TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
St. Comba 2-2 Taboada CF épico
Admin el 26-10-2009, 13:53 (UTC)
 Dixen que non me gustaba facer crónicas dos partidos pero debido as suxestión que se me fixeron é que o momento mo pide fareina con este partido fronte o Sta Comba donde o Taboada CF apelou á épica.
Tras a expulsión de Castro (min 5) e o penalti transformado polo conxunto local, as cousas poñíanse bastante costa arriba para o Taboada. Ferreiro entraba o campo os poucos minutos para intentar equilibrar o pouco que se podía equilibrar, e cumprindo o seu papel con creces como si se trata dun xeneral na defensa. Pese a todo parecía que o empate estaba cerca polos numerosos ataques tanto de Marcos, Moski, Emilio, Poyán e compañía. Pero as cousas íanse poñer peor cando aínda non rematara a primeira parte non só encaixamos o segundo gol se non que tamén se lesionou Marcos nun lance do xogo e Toño pediu o cambio no descanso.
Por eles entraron Luís Miguel e Mejuto respectivamente, antes de cumpirse os 10 minutos da segunda parte produciuse a expulsión de Manu por dobre amarela deixando o Taboada con só 9 xogadores. Ca entrada de Victor e Pépe o Taboada colocouse con 3 defensas no campo pois non renunciou a atacar.
Estratexia que deu resultado cando se produciu sobre a media hora de partido un penalti sobre Moski, transformado por Nico e poñía as cousas nun 2-1 un resultado que parecía bastante bo en función de como estaban as cousas, pero unha vez máis , ben fora adestramento, calidade ou máis probablemente corazón cando quedaban 10 minutos para o final o Taboada achicaba como se foran eles 9 e non 11, así a falta de 5 minutos, unha vez máis Nico perforou cun disparo dende o borde da área a portería do Sta. Comba, establecendo o marcador final 2-2. Colocando así o Taboada na 2ª posición na táboa de resultados.

 

Resultados 25-10-09
Admin el 26-10-2009, 13:52 (UTC)
 S.Lazaro 1-2 Calasancio

Arenas 3-2 S. Roque

Palas 4-1 Laxosa

At.Muralla 3-2 Monterroso

Residencia 1-1 Paradela

Sober 1-0 Polvorín

Castroverde 6-1 A Barrela

St.Comba 2-2 Taboada (Nico 2)
 

Resultados Pretempada
Admi el 18-08-2009, 10:13 (UTC)
 Taboada CF 0-0 Sober
Monterroso(xuvenil) 2-1 Taboada CF(xuvenil) (óscar)

Trofeo ICOS:
Chantada "B" 1-2 Taboada CF (Marcos,Luismi)

Rodeiro 1-1 Taboada CF (Feás pen.)

Taboada CF 2-1 SD Antas (Poyán,Luismi)
Taboada CF (xuvenil) 4 - 3 SD Antas (Iván,Josito,Leandro,Fabricio)
 

SD Chantada 4-0 Taboada
Admi el 18-08-2009, 10:12 (UTC)
 SD Chantada 4-0 Taboada
 

Foro comarcal
SD Chantada/SD Antas/SD Monterroso/ Taboada CF el 08-06-2009, 01:14 (UTC)
 “Créase un foro comarcal”

A partir de hoxe, todos vós xa podedes disfrutar dun foro sobre o fútbol comarcal, ó que poderedes acceder a través da nosa páxina, ou a través das páxinas web do Monterroso, o Taboada, o Palas ou o Antas.

Esta é unha iniciativa coa que imos intentar unir un pouco máis o fútbol da nosa comarca. En dito lugar de debate, poderemos opinar acerca de todo o que queiramos sobre os nosos equipos, xogadores, categorías, etc.

É MOI IMPORTANTE QUE OS USUARIOS DE DITO FORO O SAIBAMOS EMPREGAR, AMOSANDO EN TODO MOMENTO RESPETO E EDUCACIÓN, para deste xeito facer del un lugar bonito de debate, intercambiando opinións pero, repetimos, sempre con respeto.

Agardamos que sexa unha iniciativa que vos guste e que dure moito tempo.
 

Resultados Semifinais copa deputación 08/09
Admi el 08-06-2009, 01:11 (UTC)
 Pol 1-1 Alfoz
Bóveda - Muralla
 

<- Volver  1 ...  20  21  22  23 24  25  26  27 Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis