TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SCD RESIDENCIA 0-TABOADA CF 2
13/11/2016 el 13-11-2016, 19:55 (UTC)
  Primeiros vinte minutos nos que saimos cun plantexamento moi ofensivo que sorprendeu aos locais,que se viron obrigados a xogar repregados .Cunha presión moi adiantada comezaron a chegar acercamentos nosos con moito perigo.No 12 ' despois dunha falta sobre a frontal,Jacobo cun lanzamento maxistral do libre directo conqueriu o 0-1,o lanzamento precioso elevouse con rosca porriba da barreira e entrou xunto a cepa do poste,lonxe do alcance de Yelko.0-1. No 16' e despois doutra falta lateral a noso favor tivo lugar unha xogada combinativa nosa dentro da área que culminou Ivi cun chut colocadisimo a cruceta que sacou Yelko cun soberbio paradón.A partir do vinte os locais trataron de sacudirse o noso dominio,impoñendo un forte ritmo, con achegamentos baseados na combinación e na velocidade,pero faltos de remate;de suliñar só un centro que rematou Javi Raposo,en posición forzada,fora por pouco.Ó adiantar liñas deixaban espazos atràs que poidemos aproveitar con outro lanzamento lonxano de Jacobo que voltou facer intervir a Yelco con outro paradón,no 33'.A nosa presión continuaba e moi ordeados e sen contemplacións atrás conseguimos que a Resi non creara ocasións nítidas neste tramo màis ca un remate de Mauro que sacou a còrner Roi non sen apuros e xa no 44'.
A segunda comezou coa mesma tónica por parte dos dous equipos ,os locais apretando màis,tratando de meter máis ritmo,pero que o mellor a nós nos beneficiaba e así propoñiamos máis fútbol e a mesma intensidade,cunha forte presión que anulaba o fútbol de ataque da Resi.O contrario do agardado, nós tiñamos máis presencia ofensiva co rival.No 69' despois dunha excepcional xogada e manobra de Sesin ,Emilio estrelou o balòn na cruceta.No 73' tremenda contra conducida por Ivi,desde o medio campo ata frontal donde aguantou a Toro e Rubén e esperou a incursión de Emilio a quen lla cedeu e este fusilou con oficio e temple a Yelko,0-2.
Os últimos minutos foron de acoso da Resi;a mellor ocasión deles no partido foi no 85´de Roberto a boca de xarro,e sacou Roi cun paradón.No resto non houbo agobio excesivo ainda que foron minutos pra sufrir e desfrutar da victoria.
Foi un señor frunfo,diante do líder destacado da categoría,que só cedera dous empates e non sufrira ningunha victoría ,froito dun traballo extenuante que non só corta unha xeira de derrotas senón que ten que server pra coller uns azos que leven o equipo a zona noble,que corresponde a calidade do plantel a pesar das múltiples baixas.
A semana que ven non podemos fallar, o domingo día 20 ,feira en Taboada,agárdanos un derbi de proximidade TABOADA CF SD O PÁRAMO
 

TABOADA CF 0-AD BÓVEDA 1
05/11/16 el 06-11-2016, 20:47 (UTC)
  Primeiros minutos de tanteo,nos que os dous equipos querían dominar e tocar o balón con criterio.Un libre directo por màn sobre a frontal,no 16' foi a primeira ocasión clara para os visitantes,lanzou Leo chapou Roi en dous tempos.O Bóveda parecía querer xogar màis de cara arriba nestes intres.Namentres tivo lugar un feito decisivo,nunha acción fortuita cando estaba a presionar a Macía ,Noé que estaba a ser moi incisivo chocou con aquel e desafortunadamente recibía un golpe na cabeza e totalmente involuntario.Minutos despois tivo que ser substituido con mareos e desorientación evidente,e rápidamente foi trasladado a Urxencias. O partido proseguiu ,Outra falta, esta no 26' foi a primeira nosa ,colgouna Jaco,rematou Noé,pero foise .As defensas ben ordeadas impoñíanse ós ataques e non concedían ocasións.Rematou, así inulsa ,a primeira metade.
A segunda comezou envolta en auga, arreciando por intres, pero nunha tónica futbolística similar .Os ataques romos e seriedade defensiva.Nestes primeiros quince primeiros exercemos un lixeiro dominio,pero nunha contra excelente os visitantes tiveron unha ocasión inmellorable,o contragolpe persoal de Leo conducindo desde o medio culminouno cun disparo desde a frontal ,salvou os mobles Roi cun paradòn espectacular.Era o 18'. No 65' os mesmos protagonistas esta vez desde cerca remataba Leo asistido por Iago,volveu intervir Roi con outra parada descomunal.Facía màis méritos o Bóveda.Sobre a media hora da segunda voltamos coller as rendas ,comezamos cun remate de cabeza de Pablo a saida dun córner,que se foi lambendo cruceta.Tiñamos màis posesión pero os visitantes seguían lanzando contras.Nunha boa triangulación local no 80' foi culminada por Fabricio en posición inmellorable,o balón foise arriba.Os últimos dez foron plenos de emotividade.No 85' penal a prol dos visitantes,por unhas unhas presuntas máns que causaron moitísimas protestas locais e que polas imaxes de Televinte seica son máis ca xustas reclamacións ,Lanzou e transformou o penal Armesto,forte e o centro inapelable.0-1.Tentamos buscar o empate con disparos de Ivi,Sesín.e Pablo xa a desesperada.Non houbo xeito,Así rematou o encontro.
Con todo o resultado non foi a peor noticia da xornada ,a finalización do encontro chegábanos a nova de que Noé quedaría en observación entre 24 e 48 horas por un traumatismo cráneo -encefálico.Co paso das horas e máis probas foise descartando a gravidade do mesmo , non de todo a preocupación,pero agardamos que non pase dun pequeno susto.Desde acó agradecemos no seu nome e na da sua familia e de toda gran familia do Taboada tódalas mostras de cariño e preocupación que nos facedes chegar.El esta moi tranquilo e séntese como un buxo.A todos grazas.
As semana que ven toca resarcirse desta mala xeira diante do coco da categoría,todo un reto ,a domicilio na Cheda SD RESIDENCIA -TABOADA CF
 

CHANTADA ATL. 3 -TABOADA CF 2
29/10/16 el 30-10-2016, 20:53 (UTC)
  Despois duns primeiros minutos de lixeiro dominio visitante,nos que tivemos o control do balòn,pero sin disparos a porta,os locais sacudíronse cun primeiro remate de cabeza de Eric,que despexou a córner Isma,no 15'.Dous despois tíñase que retirar mancado Marcos,entrando no seu lugar Noé.O partido transcurriu despois por uns paràmetros de igualdade.Nós tivemos ocasións con disparos lonxanos de Noé,Ivi e Javobo.Atà unha incursión de Emilio por esquerda,centrou ó segundo pao,onde apareceu Ivi,libre de marca e definiu con temple diante de Rays.29' 0-1.Semellaba que tiñamos o partido controlado,pero nunha xogada desafortunada ,nun balòn colgado por Dani ,Alex no seu afán por despexar coa cabeza acabou por introducila na meta cunha parábola imposible pra Isma.Así,sen màis ,chegouse o intermedio.
O segundo tempo non puido empezar peor para ós nosos intereses,unha bola que comprometemos,e despexamos ó balcón da àrea aproveitouna Adri,para encarar e definir diante de Isma,que nada pudo facer.47' 2-1.Tratamos de enderezarnos ,o gol en contra semellou espolearnos con duas ocasións e disparos consecutivos de Ibàn,en acción individual,e Noé tras xogada combinativa.No 64' volvémola ter despois doutra boa xogada de combinación,que finalizou de novo Ibàn,cun disparo que tentou colocar.Nunha contra local,na sua mellor xogada do partido no 68' Adri asistiu a Eric que só tivo que empurrala,3-1.O partido púxose moi costa arriba.No 80' prodúcese a expulsión do local Dani,por doble cartón amarelo.Tres despois penalti claro de Rays sobre David Potente,que acarreu a expulsión do cancerbeiro,o penalti transformouno Fabio con Alex Moure baixo paos.Os últimos minutos foron de acoso e derribo por parte nosa ,con todo o equipo volcado ó ataque,pero non demos conquerido nada positivo.
A semana que ven trataremos de resarcirnos das últimas duas derrotas consecutivas cun clásico na Medela TABOADA CF -AD BÓVEDA
 

TABOADA CF 0 PASTORICENSE UD 2
23/10/16 el 23-10-2016, 19:18 (UTC)
  Comezou o partido cos equipos tratando de calibrar o xogo do rival.Quizais os visitantes coas ideas màis claras.A primeira ocasión máis suliñable foi visitante no 6',nunha acción moi idiosincràtica do xogo pastoricense,falta lateral colgada sobre a nosa àrea ,aproveitan a súa gran envergadura pra que Iago gañando ben a posición remate coa testa o poste dereito de Roi.Non tardamos en meterlle màis intensidade o xogo,equiparàndose as forzas con duas acciòns nosas en ataque que fixeron recuar un pouco ós da Pastoriza.Co paso dos minutos o equilibrio foi a nota predominante sen ocasións nítidas.Pero esta desfíxose no minuto 34 cun golazo visitante,Raúl cun soberbio disparo escorado na banda e desde moi lonxe sorprendeu a Roi que chegou a tocar,pero o balón entrou despois de petar no longueiro,0-1.Tratamos de reaccionar con prontitude pero sin tino con dous disparos de Nico e Ibàn.Non chegamos a estar cómodos neste tramo do encontro,sen poder despregar o noso xogo.Os visitantes ó contrario,ben colocados non pasaban apuros.Así rematou a primeira.
A segunda comezou cun cambio de decoración,saimos màis arriba ,con presión adiantada.Tivemos unha grandísima oportunidade no 58,un impresionante disparo de Marcos desde a frontal estampouse no longueiro.Este dominio insistente co paso dos minutos aumentou,pero era infructuoso.Con máis corazón que xogo cerebral.Coa expulsión de Pablo no 84',pareceu clarexarse o camiño para os visitante que xogaron os últimos minutos en superioridade.Tres despois sentenciaban nunha contra que finalizou Rubén 0-2.E aí rematou o partido,non se viu nada máis.
A fin de semana que xa entra toca refacerse nun derbi comarcal,desta volta a domicilio ,no Sangoñedo CHANTADA ATLÉTICO-TABOADA CF.
Os xuveniles xogaran como locais TABOADA CF-SCD SAGRADO CORAZÓN
 

CD FOZ 0-TABOADA CF 0
16/10/16 el 19-10-2016, 17:58 (UTC)
 Fecha: Domingo, 16 De Octubre De 2016
Club Deportivo Foz: Bruzos, Brais Prieto, Samuel, Javi Chinchón, Dani Chinchón, Canario, Gonzalo Fraga (Miguel Cayon 60'),Diego Hermida, Asier Burundarena (Daniel Chao 75'), David Alvarez y José (Xian Paz 50')
Taboada Club de Fútbol: Roi, Pablo, Marcos (Andrés 76'), Nicolás, Noé (Adrián Fernández 84'), Jacobo (David Potente 46'),Poyán (Emilio 63'), Ibán, Ivan Gayoso, Fabio y Mosky
Árbitro: Alvarez Ignacio, Adrián (LUGO)
Empezou o partido eléctrico,con achegamentos velocísimos ás duas áreas.Os primeiros quince minutos foron preciosos,quizais merecentes de superior categoría.Con ocasións de Gonzalo e Brais por parte local,e de Pablo,Fabio e Mos polos visitantes.A mellor unha volea do local Hermida no 17' que tras despexar Roi cun paradón petou no traveseiro.Era un gol cantado.No 21' outra clara un man a man entre Asier e Roi,entretívose o focense e non deu caneado a Roi que lla sacou co pé.No 30' a mellor visitante boa acción individual de Mos por banda dereita ,o seu disparo deteno Bruzos xunto a cepa do poste.No 32' doble ocasión local nunha xogada embarullada na nosa área,solventou Roi con dous paradóns.No 34' disparo dende cerca de Gonzalo que petou no poste esquerdo da meta de Roi.Nestes minutos dominaban os focenses,despregando un fútbol físico e incisivo.No 40' un penalti moi claro de Bruzos a Moski,neutralizado por un previo fora de xogo duvidoso .Sen màis que salientar rematou un fermoso primeiro tempo,disputadísimo e tenso,envolto tamén na polémica que tamén conlevou a expulsión do técnico local.
O segundo tempo comezou un pouco màis frouxo en canto o ritmo e ocasións.Os dous equipos adoptaron tamén màis precaucións defensivas e o partido desenrolouse máis no medio campo.Co paso dos minutos fúmonos apoderando da pelota,e cunha maior actitude fixémonos co dominio do centro do campo.Tivemos un par de achegamentos que culminaron con dous disparos de Noé e Ivi no 70' e 71' respectivamente.Nesta fase anularamos en ataque òs focenses.Un disparo de David Potente no 73' plasmaba un dominio acuciante;faltaba a guinda do gol.No 76' , a mellor ocasión local da segunda foi un libre directo lonxano que lanzou Canario frouxo.Nos últimos intres ámbolos dous equipos acusaron o esforzo ,só quedou pra salientar outra nova xogada polémica esta vez na área visitante,pois os locais reclamaron outro penal a seu prol.
Pra semana agárdanos un xa todo un clásico na Medela ,entre dous equipos que ascendemos a Primeira Galicia o mesmo ano, aló polo 2010,O domingo 23 as 16:30 TABOADA CF -PASTORICENSE UD.
Na Primeira Autonómica xuvenil outro derbi tradicional nos Chacotes ,sábado 22 CD PALAS-TABOADA CF
 

TABOADA CF 2 -SD ANTAS 0
09/10/16 el 09-10-2016, 18:41 (UTC)
  Era o de hoxe un derbi especialmente bonito,un enfrontamento marcado por que o destino quixo que os Guerreiro se viran cara a cara nun terreo de xogo,defendo camisolas diferentes,ademáis ámbolos dous titulares.O partido comezou dominado polos locais,que ademais do control do esférico poñian as ocasións,non nítidas,pero si rondando a meta de Pallares con insistencia.O màis notorio nos primeiros minutos foron dous disparos lonxanos de David Potente.e Fabio.Os visitantes ben pertrechados atrás chegaron por vez primeira no 30' cun disparo tamén lonxano de Guerreiro,sen atrancos pra Roi.Contestou Ivi cun disparo màis intencionado pero estivo Pallares atinado.No 35' un centro-chut de Costa levoulle complicacións a Roi ,non embargantes sacouno a córner,no cal o noso cancerbeiro lesionouse momentáneamente.Sin moito máis que reseñar rematou a primeira.
A segunda comezou con moitos cambios por parte local,entraron Marcos,Alberto e Alex e cunha clarísima ocasión nosa,un disparo contundente e colocado de Ivi que se estampa no pao.O decorado cambiu un pouco neste inicio,con màis precisión e velocidade nosa,pero o marcador non se movia.No 55' gran xogada trenzada entre Alberto,Marcos e Emilio que culmina con chut deste que rexeita Pallares con moitos atrancos.Un minuto despois outra boa combinación diseñada por Mos e Marcos que remachou Pablo moi arriba.No 62' un man a man entre Pallares e e Marcos resolveuno este cun disparo desde fora que aquel rexeitou a córner.Pra daquela o dominio local era abrumador.E no 65 ' ía tanto a cunca a fonte que Marcos que se estaba a convertir no màis incisivo serviu de revulsivo sacándose un preciso e precioso chut que entrou batendo antes no poste.1-0.O partido continuou polos mesmos derroteiros,sen visos dunha reacción visitante,e màis perto dun segundo gol local,que do empate.Pertiño do final no 88' xogadón de Alex que se foi como unha moto pra chegar a liña.de fondo e asistir a Moski que culminou cun disparo raso que batiu a Pallares.Foi un gol que facía algo màis de xustiza os méritos de uns e outros.
A semana que entra xa desprazarémonos a A Mariña,nun enfrontamento contra un dos híistóricos do fútbol provincial que non sen tempo volve onde cando menos merece estar ,e cun plantel que o converte nun dos favoritos o título,o domingo no Martinez Otero CD FOZ -TABOADA CF
 

<- Volver  1 ...  12  13  14 15  16  17  18 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis