TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
TABOADA CF 2-SD MUIMENTA 1
14/02/16 el 14-02-2016, 20:03 (UTC)
 Era o partido do golpe na mesa,moito máis que un simple encontro.Dous equipos con dinàmicas contrapostas,a nosa ascendente e recuperando efectivos,a deles dubitatiba e perdendo fichas.Son un rival rochoso que despregan un fútbol compacto , pragmático e con xogadores de calidade que sistemáticamente nos viñan facendo sempre dano nas últimas confrontacións.O que nos xogabamos era respirar sin atrancos e non vernos tan abaixo por lo menos unha semana nunha tempada especialmente dura.O entorno, outro domingo màis, tamén se previa adverso,condicións climàticas extremas.
Co terreo de xogo empichorcado o partido tivo un comezo eléctrico,o balón desprazándose rapidísimo dunha àrea a outra.A primeira ocasión clarísima foi nosa no 15',tras unha fulgurante transicción Noé estrelou o balón no traveseiro cun durisimo disparo.No 27' outra xogada similar Gara con máis intención de colocala ,tamén estrela balón no longueiro.No 32' Cascudo cunha falta directa fai intervir cun paradón a Roi.No 35' David Potente rondou o gol cun disparo axustado o pao.No 37 ´ Emilio de novo volve estrelar un balón na madeira ,no pao esquerdo.Estabamos a ver un partido precioso,pero sin goles.No 41' noutra rápida transición Noé pon en moitísimos apuros a Ivo,que sacou balón coa punta da luva.
Na segunda parte arreciou o temporal,o partido tornou de cara a unha loita sin cuartel de vintedous xabatos,contra o rival e contra os elementos,co campo volvéndose impracticable.No 54' ocasión visitante de Danilo que saca un Roi atinado e segurísimo .No 55' doble ocasión local de Emilio e Tara que sacan consecutivamente Ivo e Cascudo baixo paos.Un màis tarde Noé volve ter outra clara oportunidade tras xogada de David Potente por banda dereita,sacou Ivo a córner.No lanzamento deste por Jacobo , Pablo de forte testarazo acada o 1-0,minuto 60.Nos seguintes minutos os visitantes quixeron estirarse, ainda que sen profundidade ,con lanzamentos a balón parado ,nós non perdemos a posición, é máis, tivemos opcións de acadar o segundo cun disparo lonxano de Emilio e en outra xogada de David Potente que neutralizou Ivo tirándoselle os pes.A mellor ocasión visitante no 85' ,logo dunha boa internada por esquerda de Hugo que culminou Mincha cun remate de cabeza que sacou un providencial Roi que voou pra enviala a córner.O partido encamiñouse nos minutos finais de cara a épica pra ser un partido de fútbol total ,non lle faltou nin a polémica.No 90' un penalti nunha xogada sen aparente perigo e moi protestado por parte local foi transformado por Cascudo 1-1.Cando todo semellaba abocado ó empate,a fé fixo que nos volcaramos cegamente ó ataque e na prolongación,no 93' , Jacobo enganchou un zapatazo,un extraordinario golpeo coa diestra que describiu un efecto precioso de fora adentro e entrou pegadiño o pao.Foi o éxtase.Un final agónico e taquicárdico co máis fermoso dos finais .A xogada puxo fin o encontro.
Duas notas máis ofreceu o encontro o regreso de Marcos ós terreos de xogo despois da sua segunda grave lesión e a nova presenza de Joni Guerra disputando minutos decisivos.
A semana que ven , toca un novo desprazamento,este pra sacar nota , o domingo CD SANTABALLÉS -TABOADA CF.
 

SD ANTAS 0-TABOADA CF 2
06/02/16 el 06-02-2016, 21:29 (UTC)
  Tarde noite desapacible coma poucas que fixo que a batalla pola supervivencia fose épica.Caian cans e gatos acompañado dun frio intenso que condicionou en exceso o fútbol dos dous contendentes.
Primeiros minutos moi movidos con continuas idas e vidas.A primeira ocasión foi local nos pes de Guerreiro que disparou cruzado ,o balón foise perto do pao esquerdo de Roi .A seguinte foi nosa os dez minutos un córner olímpico de Fabio que se foi lambendo o segundo pao.Tras outro córner Noé rematou dentro da àrea con moito perigo ,o seu chut chapouno Kevin .Outro remate a saida de outro córner no 19' ocasionou outro remate noso de Poyán que se foi fora.Un córner máis ,esta vez sacado en curto polos locais puxoo con moita forza e colocación Costa e parouno con moitos apuros Roi,era o minuto 26.O partido tornou cara a forza e a pelexa no medio do campo,alí conquistouse moito do gañado con máis presión e posesión .No 43' unha falta na medular templouna con mestria Ratón e Ibán rematouno dentro da área de cabeza colocándoa o segundo pao por donde entrou sen opcións para Kevin 0-1.Asi se chegou ó tempo de lecer no medio dun auténtico temporal de vento,auga e frio.
A volta dos vestiarios ,o pouco, foille anulado un gol a Poyàn por fora de xogo.Na xogada seguinte no 50' Dabouza rematou cruzado, o balón pasou cerca do poste esquerdo de Roi.No 60' outra falta no medio trouxo como.conseuencia un remate de David Potente que se foi rente o pao dereito de Kevin.No 64' outra falta na medular sacada por Guerreiro rematouna Miguel que acababa de entrar por Dabouza enviouna Roi a córner cun paradón espectacular e providencial,foi a mellor ocasión local.No 68' gran contra levada por Fabio o remate rexeitouno en primeira instancia Kevin ,o balón saiu de cara a frontal por donde apareceu Poyán pra volver rematar o balón que se acomadaba pra entrar, quixoo sacar Zhasky pero acabou por introducila él na sua propia meta,0-2.No 79' outra contra enorme de Fabio que culminou asistindo ó oco a Noé,que chegou xusto pra rematar o balón que se foi por nada.No resto houbo que sufrir un pouco por que que os locais apretaban ainda que non despuxeron de claras ocasións, finalmente colleitamos tres puntos vitais,catro se temos en conta o gol average.
A semana que ven outro partido transcendental na Medela TABOADA CF- SD MUIMENTA.
 

TABOADA CF 0 -SCD RESIDENCIA 3
31/01/16 el 31-01-2016, 19:14 (UTC)
  Empezou condicionado o partido cunha contra visitante que cortou Ratón cometendo penalti sobre Rober,infracción clara, o mellor precedida dun posible fora de xogo ,pero que transformou o propio Rober os dous minutos.Quixemos contestar cunha boa ocasión trenzada entre Noé e Jacobo culminada cun disparo un pouco elevado deste último.Pese o pao inicial quixemos levar o control do partido cunha presión adiantada e levando o peso do control do balón no medio.Noé no 16' probou fortuna cun disparo lonxano que se foi lambendo a cruceta.Sobre a media hora outra moi boa combinacion entre Poyán e Fabio,culminouna este un disparo intencionado que se foi lambendo o traveseiro.Estabamos a merecelo empate.Pero no 34' tras unha falta no medio un centro de Galán rematouno de cabeza Robson que entraba no segundo pao.0-2. Continuamos coa mesma idea de atacar e pronto tivemos outra ocasión,con boa internada de Noé que centrou e Ibán rematou de cabeza preto do pao.A nosa insistencia non tivo premio,os visitantes duas aproximacións dous goles ,maxima eficacia ;esa foi a diferenza no primeiro tempo.
O segundo tempo comezou mais trabado cosos dous equipos xogando pouco cómodos e sin relevancia en canto a vistosidade.No 60' un duvidosa de Pablo cesión a Roi,cando aquel tentaba despexar ,trouxo como consecuencia un libre directo dentro da àrea que transformou Dani Galán,cun forte chut que se colocou por debaixo da barreira apostada baixo os paos ,0-3.A partir de acó xa foi un partido máis fácil para os visitantes.Ainda que non decaemos no empuxe eles defendéronse con orde e sen complicacións.No último.tramo do encontro despuxemos de tres ou catro ocasións máis ou menos nítidas de Joni,Ibàn e David.Tamén de Fabio cun franco directo sobre a frontal ,pero o marcador mantívose inamovible.
A semana que ven un vo derbi ,quizais moito máis decisivo,no Castro Seoane SD ANTAS-TABOADA CF
 

SD MONTERROSO 1 -TABOADA CF 2
24/01/16 el 24-01-2016, 21:09 (UTC)
 Vital victoria a conquerida hoxe no derbi,nun partido disputado a cara de can e na que os nosos fixeron un partido brilantísimo e na que mereceron se cabe acadar unha victoría máis folgada ,especialmente por desfrutar de ocasións máis claras e mellor xogo sobre todo no segundo tempo.A consecución dos tres puntos cimentouse nun gran traballo de bloque que soupo arreporse as circunstancias e remontar o gol inicial dos locais .Máis alicerques foron o traballo arreo,a intensidade ,o bó trato o balón e que tamén buscamos con precisión o disparo definitivo que hoxe si entrou cando tiña que entrar.Ainda que como xa decimos debeu caer algún máis.
Os primeiros minutos foron moi vibrantes e con moita igualdade ,na que o balón circulou en rápidas transicións defensa ataque,rondando os ataques as duas metas ,iso si sin ocasións nítidas.A máis relevantes na primeira acabaron en gol. O 1-0 no minuto 26´penalti por unhas mans ,dentro ou fora non se sabe,a intencionalidade tamén duvidosa pero o criterio do árbitro contundente.por ende incuestionable ;o encargado de lanzalo foi o ex-xogador do Ribadeo Fer que enganou a Roi na trasformación.Pra nada nos arredou o gol e a base de traballo constante fúmonos con decisión ó ataque ,pero non inquedamos en exceso a Rubén .Ata que o fio do descanso o balón caeu sobre a frontal a David Potente que conectou o zurdazo seco e milimétrico que se colou a media altura na meta local,golazo ,45´ 1-1.O saque de centro xa levou a vestiarios .Gol máis psicolóxico e a tempo parecería case imposible.
Pero a segunda parte comezou con outro gol que electriza todo estado de ánimo .Ainda non se chegara o 47´, falta escorada a esquerda,botada con mestría por Pablo,en primeira instancia foi David o remate ,que non chega ,si Fabio que viña por detrás e de cabeza sumerxe o balón no fondo das redes .O inicio fulgurante dos nosos tivo continuación cos mellores minutos do partido.Os nosos practicaron daquela un fútbol deslumbrante, contundente e de desborde que mereceu máis.No 49´un gran disparo de Jacobo sacouno Rubén cun paradón extratosférico ,volou o xoven e máis ca prometedor meta pra sacalo xunto do poste a media altura.Despois no 51´Noé tras fenomenal xogada individual finalizou cun disparo cruzado que se foi lambendo o poste.No 59´ doble ocasión tras unha enorme combinación de Poyán con Noé que este finaliza cun disparo a cepa dereita ,o rexeite recolleo Poyán que volve topar con Rubén e o poste esquerdo.O Monterroso saiu vivo deste temporal visitante e tentou virse arriba ,os nosos entón tiraron de oficio,e cun traballo serio en defensa e medio campo anularon toda tentativa local.A mellor ocasión no que quedaba foi nosa, a contra ,no 81´ Noé tras outro xogadón ponlla de cine a Fabio,que no man a man só con Rubén ,e vencido polo gardavallas con outro paradón.Ocasións non houbo máis pero emoción a raudais ata que o colexiado decretou o final.
Máis partidos coma este por favor,ainda que haxa que sofrir coma hoxe,gaña o fútbol , o noso fútbol,o de verdade ,non o de bambolinas profesionais.Agardamos tamén que coma os dous goles de hoxe a victoria teña moito de terapéutica ,o equipo é máis que certo esta motivadísimo e enchufado coma nunca e non merece outra cousa que gañar.Falla fai tamén.
A semana que ven outro partido dos de dar o mil por cen contra os de arriba na Medela o domingo 31 ,TABOADA CF -SCD RESIDENCIA .
 

SD BECERREÁ 1-TABOADA CF 1
17/01/16 el 17-01-2016, 20:47 (UTC)
  Outro gran partido de dous equipos que por xogo non xustifican a sua posición na táboa.Ámbolos dous tamén por intensidade,derroche de esforzo e loita ata o final merecen máis.Ata o asubio derradeiro do colexiado se buscou hoxe a victoria.Foi certo tamén que se por xogo e maior número de ocasións no primeiro tempo merecemos máis ,poidemos irmos pola contra ó descanso cun resultado máis desfavorable,pois Roi parou un penalti que puido ser decisivo.
Os primeiros quince minutos foron moi abertos ,con moitas alternativas e achegamentos de ambos ataques ás duas áreas.Os 15 minutos, gran xogada de Tara por banda dereita centrando o punto de penalti donde rematou Noé ,cuio disparo petou nun defensor que salvou o gol pois o balón foise lambendo a cepa esquerda da meta de Nicandro.Acó empezou a faxarse o noso dominio a pesar de que no 20´un golpe franco lanzado por Josete foi blocado en primeira instancia por Roi e o balón rexeitado foi rematado por Palle pero desviado.No 26 moi boa ocasión do Taboada ,córner que saca Ratón ,pasa o balón entre unha morea de xogadores e Ibán no segundo pao dispara cunha volea arriba.No 27´tras xogada de Juanjo Potente , Tara rematou o centro de aquel en posición franca baixo paos o remate foise incriblemente arriba.Estaban a ser os nosos mellores minutos ,ainda continuados por dous lanzamentos lonxanos de David Potente e Fabio que blocou non sen apuros Nicandro.Xa pasaba da media hora cando acontecía unha excelente xogada colectiva visitante,rapidísima transición que partia de Ratón no medio campo prolongouna a costado dereito por donde entraba Fabio ata área donde centrou o punto de penal Noé fusilou pero Nicandro providencial rexeitou a córner;mellor xogada e mellor ocasión .Este traballo e dominio non se plasmou no marcador ,e cousas do fútbol todo se puido vir abaixo sen remisión en un par de minutos .No 38´ falta sobre a frontal ,un pouco escorada ,executou Josete con mestria e o balón entrou pegadisimo o pao longo de Roi, 1-0. Non ben se sacou de centro o balón voltou a nosa área e Alberto índose o chan puido arrastrar a Titi coa perna de apoio ,o colexiado intrepretou penalti sen duvidar.Josete foi de novo o lanzador pero nesta ocasión Roi atinoulle a intención e desviaba o balón a un lateral.En resumo ,primeira aprte moi movida e non de todo xusta con nós,pero na que tamén evitamos males maoires.
O segundo tempo non tivo o mesmo ritmo pero foi moito mais emotivo.Os primeiros minutos foron máis anodinos ,sen ocasións e o cun xogo máis deslabazado pero máis paixonal.
No 65´rompeuse a dinámica que imperaba cunha grandísima xogada ,todo saiu dun gran pase en profundidade de Pablo para Fabio que se percorreu con velocidade a banda dereita para logo centrar o oco da defensa donde Noé tocou o xusto con habilidade para que o balón entrase rente o pao esquerdo de Nicandro.Tras conquerir as táboas as duas escadras fóronse na procura dun gol que otorgase os tres puntos que ámbolos dous necesitan imperiosamente.Rondou moito o perigo baixo as duas metas pero non se viron máis ocasións manifestas.Era moi necesaría a victoria,a pelexa ,a entrega o xogo o mellor merecian máis pero non debe saber mal o empate .
A semana que ven a seguinte das finais ,nun derbi comarcal en Cerdeiriños ,o domingo SD MONTERROSO -TABOADA CF
 

TABOADA CF 1-SD BURELA 2
10/01/15 el 10-01-2016, 22:03 (UTC)
  Outro duelo de titáns o presenciado na Medela hoxe ,donde os contendentes ademais de pugnar entre sí tiveron que facelo contra as durisimas condicións climatolóxicas e a pesadez dun campo que non tivo tempo a recuperarse da batalla da semana pasada e moi a duras penas se lle deu dao unha aceptable presenza pois por mor das intensas choivas non se podia entrar nel .Pero foi precioso o combate.Non era para belas xogadas trenzadas ,pero si se tentou xogar e con todo en contra pra facelo,o balón quedándose en cada disputa,cada pase en curto ou en largo,pero son dous equipos que queren e saben xogar o fútbol.O derroche foi inmenso ,os nosos méritos moitísimos,pena que o marcador non fose xusto con nós.
A primeira parte foi igualadísima ,os mariñans adiantáronse logo dun saque de porta de Simón que favorecido polo vento de cara e a velocidade que colleu o balón o tocar o céspede perto da área grande caeulle nos pés a Manolo ,quen en pugna coa marca resolveu con calidade diante de Roi ,min . 20, 0-1. Non nos arredamos e pronto buscamos a porta de Simón,e logo tamén acadamos a igualada no 31´ una espléndida xogada de Fabio culminao cun centro o segundo pao que Noé ,tirándose cos pés por diante, soupo remachar o dondo das maias 1- 1.
A segunda parte continuou cunha dinámica similar ,moita igualdade e loita extrema .Pronto comezamos a chegar ,con máis e mellores ocasións ,unha de Ibán ,outra de Emilio que quixo colocala na escadra pero alí apareceu Simón ,unha máis de Jony que internándose por dereita non enderezou o preciso o chut.Pero quixo a sorte favorecer os intereses mariñáns e logo dunha xogada embarullada no minuto 72´ a calidade de Manolo decidiu, foi o máis clarividente e puxolle un balón franco a Jandri que libre de marca fusilaba a porta baleira.O último cuarto de hora foi un acoso e derribo pola nosa parte e a SD sufriu moito .Chegada tras chegada levamos o perigo constantemente ,en xogada ,a balón parado.Faltounos a precisión no ultimo remate,ata Roi remachou dous córners ,ata Pablo estrelou un balón no pao na última xogada do encontro.En fin démolo todo.A providencia tampouco quixo axudar que se vai facer .
A semana que ven unha semifinal na montaña luguesa ,o o domingo SD BECERRREÁ -TABOADA CF.
 

<- Volver  1 ...  16  17  18 19  20  21  22 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis