TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SD OUTEIRO DE REI 2-TABOADA CF 0
22/05/16 -dezaseisavos Copa Deputación- el 22-05-2016, 22:48 (UTC)
 Partido copeiro por excelencia,con moita intensidade inicial,con pelexa e chegadas continuadas en ámbalas duas áreas.As primeiras nosas con disparos lonxanos de Fabio e David Potente.A primeira local cun disparo desde moi perto de Yoel.As seguintes do Outeiro a balón parado con remates a balón parado pero frouxos.Esto acontecía dentro do primeiro cuarto de hora.O coiro seguía a circular en rápidas transicións pero non se xeraban ocasións moi nítidas.Emilio tivo a màis clara deste tramo,no 26' virándose na área e chutando o balón foise pegando antes no longueiro.No 41 ' a mellor local man a man de Gabi con Isma,pero o outeirán de tanto tentar colocala e foiselle moi desviado.Así sen máis concluiu a primeira parte.

A segunda comezou seguindo uns paràmetros similares,quizais aumentou a intensidade e a pugna.Houbo tamén oportunidades de gol en senllas voleas,a de Miguel por parte local,foise moi arriba,a de Fabio polo bando visitante foise rente o pao.No 65' Ivi Gayoso tivo unha moi clara cun disparo cruzado que se foi rente o pao.O minuto seguinte foi Yoel quen tivo outra clara ,desde moi cerca disparou frouxo as máns de Isma.Despois o partido foi cambiando con máis nervos e brusquedade convertíndose nun xogo de tronos.Ese xa non era o noso xogo e desas liortas nunca saimos ben parados.Así as cousas todo se encamiñamaba pra que se decidira todo desde os once metros,pero no fútbol teñen moita importancia os pequenos detalles,e así tras unha falta tan inofensiva e rigurosa coma innecesaria,propiciou a irrupción do home franquicia local .No 78' ese libre directo foi transformado por Diego Seijas,Isma a pesar de tocarlle non puido paralo.Foi clave na eliminatoria ,pois volcámonos nos últimos minutos sobre a meta de Dieguiño.Abriuse o campo e rompeuse o partido.Asi coa defensa envorcada no ataque creáronse grandes espacios na nosa retagarda ,que Diego Seijas aproveitou na última xogada do partido pra batir a Isma cunha vaselina.Asi acabou todo.

Foi o punto final a esta tempada.Só queda o último cartucho,os cuartos de final que disputarán os xuveniles a semana que ven en Viveiro , o sábado VIVEIRO CF B -TABOADA CF

 

ED LOURENZÀ 3-TABOADA CF 1
08/05/16 el 08-05-2016, 20:57 (UTC)
  Rematou a tempada e a pesar do resultado de hoxe concluimos a liga no décimoterceiro posto ,lonxe dos postos de descenso e fora do perigo das prazas que ainda poden caer a Segunda por arrastres ,ainda que a día de hoxe agás as duas últimas non se concretan máis descensos .O partido de hoxe sí era transcendental para os locais que si se xogaban o ser ou non ser na categoría e co resultado de hoxe saen fora do descenso directo.
Primeiros minutos de dominio visitante con duas claras chegadas unha cun disparo de Ratón e outra internada de Alex.Os dez minutos na primeira chegada local,unha falta lateral,o balón colgado ó tentar despexalo Alex acabou por introducilo en propia meta.1-0.Tralo gol os locais tranquilizaron o xogo despois do nerviosismo e dúvidas iniciais . Só dez minutos despois Manuel aproveitou un rexeite defensivo pra batir a Isma cun disparo desde a frontal forte e axustado ó poste.Os locais a partires de entón entregaronnos a posesión ,esperándonos no seu campo,pra tentar sair ó contragolpe.Fíxemonos os donos da pelota e fúmonos arriba tentando recurtar.Tivemos opcións de facelo cun saque de falta de Ivi no 35' que chapou Bugui en dous tempos.No 40' excelente xogada combinativa visitante que culmina Noé cun gran chut sobre a frontal,que se foi lambendo o longueiro.A nosa posesión e maior dominio neste treito final da primeira facíanos merecentes de mellor resultado.
O segundo tempo continou por uns paràmetros similares,maior dominio e posesión nosa cun equipo local ben repregado agardando ás contras .Nos primeiros minutos non houbo ocasións reseñables.No 65 'chegou o premio o noso mellor xogo Tara acadou o 2-1 tras xogada individual.O partido semellaba entrar nunha nova dimensión .Pouco nos durou a ilusión por meternos no partido pois no 69' Montxo culminou unha contra illada pra facer o 3-1.Con todo non nos derrubamos e continuamos a buscarmos o marco rival.No treito final o partido encamiñouse producto do nerviosismo local a unha recta final que se tornou moi brusca,e acarreou as expulsións locais de Lukas e Chinco nos minutos 76 e 83 ,a primeira un tanto rigurosa pero que conlevou a lesión de Tara; a do segundo por doble cartón amarelo cunha entrada moi forte sobre Ivi. .Nos últimos minutos foron de completo acoso visitante con ocasións no 85 de Poyàn e Dieguiño que debutaba en Primeira,case consecutivas.O de Diego foi un disparo colocadísimo que levaba marchamo de gol pero Bugui sacouno da escadra cun paradón.Diego López foi o primeiro xogador do Taboada nado neste século XXI en debutar nun partido de Primeira Autómica con ta só 16 anos. Un chisco despois no 88´ Nico e Ivi tamén despuxeron de duas moi claras case consecutivas que rexeitou Bugui en senllos disparos a boca de xarro. O final non puido ser e os locais remataron por celebrar a salvación e nos despedimos unha tempada que despois de tódalas adversidades podemos considerala máis ca meritoria,sobrepoñéndonos a intres moi delicados cun espíritu de loita,traballo e unión que só valoraremos na sua xusta medida coa perspectiva do tempo.E así ten que seguir sendo,non hai máis .
A Copa enfrontaranos dentro de quince dias no Municipal de Outeiro a eliminatoría única SD OUTEIRO DE REI -TABOADA CF
 

TABOADA CF 0 -SD OUTEIRO DE REI 1
30/04/16 el 01-05-2016, 17:43 (UTC)
  A cabeceira da crónica de hoxe ten que ter presente non sò o partido de hoxe adiantado a xornada,senón tamén o resto da xornada do domingo.Partiamos coa premisa de que era preciso puntuar siquera non pra caer nos postos de descenso,dos que xa escaparamos ,tamén pra fuxir da queima da zona de arrastres das categorías superiores .Os resultados do domingo fan que non sexa posible caer tampouco no terceiro por abaixo,que en caso dun descenso de Preferente tamén se vería perxudicado.
O encontro comezou cuns primeiros minutos moi vistosos con moitas chegadas as duas áreas,ainda que sen ocasións claras .Nunha xogada moi desafortunada conseguiron adiantarse os visitantes,un saque de falta lateral petou na barreira e desviu a traxectoria tanto que foi imposible pra Isma.Era o minuto 26.0-1.Tentamos unha rápida recuperación e no 31' tivemos unha ocasión inmellorable,unha gran xogada colectiva culminou nun man a man entre Tara e Dieguiño ,que este solventou cos pés.No 40' outra ocasión clarísima noutro man a man ,esta vez entre Emilio e o cancerbeiro visitante,que volveu parar este con outra enorme intervención.Nos últimos da primeira a pesar de apretar máis foron infructuosos.
A volta dos vestiarios comezamos con moitísima forza e no primeiro minuto unha triple ocasión consecutiva na que Pablo,David Potente e Ibán poideron marcar,pero o balón foi rexeitado unha e outra vez por a poblada defensa outeirán. No 54' Ibán sacouse un disparo desde a frontal ,axustado ,colocadísimo á cruceta sacouno Dieguiño cun paradón.Non foron as únicas pero ían ser as mellores oportunidades do partido.Esta segunda metade foi de dominio absoluto do Taboada nun exercicio de fé e entrega quizais coma poucas tardes,pero non tivemos un chisco de fortuna que ás veces se precisa pra obter ese gol que merecemos sen duvidalo.
A semana que ven viviremos o desenlace desta abrupta tempada,desprazarémonos ata a A Mariña pra vivir un duelo que sin dudares presentárase definitivo, en Santa Cruz :ED LOURENZÁ-TABOADA CF.
 

POLVORÍN CF 3 -TABOADA CF 0
23/04/16 el 23-04-2016, 19:11 (UTC)
 Despois dun minutos iniciais nos que os locais trataron de dominar propoñendo moita intensidade e velocidade ainda que con pouca precisión nos metros finais e na culminacións da s xogadas.Fumos soltándonos e saindo a contra con perigo.De feito a máis clara neste treito foi nosa, despois dunha xogada por banda dereita de Ivi,finalizouna Marcos pola esquerda cun rexeite inicial de Pita e sacandoa sobre a liña de gol Julio Camba;esto acontecia no 11' Foi unha ocasión moi clara e quizais chave.No 15' foron os locais cunha internada de Fran que disparou moi forte e Roi nunha gran intervenciòn desviou a còrner.No 18' despois dunha xogada de combinación local o balón picado de Dani pega en Alex,collendo unha traxectoria imprevista pra Roi e acaba alonxándose no fondo das redes.1-0.A raiz do gol os locais xogaron con máis tranquilidade,pero sin baixar a intensidade.Nós non lle perdemos a cara o encontro e seguimos tratando de combinar e competir .Non embargantes non topabamos fisuras na sua sólida defensa.Chegouse ó descanso sen máis ocasións reseñables.
O segundo tempo comezou de novo cun lixeiro dominio do filial do CD Lugo.O máis destacado destes primeiros compases foi unha volea de Pablo que se foi lambendo o longueiro e un remate de Adriàn que sacou baixo a liña de gol Ibán.Foron o preludio do gol de Pablo Piñeiro cun remate desde preto ainda que nunha posición máis ca duvidosa no minuto 60,2-0.Un chisco despois foi expulsado Poyàn por unha falta en ataque moi rigurosa.O partido rompeuse nese intre,decantándose con claridade pra os amarelos,que en superioridade controlaron o partido.No 80' os locais pecharon o partido culminando unha contra ,o autor do gol foi Marcos.
A semana que ven xogámonos tódalas opcións na Medela nun transcendental partido TABOADA CF -SD OUTEIRO DE REI.
 

TABOADA CF-SD O PÁRAMO
17/04/16 el 17-04-2016, 20:02 (UTC)
 Encontro transcendental o disputado hoxe na Medela,donde o prioritario pra calquera dos dous contendentes era a victoria.Por encima do xogo primaba a intensidade e a disputa.Con todo os nosos sairon convencidos de non renunciar ó estilo e trataron de domina-lo partido coa combinación e dominio da posesión.Avisou Pablo os 8 minutos a saida dun córner cun remate que se foi desviado.E no 10' tras unha asistencia o óco do propio Pablo desde pouco antes da medular propicio un man entre Ivi e o cancerbeiro visitante Hector ,ganándolle a partida cun regate sobre o balcón do área , logo de desfacerse del anotou a porta baldeira.No 13' Noé desde moi cerca tivo o 2-0 pero atallou Hector cunha boa parada.Despois o partido transcurriu polo cauce agargadado ,máis posesión nosa e cun conxunto paramés que tentaba contrarrestar e chegar cun xogo máis directo.E os dous equipos empregándose con moita pelexa .No 30' David Potente tivo outra magnífica ocasión soltantando un trallazo impresionante que se foi lambendo a cruzeta.O empeño dos visitntes non se plasmaba en ocasións ,moito tamén producto dunha contumaz defensa local que non presentaba fisuras.Así se chegou o descanso .
A volta dos vestiarios o partido deu un volco.Os visitantes no primeiro minuto conseguiron empatar tras unha falta lateral e unha serie de rexeites Borja andivo máis fino e batiu a Roi.O gol paramés non nos arredou e reaccionamos con prontitude.No 49' fabulosa xogada combinativa entre Ivi e Noé ,na que este devolvéndolle a primeira parede volve asistir a Ivi que cunha magnifica maniobra e mellor resolución batiu a Hector.No 55' un centro de Fabricio dende a dereita propiciou un balón dividido no que Poyán se adiantou a defensa e salvou a oposiciòn de Hector cun remate de cabeza.No 60' e co partido completamente aberto,os visitantes teñen unha inmellorable ocasión cun penalti por màns na área local.Fontal lanzou e Roi adivinoulle a intención desviando a córner cunha portentosa estirada.Dous màis tarde contragolpe local que propicia un man a man de Ivi con Hector que este chapa.Estaba o partido precioso,cos dous equipos a tumba aberta,ámbolos dous buscando o marco rival.Nunha desas os visitantes montan unha contra no 75 ' que define Diego diante de Roi cun disparo seco e raso ,pegado o pao .Os quince últimos minutos voltáronse de auténtico infarto.No 83' Roi detivo de xeito providencial unha contra de Hugo.Os visitantes apuraban as suas últimas opcións e non se entregaron ata o final.Nos últimos intres houbo outra ocasion clara visitante despois doutra previa xogada a balón parado con remate final de chilena de Borja que se foi lambendo o pao esquerdo de Roi.No 88' Tara tivo o cuarto despois dunha contra por banda esquerda que se foi por pouco contra o lateral da rede. Xa no 90 ´, a última do Páramo despois doutra xogada embarullada e moito agobio prós nosos, sacámo-la con tres rexeites case baixo paos a outras tantos lanzamentos da dianteira paramesa. Houbo que sufrir neses intres.Analizada globalmente e coa calma que dan as horas posteriores este segundo tempo foi do mellorciño que se puido ver esta tempada na Medela ,con moitas alternativas ,emotividade a raudais e xogadas de moito mérito polos dous bandos ,dous equipos que o deron todo.
Con nove puntos por disputar ,a permanencia non esta de todo acadada pero hoxe demos un paso moi grande.A expensas de posibles arrastres estamos en principio a oito puntos dos postos de descenso.Outra victoria sería case definitiva ,quedan tres bolas de partido.A primeira contra o líder da categoría ,unha saida complicadísima ,O fin de semana que ven medímonos o filial do CD Lugo , POLVORÍN CF -TABOADA CF.
 

ATLÉTICO ESCAIRÓN 1 -TABOADA CF 0
09/04/16 el 09-04-2016, 20:12 (UTC)
  Derbi de necesidades contrapostas ,cos locais loitando por ascender,os visitantes por eludir os postos de perigo.Contábase na previa que sería ,a pesar de todo, un partido moi parello e equilibrado e así resultou .Os primeiros minutos comezaron cun control do xogo taboadense,con màis posesión e xogando na parcela do campo que inicialmente defendían os do Saviñao.Levaron perigo os visitantes en dous acercamentos con disparos lonxanos de Noé e David Potente.A primeira local foi tamén unha volea lonxana de Moreiras que atatallou sen atrancos Roi.No 16' Noé culminou unha ràpida contra cun chut que se foi desviado.O plantexamento do Taboada auguraba moitas complicacións o rochoso Escairón,que entre os 18 e 21 minutos sacudiuse o dominio con un disparo entre paos de Quiroguita que detivo un seguro Roi,e despois outro de Marzàn que se foi desviado.Despois proseguiron un minutos de toma e daca,con continuas idas e vidas,pero sin ocasións e achegamentos de perigo.Semellaba durmirse o partido, pero no fútbol desfanse enseguida os pronósticos.No 32' un saque de falta ràpido no centro do campo de Marzàn propicioulle unha posición inmellorable a Pandiani que despois dunha rápida carreira finalizou a xogada cun disparo cruzado que batiu a Roi,1-0.
O gol asentou o xogo local e descentrou ós nosos,que quedaron tocados momentàneamente.Recuperàmonos contra o final dos primeiros cuarenta e cinco,con dous chuts primeiro de Emilio,no 38',desviado.No 41',outro un excelente chut de Fabio sacouno da escadra Montero.Co còrner conseguinte agobiamos aos locais por uns intres ,pois proseguiu unha batería de córners consecutivos pero non embargantes foron infructuosos.Sen màis que comentar retiràmonos a vestiarios.
O segundo tempo comezou cunha pérdida de intensidade na disputa,os primeiros quince foron máis anodinos ,con pouca combinación e sin ocasións claras.Os achegamentos producíanse a contagotas e maiormente en xogadas a balón parado.O primeiro disparo entre os tres paos foi de Carrasco no 73' e foi despexado por Roi. Con todo tivemos un maior posesión da pelota ,achegandónos a un setenta por cento por un trinta e pouco dos locais,pero sin topar fisuras entre a sólida defensa local. Faltando un cuarto de hora tentamos dar un volco a dinàmica coa entrada de Jacobo,Ivi e Marcos e pasando a unha defensa de tres. Esta volta de torca acarreou efectos case inmediatos , otorgándolle un chisco màis de vivacidade e intensidade ó xogo.Pablo no 78' cun remate de cabeza ocasionou a primeira ocasión clara deste treito.Un Escairón mais reservón e conformista tratou ralentizar màis o xogo,amparándose na baza da sua mínima vantaxe.No 85' unha excelente xogada colectiva concluina Noé cunha boa maniobra e disparo moi ben colocado que se foi lambendo a cruzeta.Estes últimos minutos foron de intenso dominio noso,ainda que infructuoso.Non demos perforado a meta de Montero e os de Jorge Rodríguez conqueriron finalmente a victoría.
A semana que ven toca xogárnola na casa no que se prevé case unha final, o domingo na Medela TABOADA CF -SD O PÁRAMO.
 

<- Volver  1 ...  14  15  16 17  18  19  20 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis