TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
CD SANTABALLÉS 3-TABOADA CF 0
08/01/17 el 08-01-2017, 20:42 (UTC)
  Comezou o partido cunha forte presión adiantada do equipo local;non embargantes a primeira gran ocasión foi visitante no nun lanzamento de Jacobo desde a frontal que desviou a córner Adriàn cun paradón excepcional.A partir de aqui equilibrouse o dominio do balón e o tempo do partido,con idas e vidas alternas. No 25' logo dunha cesión atràs de David Potente o local Nico internouse na área e despois de salvar a Roi,o seu centro paseuse baixo meta sen encontrar rematador.Non se estaba a prodigar o partido en ocasións claras.No 35 ' e despois dunha contra nosa na que nos fumos escorando a esquerda, perdemos o balón que despexaron en longo o balón ,que recolleu Nico e despois de percorrer medio campo batiu no man a man a Roi,1-0.De ter unha boa ocasión de poñernos por diante pasamos a afrontar o resto do encontro co resultado en contra.Con el chegouse o descanso.
O segundo tempo comezou anodino,custoulles a ámbolos dous equipos meterse no encontro,ainda que co paso dos minutos e o marcador axustado foi in crescendo a intensidade e a emotividade.No 63' unha xogada desafortunada puxo en franquía o partido para os locais ;unha falta lateral a prol deles foi despexada por Pablo de cabeza,coa mala sorte que se direccionou cara meta de Roi e rematou no fondo das redes 2-0.O gol local fixo envalentonarse os nosos,que desputaron desde aquela os mellores minutos.Marcos por duas veces puxo en moitisimos apretos a Adriàn que lle sacou duas luvas providenciais,unha nun libre directo,que enviou a còrner,e outra desde fora da área,co mesmo resultado.Tentouno tamén desde lonxe David Potente ,pero o disparo marchouse fora.No 84' despois dunha contra local Palomo sentenciou definitivamente cun disparo cruzado que batiu a Roi.
Despois de comezalo ano e pechala primeira volta cun novo revés a semana que ven afrontamos o comezo da segunda parte do campionato cun primeiro enfrontamento na casa ,o domingo 15 na Medela TABOADA CF -RIOTORTO CF
 

TABOADA CF 0-ADC VALADOURO 1
18/12/16 el 18-12-2016, 20:01 (UTC)
  Comezou o partido con moita intensidade por parte das duas escadras,pero tamén adoptando os dous precaucións sin expor en demasía.Así no comezo víronse chegadas pero sin ocasións nítidas ,froito tamén do orde e contundencia defensivas.O mellor consecuencia deste exceso,unha dura entrada acarrexou a lesiòn de Moski,contratempo notorio pros nosos intereses.A gravidade que semellaba nun principio ,queda de momento en suspenso,a falla de máis provas as primeiras exploracións indican un forte esguince con desgarrro .Só catro minutos despois no 28' un centro chut de Cora colouse endiañado na porta de Roi 0-1.Moitos contratempos xuntos que non minguaron os ánimos locais.Os visitantes deron un pasiño atràs buscando chegar o descanso con vantaxe.Chegaron ocasións nosas nas botas de Pablo,cun forte libre directo e Poyàn,cun bo control e remate a reviravolta.Así rematou a primeira parte.
Iniciouse a segunda cunha tónica similar ós últimos minutos da primeira cun Taboada màis incisivo e un Valadouro màis repregado e especulando co resultado.Tivo Fabio unha primeira ocasión no 47' que detivo Hugo con atrancos.A fé e crer nas nosas posibilidades fixo que foramos medrando no partido e foron caendo ocasións e merecementos.David Potente tivo unha excelente nun bó remate de cabeza,no 62'.O dominio do Taboada CF tendeu a ser cada vez màis abrumador cun Valadouro que descaradamente se votaba atrás,fiando todo a calidade de Felipe Varela,que se quedaba moi só en punta.Pablo tentouno cun disparo lonxano que se foi lambendo o longueiro no 69'.No 72' xogada moi protestada na área visitante por unha caida de David Potente,non se considerou que pasara daí.Estabamos a realizar unha segunda parte moi completa.Os últimos minutos foron de acoso e derribo,con continuas chegadas,de tódolos xeitos,a balón parado,catro libres directos ,sete córners,por bandas ,incursións pola dereita ,pola esquerda,Un último intento de Ivi na última do partido cun excelente chut colocado a cepa do poste donde o atallou Hugo..Pero ren, non deu chegado o desexado premio ó esforzo.Así rematou o partido .
Con este encontro tamén remata o ano ,aproveitamos este intre para desexarvos unhas Felices Festas,e emplazámosvos o dia 8 de xaneiro data na que terá lugar o último envite da primeira volta,no Campo da Liga CD SANTABALLÉS-TABOADA CF.
 

SD MONTERROSO 4-TABOADA CF 1
11/12/2016 el 11-12-2016, 18:55 (UTC)
 Sairon os dous equipos con impetuoso afàn ofensivo.O minuto reclamamos penal por unha caida de Nóe na àrea local.Os tres minutos a saida dun córner Fernando entrando desde atràs e cun certeiro testazazo puxo o 1-0.O partido non tivo pausa neste comezo,continuas transicións,moita velocidade e moita disputa.Pudose partir o partido nunha contra letal dos locais que definiu no man a man Basi con Roi,2-0. A pesar de que foi un duro golpe,non.baixámolos brazos e continuamos a tentar dominalo control do balón,e xogando ó ataque.Tivemos opcións con dous disparos de Moski.Os locais xogando a contra tamén poideron sentenciar pero Roi estivo atinadísimo.Nos últimos minutos da primeira baixou un pouco ritmo do encontro,e sen màis novidades chegouse o descanso.
A segunda parte comezou tamén cun ritmo descafeinado,os locais defendendo con moito orde e acerto,nós tentando arriscar un pouco màis,pero sin precisión.Froito de estar mellor asentados e da sua intensidade maior e tras aproveitarse dunha mala saida nosa chegou o terceiro gol local no 59' obra de Pardo,que definiu con contundencia tras levarse o balón por forza.No 70' chegou a sentenza definitiva logo dunha boa xogada do propio Pardo que lla cedeu atràs a Loren que só tivo que empurrala.No 85' Fabio despois dunha boa xogada de Moski conseguiu recurtar facendo o 4-1.Só serveu pra adecentalo marcador final.
A semana que ven toca unha nova revalida,desta volta na Medela contra un equipo chamado a estar arriba,o domingo TABOADA CF -AD VALADOURO.
 

TABOADA CF 1 -SD CHANTADA B 0
04/12/16 el 04-12-2016, 20:20 (UTC)
 Era máis que un partido de rivalidade ,un encontro entre compañeiros e amigos ,na Sd xogaban ex-xogadores do equipo local como Manute,Manu,Tara ou Pablito ,no Taboada militan xogadores co pasado no Chantada como Sesín , Fabio,Noé ou Ivi .Por todo elo imperou a deportividade ,pero foi tamén un derbi moi disputado.
Comezou o partido cos locais tentando ter e tocar a pelota,e os visitantes moi ben colocados e repregados e contragolpeando con criterio.Non obstante a primeira ocasión foi da SD ,Efrén foise moi ben de dous defensores,xa en posición de disparo o balón foi cortado por Ibàn.Era o minuto 4.Continuamos a ter o balón pero sin chegar con claridade.De novo eles tiveron outra ocasión noutro contragolpe no 16 ´,fixoo moi ben Xende,pero o seu disparo cruzouse moito.No 22' a primeira gran ocasión local Fabio desde a frontal lanzou un disparo axustado o pao dereito,sacouno Toni cunha luva providencial.No còrner subsiguinte remachou David Potente desde o chan o balón foise lambendo pao esquerdo.No 28' unha boa xogada por banda esquerda de Ivi concluina cun chut que se foi o lateral da rede.No último cuarto da primeira o conxunto local apretaba e trataba de xogar en vertical e buscando profundidade,non embargantes non estabamos a dispor de ocasións claras.Esto propiciou que o partido se rompera un pouco con idas e vidas,pero non tivo consecuencias de cara o marcador.Na última do primeiro Ivi cun chut seco rozouno pero o balón foise por unha man.
A segunda parte comezou tamén moi animada e entretida e pronto comezaron a chegar boas ocasións.Os dez minutos un gran disparo de Jacobo,que entrou na segunda,sacouno Toni a còrner cun paradón.No 58' Ibàn libre de marcaxe tivo unha moi clara ,o seu disparo foise arriba cando buscaba a escadra esquerda.Xa entardos nos sesenta salientamos un bó disparo de Mosqui que atallou Toni,e un centro chut de Noé que se paseou porriba do longueiro;tamén unha media volea de David Montes,que regresaba coa alta na man a unha convocatoria tras estar no dique seco desde setembro.No 67' gran xogada de Noé, seu disparo foise lambendo o pao cambiado. Foron os nosos mellores minutos. Encaramos o último cuarto de hora acumulando màis méritos co rival,pero coas tàboas inamovibles.Tivo que ser no balón parado onde comezara a resolverse o encontro,unha falta sobre Jacobo no balcón da àrea, o libre directo consecuente encargouse de executalo Fabio salvando a barreira con potencia e mestría,Toni pouco puido facer.1-0.Puido sentenciar logo Mosqui,tras unha excelente xogada de Noé,pero Amis anticipouse pra enviar a córner.Tamén Emilio puido anotar e rematalo tanteador con forte testarazo que desviou a córner Toni,o máis sobranceiro da Sd nestes segundos cuarenta e cinco.Con todo nós últimos minutos os visitantes foronse a desesperada na búsqueda do empate e forzaron dous córners que levaron a incertume as gradas.Non aconteceu máis nada,e finalmente poidemos adicarlle a victoria ó noso xuvenil Diego López,habitual nos entrenos dos seniors que por a maña sufría una seria lesión que o manterá alonxado dos terreos de xogo ata a Copa cando menos.
A semana que ven novo derbi clásico ,esta volta a domicilio ; o domingo en Cerdeiriños SD MONTERROSO-TABOADA CF.
 

SD BURELA 2- TABOADA CF 3
27/11/16 el 27-11-2016, 20:52 (UTC)
  Nun desplazamento cargado de incidencias ,que comezou cunha avería no bus que fixo que o partido comezara 15 minutos máis tarde do seu horario oficial.Con todo garantiuse a disputa do partido.
O partido comezou pleno de fútbol con duas escadras que gostan do fútbol aberto e de ataque.Pronto chegaron ocasións,os dous minutos logo dunha xogada de Moski,tiveron ocasión de engatillar Jacobo e Ibàn,ámbolos dous marraron no intento.Dous màis tarde os locais despois dun córner o remate de Marcos paseouse por diante da meta de Isma sen encontrar rematador.No 19' balòn en longo á espalda da nosa defensa caeoulle nos pes a Jairo que define man a man con Isma,desde fora da àrea 1-0.Non deixaron de acontecernos hoxe incidentes desafortunados,aos 25 ' caeu lesionado Marcos,que tivo que abandonar o partido entrando Sesín no seu lugar.Foi o propio Sesín que cun chut desde fora da área cortaba o dominio que estaban a establecer os locais desde o gol.Foi certo que despertamos poñendo màis intensidade,e nunha falta lateral por banda esquerda levada por Emilio ,a quen lle fixeron a falta, e botada e templada por Ivi,rematou Pablo con sútil testarazo poñendo as táboas no marcador,no 33' 1-1.
Proseguiu véndose un bonito encontro,con continuas e vidas.E moita intensidade,maior co paso dos minutos.No 44' unha boa xogada individual de Jairo cortouna Nico desde o chan e sobre a liña, con Isma desbordado.Sò un minuto despois,excelente xogada de Roony por banda dereita con pase atràs o segundo pao a Jairo que revolvéndose bate a Isma.Gol dos chamados psicolóxicos e que poñía o 2-1.Resultado co que se chegou ó descanso.
A segunda parte comezou cun conxunto local moi ben colocado e tentando presionar moi arriba a nosa saida de balón ;nos primeiros quince non topamos xeito de desfacer o seu entramado ,a pesar de dominar a posesión.Coa entrada no campo de Poyàn e Potente e a introdución de variantes tácticas tentamos de melloralas prestacións.Cando menos os resultados non se fixeron agardar.No 60´ e logo dun córner o balón caeu o vértice da área donde a enganchou Jacobo sen deixala caer cun trallazo que entrou a media altura do poste esquerdo de Simón, golazo que supoxo o 2-2.Continuou o partido co noso dominio territorial,pero pleno de disputa.Chegouse o 80' no que unha gran apertura de Poyàn desde o círculo central pra Moski polo carril esquerdo , este internouse na área e foi derrubado polo seu par,o penalti decretado polo colexiado foi transformado por Pablo pegado a cepa do poste dereito de Simón. Era o 2-3 que a posteriori resultaría definitivo.O partido despois endureceuse,e concluiu cunha tangana,que trouxo como consecuencia a expulsión de Julio Cayón e Pedro por senllas agresións a Moski e Poyán e a deste último por doble cartón amarelo.Finalmente imperou a cordura e as cousas non pasaron a maiores.O encontro rematou con ese tanteador.
O próximo encontro xa entrado o mes de decembro,o domingo día 4 na Medela AS 16:00,derbi de rivalidade comarcal TABOADA CF -SD CHANTADA B
 

TABOADA CF 0 -SD O PÁRAMO 1
20/11/16 el 20-11-2016, 20:25 (UTC)
  Comezou o partido con ámbolos dous equipos tentando xogalo balón con criterio e dinamismo.Os cinco minutos foille anulado un gol a David Potente por un fora de xogo previo.Os 10' primeira ocasión visitante nos pes de Borjita que se revolve na área e rexeita Roi a córner.Dous despois Fabio probaba sorte cun disparo desde fora da àrea.O partido foi perdendo un pouco de ritmo co paso dos minutos,e sen un dominador claro do encontro.No último cuarto da primeira voltaron aparecer novas ocasións.No 33' un remate de Pablo de cabeza a saida dun córner sacouno sobre a liña de meta Omar cando xa entraba;na continuación da xogada o mesmo Pablo desde fora da área chutou axustado ó pao,o balón lambeu a cepa.No 38' Fabio tentouno de novo cun disparo colocado a altura da cruceta.Estes minutos foron de dominio noso.Pero non se puido reflectir no marcador.
A segunda parte comezou cun equipo local tratando de embotellar os parameses,que se defendían con orde e tentaban sair ó contragolpe.Nin uns nin outros concretaban as ocasións creadas,todo elo hai que decilo pouco claras.A saida de Moscoso o campo no 55' semellou traer un cambio e cambio de marcha o ritmo do partido.Ambas escadras parece que puxeron desde entón màis velocidade.Non levaba no campo dous minutos e xa xerara unha ocasión propia e outra na que asistiu a Fabio.Con todo o partido mantiñase equilibrado en liñas xerais.Encamiñouse o partido ós últimos quince minutos cheos de emotividade,máis pola incertidume do marcador que por tensión de xogo.No 84' dispuxemos dunha doble ocasión primeiro de Fabio,que sacou defensa visitante baixo paos,e logo Jaco,en posición franca,rematou desviado.No 88' na mellor combinación local de novo desbaratou a córner Fontal baixo a liña de meta.Trouxo consego unha sucesión de córners a prol do Taboada,que encerrou os parameses no desconto.No 93' despois doutra boa xogada combinativa Moski estrelou o balón no traveseiro.E no 96 ´ na última xogada do emcontro cando técnico e xogadores visitantes estaban a pedir a hora nunha contra fulgurante do Páramo Saul non sen certa dose de fortuna conqueriu o único gol do partido,0-1 Un xarro de auga fria para os locais,ó mellor non mereciamos a victoría,pero tampouco a derrota e menos de xeito tráxico.Por suposto hai dramas maiores .Deste noso rexudiremos,non hai caso.
A semana que ben toca desprazarse a costa , o domingo 27 na Marosa SD BURELA -TABOADA CF
 

<- Volver  1 ...  11  12  13 14  15  16  17 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis