comezo pero que se foi poñendo pesado co paso dos minutos coa intensa choiva caida perante todo o diá e en especial pola tarde.O noso primeiro tempo foi boísímo,raiano a perfección en case tódolos aspectos do xogo,moita intensidade ,precisión no pase e rapidez nas transiccións,contundencia defensiva e sobretodo a eficacia ,que tanta falla fai.Empezamos fortes ,os dous minutos gran xogada e chut de David Potente,merecente de gol pero Bugui rexeitou con moito tino.Os 11´excelente cabalgada de Noé por banda dereita ata liña de fondo onde asiste a Emilio que fusila a Bugui e conquire o 1-0.No 24´boa xogada de Emilio pola esquerda que centra,prolonga Fabio de tacón que propicia un remate e ocasión marrada por Noé.No 24´ un balón esvaradizo fai pasarlle un mal intre a Bugui,escapáselle e Ibán esta a piques de roubarlle a carteira.Só un minuto despois outra consecuencia do mal tempo na outra área ,esvara Roi na saida ,do cal case se aproveita Chinco pra anotar.No 32´ gran doble ocasión para o Atlético Lourenzá ,na mesma xogada primeiro tena o Noé visitante e saca cun paradón Roi,ten continuación a xogada cun remate de Recalde de cabeza ,que saca Pablo tamén de cabeza baixo paos.No 40 ´gran xogada de David Potente ,que lle pelexa un balón o central visitante Roi ,faise co balón vasie con forza e asiste o oco esquerdo da defensa por donde entraba como un obús Emilio,que culmina a contra cun certeiro e contundente remate. 2-0.Foi a culminación dun gran primeiro tempo local.

A segunda metade foi máis dominada polos visitantes , xa dende o inicio,pero moi serios e ordeados atrás apenas nos vimos inquedados ,agás no treito final.Con todo no 49´ Roi tivo que facer un paradón a disparo de Jorge desde a frontal.Despois veu un tramo escuro do partido,gris acorde co día sen case ocasións nin pra uns nin pra outros.Eso sí os laurentinos tentaban irse arriba tratando de recurtar.Tiveron outra xa no 74´ cunha volea de Recalde axustada o pao.Pouco despois tivemos nós a oportunidade de pechalo encontro despois dunha gran xogada de Jony que asiste a Emilio cuio remate sacouno cun pé Chinchón a córner.Depois no 78´a polémica do encontro penalti a prol dos mariñans ,discutido ,pero que transformou Recalde 2-1.A partir daí os visitantes envorcáronse sobre a nosa meta ,sobre todo en xogadas a balón parado.Fixéronnos sofrir os últimos cinco ,pero mantivémonos firmes e sumamos tres puntos que teñen que ser o revulsivo necesitado.
A semana que ven ,primeiro partido da segunda volta ,de novo na Medela TABOADA CF-SD BURELA.
 

SD OUTEIRO DE REI 1-TABOADA CF 1
20/12/15 el 20-12-2015, 19:58 (UTC)
 Emocionante e disputado partido o celebrado hoxe no municipal de Outeiro no que rescatamos un punto nos último suspiro. Saimos moi enchufados e nos primeiros intres embotellamos o equipo local no seu campo,ainda que sen ocasións claras. Non obstante a Sd foise soltando co paso e foi chegando con maior ou menor perigo.Diego Seijas puxo en apuros a nosa zaga ata en duas ocasións ,unha delas sacouna Roi cos pés. No último tramo do primeiro tempo fumos nós quenes levamos o perigo a área outeirán con dous remates de David Potente.
No inicio da segunda parte os locais exerceron un maior dominio e tiveron varias ocasións duas de Fran e outra de Veiga,Roi estivo moi locido en duas delas sacando un balón cos pés e sacando outra luva providencial no disparo de Fran.Despois o partido foise equilibrando con moitísema entrega ata que se chegou o treito final cando se romperon todas as hostilidades e foron dous penales os que decidiron o choque.No 85´o colexiado decretou penal a prol do conxunto local por unha supostas máns de Pablo,a pena máxima transformouna Michel.Os nosos envorcáronse a desesperada sobre a meta local ,o empuxe trouxo como consecuencia outro penalti por un derrubo a Fabricio dentro da área no minuto 90´,desta volta foi Pablo que puxo o contrapunto e cun disparo axustado o pao de Dieguiño e levou o empate ao marcador.Practicamente xa non ocorreu máis nada nos cinco de prolongación.
Este foi o derradeiro partido do ano,o seguinte xa no 2016 será o domingo 3 de xaneiro na Medela,TABOADA CF -ED LOURENZÁ.
Acó comeza a remontada.
 

TABOADA CF 0-POLVORÍN FC 2
13/12/15 el 13-12-2015, 21:18 (UTC)
 De novo a sorte non estivo con nós hoxe. O mellor non sermos merecentes na primeira metade donde non estabamos a facer un partido reseñable e facilitamos que se impuxera un cadro capitalino non brilante pero si moi veloz e resolutivo.O filial do Clube Deportivo Lugo despois duns primeiros minutos moi igualados definiu na primeira ocasión que tivo no 14´logo dun contragolpe rapidísimo de Adrían que asisitiu a Fran ,que en posición moi duvidosa batia a Roi ; protestamos moito a xogada por entender que era moi claro o fora de xogo.O gol asentou moito os visitantes ,que entenden o orde coma a sua reseña máis destacada, nós non demos reaccionado e apenas xeramos perigo .No 36´outra rápida contra con levou un centro que conlevou un remate de cabeza de Adrián o traveseiro o rexeite recolleuno Jorge que batiu a Roi.O mellor en exceso pero o Polvorín levabase o botín pola sua mayor intensidade.
A segunda parte revertiu os papeis e foi encomiable o gran traballo dos nosos ,os paos deixáronnos sen premio.Nestes segundos cuarenta e cinco minutos levamos o peso do partido,dominando o control do esférico e pouco a pouco producto dunha maior intensidade fumos encerrando o equipo visitante que na segunda parte estivo máis reservón e acorde co resultado foi deixando transcurrilos minutos e apenas chegou a nosa área .Nos poidemos cambiala dinámica do partido pero o pao ,por certo o mesmo,ata en duas ocasións deixou patente que non tiñamos a fortuna de cara.No 60,´foi Jacobo que cun gran disparo lonxano facia estirase a Pita que sacaba unha luva o xusto pra que o balón saise repelido o poste e daí o córner.No 75 foi Poyán logo de revolverse na área golpeaba con forza para que o balón fose tamén escupido polo poste esquerdo de Pita.Ata o final nos vaciamos na procura do gol pero sen tanta claridade nas ocasións..
A semana que ven toca desprazamento na penúltima xornada da primeira volta o domingo 20 SD OUTEIRO DE REI -TABOADA CF
 

SD O PÀRAMO 2-TABOADA CF 1
06/12/15 el 06-12-2015, 20:42 (UTC)
 Presumíase,pola transcendencia dos puntos ,un partido de alta tensión.Asi foi,un partido no que os nervos xogaban un papel importante, .A templanza do equipo que soupera calmalos ia xogar no seu favor.Non habia a intensidade de fai sete dias.Nos primeiros minutos os achegamentos as duas àreas haber habiaos,pero faltaballes punch.Nos probamos a Alex con dous disparos lonxanos de Poyàn e David Potente,pero frouxos atallounos sen problemas.Borjita tamén tanteou a Roi cun disparo dende cerca ,pero coa traxectoria desviada. Tamén Pablo nun golpe franco quixo sumarse o ataque,pero o chut foise arriba da meta de Alex.Despois pasouse a unha fase de tensa calma con moito xogo no medio campo sen un dominador claro.Nos os últimos minutos da primeira parte un disparo de Hugo por parte local foi desviado a córner por Roi,outro de Juanjo Potente que se foi alto puxo fin os cuarenta e cinco finais,sen novedades no marcador..
No inicio da segunda parte ainda sen gozar de ocasións claras conseguimos meter atràs ós locais que non obstante despuxeron dunha gran ocasión o estrelar Pepe un balón no pao,logo dunha contra.Contestou Emilio cun centro chut que de foi lambendo o longueiro.No 71' tras unha falta escorada Fabio sorprendia a Alex cunha falta directa que entrou moi pegada o pao.Significaba o 0-1 e as o partido semellaba porse a prol,cando máis meritos e mellor xogo estabamos a facer.Todo este bó traballo realizado veuse abaixo en só dous minutos entre o 79' e o 81', o primeiro co Taboada volcado o ataque veu tras unha contra ràpida local que finalizaron en dous toques os locais e que remachou Pepe o fondo das redes.Un par de minutos despois, o que levou sacar de centro perder o balón e sair o balón por a nosa liña de fondo e logo do córner , tras unha serie de rexeites o balón meteuno desde cerca Borjita ,que anotou o 2-1.
Tentamos enmendar nos últimos minutos pero sin chisca de sorte.Só queda continuar,seguir traballando ,pelexando como equipo e os resultados teñen que chegar.
A semana que ven voltamos a A Meela tentar renacer frente ao filial do CD Lugo ,o domingo TABAOADA CF-POLVORÍN CF.
 

TABOADA CF 1 -ATLÉTICO ESCAIRÓN 4
29/11/15 el 29-11-2015, 20:47 (UTC)
  Intensísimos primeiros minutos dun partido xogado de poder a poder. Ritmo frenético,forte presión e sen embargo os primeiros latigazos do encontro definíronse desde o balón parado.No minuto 17 unha falta sobre o vértice esquerdo foi executada maxistralmente por Jorge Rodríguez que introducia o balón pola escadra tamén dereita de Roi que nada puido facer.O líder semellou sobreexcitarse co gol e tratou de facerse co control do xogo pero os locais sobrepuxéronse cun enorme traballo que sobre a media hora trouxo o premio.Tras unha falta lateral botada por Ratón que acarrexou unha serie de rexeites , Pablo andivo o máis listo pra anotar o empate desde dentro da área pequena.
Os primeiros minutos da segunda parte foron nosos ,cremos nas nosas posibilidades e fumos polo partido.Poyàn tivo a opción despois dunha excelente xogada persoal.Pero o que son as cousas ,cando mellor estabamos a xogar no 65´ nunha xogada de Julito ,este deixoulla franca na área a Quiroguita que se revolveu e batiu a Roi .O partido continuou polos mesmos parámetros da intensidade ,nos minutos posteriores o 1-2 estivemos a piques de conquerir a igualada en senllas oportunidades, primeiro tras un remate de cabeza de Ibán que non deu continuado para chegar o remate Poyán e logo tras un córner que libre de marca remachou Pablo pero que se foi arriba.Tivemos opcións de meternos no partido ata os últimos minutos nos que encaixamos dous goles que non fixeron xustiza o bó traballo realizado,non sempre a imaxe ofrecida é o que reflicte o marcador.O 1-3 chegou co Taboada envorcado sobre a meta de Montero e tras unha contra na que probablemente houbese fora de xogo Quiroguita asistiu a Rubén pra que sentenciase o encontro.O 1-4 xa ben entrado o desconto no 93,´tras unha boa xogada e asistencia de Ramón ,Carrasco só tivo que empurrala o fondo das redes.Era como decimos un excesivo e inmerecido castigo polo visto sobre o terreo de xogo,pero as cousas son como son .Tamén nos enfrontabámos hoxe a un equipo con moi bos mimbres e por algo vai líder en solitario.
Ainda que todos os puntos valen o mesmo para a semana enfrontámonos a un equipo da nosa liga e nun moi bó campo, nas Rapadas o domingo SD O PÁRAMO -TABOADA CF
 

PASTORICENSE UD 2-TABOADA CF 0
22/11/15 el 22-11-2015, 19:27 (UTC)
  Agardábanos un desprazamento compricado ó Acebreiro ,por varios motivos,un era o moito en xogo con tres puntos importantes,pois queriamos continuar coa boa xeira e diante dun correoso rival directo ,outro era a climatoloxía que se anunciaba complicada e de feito foi unha tarde moi fría e chuviosa,e tamén por qué á baixa longa de Marcos uníronse as recentes de Joni,Fabricio e a da semana pasada de Ivi, a quen especialmnte queriamos adicar algo positivo trala sua fractura de clavícula.
A primeira parte foi moi igualada ,con moito traballo por parte das duas escadras e moi poucas ocasións nas duas áreas .Cada equipo mostrando as suas armas,,máis combinación pola nosa parte e mais verticalidade e xogo directo por parte local.Como decimos houbo poucas xogadas de ataque reseñables.
Tralo descanso cambiou a decoración ó pouco de comezar.Despois dunha boa xogada de Rubén por banda dereita,cambiu pra esquerda pra Manoliño que moi solto centrou ó punto de penal donde estaba Farra coa caña preparada e de primeiras fusilou a Roi.Afianzou o gol o conxunto pastoricense que se fixo co balón e chegou con màis asiduodidade Tardamos en volver a meternos no partido e non dabamos creado ocasións. Con todo non perdemos a cara o encontro e tentamos recuperar o dominio do medio ofrecendo moita disputa.Os locais estiveron máis cómodos co marcador a favor e sentenciáronnos a contra no minuto 80 nun balón en largo que definiu Dani diante de Roi.2-0 .O noso arreón final a base de orgullo e tesón non trouxo consecuencias gratas de cara o marcador e o encontro remataba coa sinalada victoria local.
A semana que ven un derbi no que nos enfrontaremos ó lider sólido da categoría,o domingo 29 as 16:15 na Medela TABOADA CF -ATLÉTICO ESCAIRÓN
 

<- Volver  1 ...  17  18  19 20  21  22  23 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis