TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
CD SAN CIPRIÁN 1-TABOADA CF 2
02/10/16 el 02-10-2016, 19:17 (UTC)
 Ainda non dera tempo a asentarse òs equipos no terreo de xogo ,cando unhas mans claras na área local decretounas o colexiado como penalti.Protestáronas os locais por consideralas involuntarias. O encargado de lanzalo foi Diego Poyàn.no minuto 1.Os locais trataron de refacerse con prontitude.Pero duas contras nosas trenzadas entre Fabio e Mos trouxeron senllas ocasións nos pés de Ibàn e David Potente.Foron vibrantes e entretidos estes dez primeiros minutos.O que seguiu foi igual ,ocasiòns continuas e fútbol rapidísimo.Màis perigo levamos nòs;no 16' gran xogada de Moski por banda esquerda,pase da morte atràs pra Fabio,que disparou co porteiro batido,sacou Poceiro baixo paos.Un minuto despois intercambiáronse os papeis Fabio e Mos ,chutou este e despexou Cristiàn.No 19' inmellorable ocasión e disparo de Andresín que peta no longueiro.Non habia pausa.Excelentes estes primeiros minutos nosos.No 28 ' primeira gran ocasión local nos pes de Xesús desde cerca que despexa un espléndido Roi.Só un minuto despois un disparo cruzado de Borja Mella que volve salvar un atinado Roi.Foi un tramo de encontro no que apretaron os locais.Despois neutralizámolo facéndonos co control do balón .Pero no 42' unha contra local propiciou un man a man entre Mella e Roi no que de novo o noso gardameta saiu gañador.
A segunda parte comezou màis insulsa que a primeira,màis xogo no medio campo,con menos desmarques de ruptura,en definitiva menos velocidade ,máis control e menos ocasións claras.Foi nunha xogada a balón parado no 62' cando o partido semellou inclinarse do noso lado.Ivi templou unha falta lateral na esquerda,despois dun primeiro remate de cabeza que despexou Cristian ,Poyàn atento remachou o fondo das redes.Recurtaron os locais no 83',noutra xogada a balón parado,esta vez nun còrner,que rematou Oscar cun fermoso testarazo .1-2.Os últimos minutos houbo que sufrir, e máis trala expulsión de Jacobo no 88'.A pesar disto tivemos ocasións de sentenciar.
A semana que ven primeiro derbi comarcal da tempada na Medela ,o domingo 9 TABOADA CF -SD ANTAS
 

TABOADA CF-UD XOVELAGO
25/09/16 el 25-09-2016, 18:42 (UTC)
 Primeiros minutos nos que imperaron as fortes presións que mantiñan os dous equipos e que conducían a posesións curtas,que propiciaban un xogo intenso pero non moi vistoso.Àmbolos dous equipos probaban aos metas con disparos lonxanos e frouxos.Era moita a pelexa por facerse co control do medio campo.Os locais provocaron nos primeiros minutos catro córners infructiferos ,pero que foron as ocasións màis destacadas.A partir do minuto 25 o xogo mellorou moitísimo.No 28' un disparo desde o medio campo con moita intención estivo a piques de sorprender a Trullo.No 30' a mellor ocasión visitante de Juanjo Coello que se revolveu moi ben na área,pero o disparo foise alto.No 32' boa xogada combinativa local que se quedou sen premio.No 34' foi Borja que poñia desde fora da àrea en apuros a meta defendida por Isma,o disparo foise lambendo o longueiro.Pra daquela o partido xa se volvera moi bonito No 36' foi Marcos quen puxo en apretos a Trullo cun disparo desde fora .E só un despois Jacobo nun libre directo colocouna na escadra pero atallouna o gardameta xovense.Asi sen outra novedade rematou a primeira.
A segunda comezou cun aviso xovense Juanjo Coello disparou forte,seco pero arriba.Foi un pequeno espellismo pois nestes minutos iniciais fúmonos facendo con màis posesión e o partido disputàbase na parcela xovense.Ainda que non despuxemos de ocasións nítidas.Os visitantes fiabanas a contra.O màis destacado foi un disparo de Fabio no 58' que se foi lambendo o poste esquerdo de Trullo.No 63' a xogada chave do encontro ,unha xogada desfortunada visitante trouxo o primeiro gol local.Un disparo de Moski pegou na perna de Rubio que desviou a traxectoria e despistou a Trullo 1-0.Só cinco minutos despois no 67' un inocente e innecesario penalti sobre Marcos deulle a oportunidade a Pablo de facelo 2-0;enganou a, Trullo e batiuno polo pao contrario o que se lanzara.Tras este segundo gol os visitantes quedaron por un intres a nosa mercé ,e primeiro David Potente e despois Marcos poideron incrementala vantaxe.Tentaron despois refacerse nos últimos quince minutos os visitantes sen moita convicción Despois da expulsión de Borja por doble cartón amarelo o partido terminouse de aclarar e un par de minutos despois sentenciámolo definitivamente logo dunha boa xogada combinativa Ibán facia o 3-0 cun remate desde o chan na àrea pequena.
As semana que ven entra xa o mes de outono e o primeiro desprazamento toca a A Mariña,na Veiga en principio o domingo 2 AS 16:30 CD SAN CIPRIAN-TABOADA CF.
 

SCD MILAGROSA-TABOADA CF
18/09/16 el 18-09-2016, 18:13 (UTC)
  Comezou o partido cunha enorme intensidade .Moita presión e velocidade nas transicións.A primeira ocasión foi do Taboada,os seis minutos Noé tentou unha vaselenia que se foi chisco arriba.Os 8' aos locais funcionoulles a estratexia,,falta sobre a frontal que abren a banda,desde donde sacan un centro que se convertiu en asistencia a Diego Vidal que rematou de cabeza o fondo das redes,sin que Roi poidera facer nada coa sua estirada.1-0.O gol asentou o xogo local,mentres o noso tratou de volcarse ó ataque en visos de buscar un ràpida igualada.Puido chegar no 25' nunha excelente maniobra de Noé que se planta cara a cara co cancerbeiro local Rodrigo,logrando este cuns ràpidos reflexos desbaratar a ocasión.Co paso dos minutos fumos facéndonos co control,pero a Mila defendíase con orde,esperando as suas opcións a contra e no balón parado.Chegou no 38' a mellor ocasión nosa nun libre indirecto que Pablo espetou cun dureza no longueiro.Asi sen nada màis que reseñar chegouse o descanso.
A segunda comezou de xeito desesperanzador pros intereses visitantes:no 46' còrner a prol dos locais que remata de cabeza libre de marca Rubén.2-0.Foi un gol que nos pesou como unha lousa,tentamos buscar a reacción,pero os locais fixéronse co control do xogo. No 72' tivemos unha ocasión inmellorable pra voltar a meternos no partido nunha excelente xogada de Noé cuio disparo cruzado foise raspando o segundo pao.No 78' foron os locais quen poideron sentenzar a contenda cun balón que Amarelo estrelou na cruzeta.No desconto duas indecisions defensivas levaron dous goles postreiros ó marcador,primeiro recurtamos cun gol de Noé 91´ que estivo listo pra roubarlle un balón a Rodrigo e o seu central.Nin tempo houbo pra facerse ilusións .Non ben se sacou de centro Jordi no 92´ aproveitou outra indecisión neste caso nosa pra sentenciar o encontro 3-1.Así rematou.
A semana que ven ,o domingo 25, na Medela tentaremos resarcirnos dos últimos resultados contra un dos rivais de altura :TABOADA CF -UD XOVELAGO
 

TABOADA CF 0 -SD OUTEIRO 3
11/09/15 el 11-09-2016, 20:00 (UTC)
  A primeira do partido foi nosa no 4' disparo de Ivi desde a frontal que chapou Diego Alvarez xunto a cepa do poste.Dous màis tarde outra semellante de Ivi,pero o chut foi màis facil pra Diego.No 9' excelente xogada de combinación nosa que voltou concluir cun disparo de Ivi desde punto de penalti,e volveu intervir Diego cun paradón.Estabamos a ter moita intensidade e mantendo unha forte presiòn adiantada.Co paso dos minutos foise sacudindo a presión o Outeiro,e foi chegando a nosa àrea en ràpidas contras.Non embargantes a mellor contra foi nosa no 25' acabouna Noé que fixo intervir a Diego con outro paradón que se foi a córner.A primeira concluiu sen màis sobresaltos baixando un pouco o ritmo no tramo final.
A segunda comezou cunha clarisima a prol do Taboada nun còrner ,impresionante testarazo de Ibàn que topou cunha non menos espectacular parada de Diego Alvarez que desviou a còrner. No 48' Diego voltou convertirse no salvador do Outeiro o sacar da escadra un durísimo chut de Ivi desde a frontal.Foron intres nos que estabamos a encerrar os visitantes na sua parcela.No 55' unha nova ocasión nosa ,un man a man entre Emilio e o cancerbeiro, e de novo este providencial enviou a córner.
Todo o plan e bó xogo se veu abaixo no 65' ,Nun córner illado o Outeiro sacou petroleo,do tumulto de homes ó remate Trigo aproveitouse dun balón que se fora cerrando o segundo pao e acabou introducindo o balón nas nosas mallas 0-1.Tentamos recuperarnos buscando unha ràpida resposta,tivémola.de novo nos pes de Emilio,pero de novo Diego foi providencial.Apretamos no tramo final e tentamos encerrar os visitantes na sua área.Pero corremos riscos atras cunha defensa de tres e un Outeiro con moito oficio nunha contra iniciada por Alvaro culminouna Diego Seijas que facia o 0-2 no 80'.No 86''màis do mismo,outra contra semellante e de novo Diego Seijas batia a Roi.Xa para por o 0-3 definitivo..Con todo non se pode decir que os visitantes non mereceran a victoria ,máxima eficacia ,tres ocasións tres goles .Pola nosa parte demasiado castigo para tanta paixón e derroche, Así rematou todo.Pena.Outra vez será.E todo o día que David Montes volvía a unha convocatoría despois dun ano lonxe da casa.A mellor nova do día ,que xa o temos acó.
A semana que ben toca levantarse ,visitamos a capital , a fin de semana SCD MILAGROSA -TABOADA CF
 

CF RIOTORTO 0 -TABOADA CF 1
4/9/16 el 04-09-2016, 19:51 (UTC)
  Comezou o partido cunha calor sofocante que non someteu no inicio a intensidade inicial de àmbolos dous conxuntos.Era bonito o xogo con idas e vidas continuas,e chegadas ás duas àreas pero sin ocasións claras.A primeira un pouco notable tivoa o equipo local no 22' un centro de Seco que rematou Play cun remate frouxo de cabeza.As seguintes foron nosas un saque en longo de Roi que estivo a piques de aproveitar Mos cun remate de cabeza.Despois un chut lonxano de Noé,ben direccionado pero frouxo.No 31 'un man a man nítido entre Kevin sacouno este coa luva a córner.No 34 ' unha falta lateral a prol nosa culminou cun remate a boca de xarro de Nico que rexeitou Marcos xogàndose a integridade física,paradón. No 37',xogadón de Mos que se vai de todos por velocidade en banda esquerda,culmina cun pase da morte ó que non chega Fabio.Dous despois un chut de Noé foise desviado.No 40' Play rematou de cabeza un còrner que se foi alto.
O segundo tempo comezou nuns parámetros semellantes a primeira : intensidade,velocidade,como premisas nos dous conxuntos ;menor era a precisión.A primeira notoria deste segundo acto foi un chut de Noé que se foi desviado tras unha boa acción individual.No 56' boa ocasión de Mosqui que remachou caéndose un centro dende a dereita.Nestes intres estabamos a impoñer un dominio territorial,xogando màis na parcela local.No 68' inmellorable ocasión local,Play sin marca na área rematou o longueiro.O tramo final perdeu ritmo e desapareceron as ocasións.O empate estaba a ser xusto.Tivo que aparecer Moski cunha gran acción individual :,foise de toda defensa,deixando atrás ata tres defensores o cuarto derrubouno , e provocou un penalti claro,que transformou con contundencia Pablo,pegado a cepa do poste esquerdo
.Importante victoria pra comezar diante dun equipo que levaba dous anos imbatido na Veiga,un campo no que vai ser complicado gañar.
A segunda xornada de Liga deparanos o primeiro partido na Medela ,o domingo 11 TABOADA CF -SCD MILAGROSA
 

VIVEIRO CF B 2 -TABOADA CF 2
28/05/16 el 28-05-2016, 22:42 (UTC)
 Comezamos sorprendendo aos locais nos primeiros minutos cunha presión adiantada que deu uns inmediatos resultados,producto dela propiciouse un fallo no despexe da sua defensa no min. 3 e Alex Pita recolleu o balón e batiu a Oscar no man a man.Os locais trataron de reaccionar e amosaron unhas moi boas maneiras.Nós non embargantes moi ben posicionados aguantámoslles moi ben esperando as nosas opcións.Así nunha delas nun córner no 18' un espectacular remate de cabeza de David Potente, este puxo o 0-2 no marcador.Foron duas guindas que fixeron xustiza a unha gran posta en escena e con todo merecemento marchamos así ós vestiarios.
A segunda parte comezamos tamén moi firmes ,e os locais votáronse a desesperada na búsqueda do marco rival.Semellaba que os nosos estaban con todo a poder controlar a situación.E así as cousas tivo lugar a xogada clave do partido.No 57' un penalti riguroso que transformou Rubén volveu meter os locais no partido.mentres os nosos se vaciaban no esforzo pelexando coma xabatos. A partir de entón empezou a descargar tamén unha enorme tormenta que voltou o partido ata unha loita épica.No 72' de novo despois dunha falta laxa Rubén volveu anotar nun libre directo e empataba a eliminatoria.O partido despois foinos pesando nas pernas e os locais máis frescos e con máis cambios apretaron ata o final.Ainda con varios xogadores acalambrados e aguantando renqueantes tivemos duas opcións nos pes de Alex; eles unha que logrou despexar Rodrigo.A nosa defensa numantina nos últimos minutos levounos a merecer cando menos a que o partido tivera como desenlace a loteria dos penaltis.
Alí a sorte decantouse do bando local e a desolación apoderouse dos nosos.Forma parte do fútbol.Tamén nos deixa o moito que nos ensina.Non sempre son as victorias a mellor virtude deste deporte.E o esforzo,o compañerismo ,o orgullo de defender e sentir esta camiseta deste xeito en dias como o de hoxe o que curte grandes persoas.Temos que decilo moi alto :E un orgullo que sintades esta camiseta tan dentro,grazas por levala nas venas.
 

<- Volver  1 ...  13  14  15 16  17  18  19 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis