TABOADA C.F.

Novas

TÓDALAS CRONICAS E MOITAS MÁIS FOTOS,DESTA XORNADA E ANTERIORES... CONSULTA AS MÁIS ANTIGAS NO ARQUIVO DO BLOG(MARXE DEREITO).Esta tempada 15/16 tentaremos ir archivandoas neste apartado da web que titulamos NOVAS. Máis avisos a navegantes:no apartado audiovisual introduciremos algunha novidade ,pois esta tempada seguiremos facendo un seguimento puntual dos partidos ,(Tipo carrusel: minuto e resultado cos intres mais salientables dos encontros) na conta de Twitter @TaboadaCF ,especialmente nos de fora da casa,pensando naqueles afeizoados e siareiros que non podan desplazarse,e naqueles que estan lonxe da nosa terra e que nos siguen desde todolos recunchos do planeta. Asi que xa sabedes comezade xa a seguirnos tamén alí.E non deixedes de facelo tampouco na web,no blog e no pérfil de Facebook onde tentaremos seguir informándovos das actualizacións,das programacións do fin de semana,dos eventos e sorteos etc.Lembrámosvos tamén que desde cando queirades podedes facervos socios pois a vosa axuda inestimáble cada vez faise máis necesaria e imprescindible,o procedemento é o de sempre porse en contacto con directivos ou xogadores e darnos os vosos datos,para ingreso en conta (se pode ser) ou solicitalo para o pago en man.Os prezos os de sempre.Na páxina WEB,no apartado SOCIOS, despoñemos dun impreso para cumplimentar e facernolo chegar,se estades lonxe.A Todos Grazas. Informámovos tamén que no blog tedes a vosa disposición de todalas crónicas ,fotos e resultados desde o 2010.Na sua páxina principal destacamos a última entrada correspondente a xornada e o mes en curso.Dende outras páxinas do blog teredes acceso a entradas suliñables o longo deste últimos anos.Para consulta de outras entradas antigas recomendamos un visionado de escritorio de ordeador,pois dende a ocpción móvil non se accede,asi como o acceso a outras seccións como o tempo,resultados e clasificacións de Siguetuliga etc.
SD ANTAS 2-TABOADA CF 3
19/02/17 el 19-02-2017, 19:59 (UTC)
  Partido disputado con moitísima intensidade desde o primeiro minuto e no que os dous equipos se xogaban moito,os locais queimando as últimas balas pra engancharse a zona de salvación ,os visitantes pra non caer nesa zona complicada.Presumíase que calquer erro podia penalizar moito.Cumpliuse a premisa moi pronto ós 18' ,un còrner sacado por Vitiño entrou polo primeiro pao despois de que Poyán tentase despexar o balón acabou entrando desafortunadamente,0-1.Dous máis tarde Guerreiro pudo facer o 2-0 desde a frontal,axustou pero foise arriba.O partido semellaba coller cor local.A pesar da igualdade no medio campo,chegaba màis o Antas ,os nosos custaballes chegar.A primeira ocasión do Taboada coincidiu coa media hora,cando Poyán controlou na área,revoltouse e disparou un chisco alto.Foi un atisbo de reacción ,a partir do cal empezamos a xogar mellor.Tivemos logo duas oportunidades case consecutivas nos pes de David Montes,uhna delas un disparo lonxano,outro màis preto a portería e ocasión máis nítida.Despois outro chut lonxano de Jacobo levou certo perigo.Neste tramo final da primeira estabamos a impoñer máis o noso xogo.No 44' gran ocasión na destra de Jacobo,nun libre directo Alberto sacou da escadra.No córner consecuente o propio Jaco puxoa o segundo pao rematou coa destra Pablo cruzando o balón que entrou no primeiro pao perto a cepa lonxe do alcance de Alberto.1-1.Asi se chegou o descanso.
A segunda parte comezou como acabou a primeira coa mesma intensidade e maior dominio visitante.Contáronse duas ocasións de Marcos nos primeiros compases,e unha volea de Sesín que se foi desviada.No 53'unha boa xogada colectiva concluiu cun disparo de David Potente que se foi lambendo o pao.No 55' excelente saida de balón de Sesín que prolongou en profundidade para a carreira de Emilio que se meteu ata a cociña con velocidade,e definiu fantástico no man a man con Alberto ,1-2.No 60' puido adiantarnos cun terceiro gol David Montes ,pero sacou Alberto cun paradón espectacular. Despois entrouse nunha perigosa dinàmica de idas e voltas con chegadas ás duas áreas.Os locais arriscaron con liña de tres,foronse arriba.Nos con máis espazos contragolpeamos con moita velocidade e incisión.Asi chegou o 1-3 no 75', contra cun balón en longo finalizada con mestría por Fabio elevando o balón por encima da saida de Alberto.
Con todo non se pechou o encontro,os locais non baixaron os brazos e no 80' unha boa volea sobre a frontal de Mendez puxo o 2-3 no marcador.A partir de acó si soupemos controlalo encontro e nos minutos finais non deixamos que o Antas xerara perigo,e así non creou nin unha ocasión ;máis ben aconteceu o contrario e poidemos incrementala vantaxe pero tampouco soupemos finalizar e así chegouse o final.
O domingo que ven recibiremos a un rival dos máis salientables da Liga ,o domingo da Festa do Caldo de Osos ,na Medela o prato forte,TABOADA CF -CD FOZ.
 

TABOADA CF 0 -CD SAN CIPRIÁN 1
12/02/17 el 12-02-2017, 20:46 (UTC)
 
Imperou a igualdade nos primeiros compases,nos que as duas escadras propoñian un fútbol alegre e ofensivo,tentando busca-la meta rival alternando a combinación e o fútbol màis directo e a profundidade.A pesar da vistosidade e emotividade as ocasións non eran claras,ainda que se pisaba moito a área contrincante.O ritmo de encontro mantívose altísimo a primeira media hora ;faltaba a guinda do gol ,a precisión pra acabar as xogadas tanto nunha área como na outra.O primeiro remate claro entre os tres paos tivo lugar máis ou menos nese tramo ,despois dunha boa combinación entre Fabio e Sesín,que culminou este cun centro que rematou Emilio cun testarazo.Non decaía o encontro e no 40' outra estupenda ocasión local noutra boa xogada conducida por Fabio primeiro e David Potente logo,concluiu Diego Poyàn picándolla ante a saida de Madariaga,o balón foise lambendo o pao.
A segunda parte comezou con algo máis de pausa,co xogo algo máis trabado.Neste impàs nunha excelente xogada individual de Borja Mella ,no balcón da área ,revoltouse e chutou cun disparo axustado que entrou pegado a cepa,0-1,min .58.Espoleuse o Taboada co gol visitante,puido empatar tres despois ,logo dunha xogada de David Montes ,que abriu a banda pra Emilio que voltou centrarlla a Montes que rematou de testa ,estando Madariaga moi atinado coa sua parada.A pesar do ímpetu local,os visitantes mantiveron un bó orde defensivo e non dabamos aberto a lata.Nos últimos intres volcámonos definitivamente sobre a meta de Mada tendo o partido daquela tintes emocionantes e agónicos.Tivémola no desconto nunha falta lateral que cabezeou Ibán ,o cancerbeiro mariñan voltou a estar moi ben posicionado.Non tivemos máis opcións e os visitantes leváronse tres puntos que se lles volvían vitais,o tempo que apretase a clasificación do medio cara baixo.
A semana que ven presentanos o calendario un derbi que se antolla máis ca decisivo : no Castro Seoane, o domingo 19 ,SD ANTAS -TABOADA CF.
 

UD XOVE LAGO 3 -TABOADA CF 3
05/02/17 el 05-02-2017, 20:49 (UTC)
  Interesantísimo e moi bonito o comezo do partido con dous equipos moi volcados en buscala meta contraria,sen especular no medio do campo e con transicións constantes.Cando estabamos a ter un lixeiro dominio en canto a posesión e maior presenza visitante chegou no 21' unha ràpida contra local levada por banda dereita por Juanjo Coello que cunha excelente galopada foise do noso Juanjo e asistiu xa dentro da área cara o segundo pao por donde apareceu libre de marca Pablo Costa que só tivo que empurrala o fondo das maias,1-0.O partido proseguiu moi aberto ,con continuadas idas e vidas;fixemos no tramo final da primeira méritos pra acadar algún goliño,que non chegou polo tino do cancerbeiro Trullo e o bó orde defensivo local.
No inicio da segunda e coa lixeira vantaxe local tivemos un chisco màis de posesión pero sen tanta chegada como na primeira.Os verdes contiñan màis no medio campo e a ofensiva visitante non era tan fluida.Con todo adiantamos a presión na procura do empate e as ocasións empezaron a caer do noso lado;no 56' unha doble ocasión de David Potente e Jacobo plasmaban un mellor xogo.Pero só dous màis tarde unha nova contra local cun pase en profundidade sobre Diego Chao resolveuno este cun disparo no balcón da àrea axustado a cepa do poste que lle botou a Roi diante da sua gran estirada non puidendo facer nada por evitar o gol e que se convertiu así no 2-0.Este gol proporcionoulles os locais màis tranquilidade ,sobre todo a hora de defender,coa posibilidade de especular co resultado,màis ó abrir e adiantar liñas os visitantes . Porende aproveitaron perfectamente os xovenses pra pechalo encontro (ou iso semellaba) no 65' cunha nova contra levada por Pablo Costa,que disparou o poste o rexeite recolleuno Diego Chao pra facelo 3-0'.Cando todo parecia xa perdido no 69' chegaron unhas màns innecesarias e pode que involuntarias na área local,o colexiado apreciou intencionalidade e o penal transformouno Jacobo cun lanzamento fortísimo e inapelable que serveu pra recurtala vantaxe,3-1.Os nosos envalentoaronse e tres despois nunha nova xogada de ataque visitante Noé facía o segundo cunha fenomenal e contundente volea.Estivemos a piques xa de empatar na xogada posterior o saque de centro noutro remate de David Montes;houbera sido unha incrible remontada en apenas cinco minutos,de convertir esta ocasión quizais seriamos quén ata darlle avolta o marcador , ¿quén o sabe ?.Con todo cunha fé desmedida volcàmonos sobre a meta de Trullo nuns minutos finais intensísimos.No 89' tivemos outra triple ocasión na mesma xogada primeiro Nóe chutou tentando colocala, rexeitou en primeira instancia Trullo cun paradón,recolleuna David Montes que voltou disparar e petou nun defensa baixo paos o balón tentou rematalo David Potente de cabeza pero foise porriba da escadra. Houbo que esperar o desconto,o 94' pra que nunha xogada na àrea local acabase en penalti a prol noso decretado polo colexiado a instancias do seu auxiliar ,discutido por os locais,pra nós máis nítido que o primeiro.Transformouno Fabio sen perder un àpice a calma e enganando a Trullo que se lanzou a esquerda,o balón entrou a media altura do pao dereito.Culminouse así unha colosal remontada máis acorde cos merecementos e co xogo despregado;cremos.Cremos.
Pra semana máis ,o domingo 12 na Medela as 16:15 TABOADA CF -CD SAN CIPRIÁN.
 

TABOADA CF 2 -SCD MILAGROSA 0
29/01/17 el 29-01-2017, 19:24 (UTC)
 Comezou o partido con máxima igualdade sen un dominador claro,quizais cunha maior presenza local en ataque,pero o xogo desenrolabase esencialmente no medio campo.Os locais tentaban entrar con moita combinación por bandas,os visitantes cun xogo màis frontal.As ocasións de perigo facianse de rogar ,e Roi e Dani non pasaban atrancos.Foi Juanjo sobre a media hora quen despuxo da primeira gran oportunidade,tras unhas máns no vértice da àrea de Manu Vila,a falta subseguinte acarreaou un segundo remate de Juanjo a boca de xarro que desbaratou Dani cun paradón.No 32' logo dun còrner o propio Juanjo tivo outra cun testarazo que se foi o limbo.Foron o preludio do primeiro gol,no 34' gran xogada e asistencia de Adriàn Sesin ,púxolla franca a Poyàn no punto de penalti,e este de cabeza enviou fondo das maias.Eran os nosos mellores minutos e víronse desta volta así premiados.Ata o descanso transcurriu o partido nunha tensa calma,con moitas faltas e interrupcións que desluciron un pouco este tramo.
No comezo da segunda parte saimos co afàn de pechalo encontro,con moitas chegadas;combinación e triangulación eran as bases dunhas boas transicións,non embargantes faltaba a culminación.Unha excelente xogada combinativa no 57 ´semellante a do primeiro gol trenzada entre Ivi e Sesin,ocasionou un remate de cabeza de Noé que se foi lambendo o poste,puido ser o segundo.Cinco minutos despois no 62´ enorme cabalgada por banda dereita de David Potente ata liña de fondo onde centrou pra Fabio que peinou coa testa e o balón paseouse pola liña de gol.Estabamos a domiñar xa o partido en ocasións e en posesión .Acabamos por merecer pras medras o segundo gol ,pero este non chegou ata o minuto 69' noutra enorme xogada de Sesín que voltou asistir de cine cun pase en longo o centro da área donde Poyàn,controlou orientado de peito e define de luxo petando antes o balón no longueiro.O partido cerrouse entón case definitivamente pois cun fútbol control non demos opcións aos milagrosistas.E máis ,a falla de tres minutos ,un penalti innecesario por parte de Alex cunha fea entrada sobre David Potente , que lle acarrexou a expulsión o defensor lugués , deulle a posibilidade a Pablo de facelo terceiro pero Dani adivinoulle a intención e solventou a seu prol cun paradón.Foi a nota máis salientable duns últimos minutos nos que ó fin poidemos saborear a consecución de tres puntos redentores.
Logo de sair desta xeira de cinco partidos sen coñecer a victoria tentaremos prolongar esta marcha ascendente de xogo a semana que ven nun novo desprazamento a A Mariña,pra enfrontarmonos UD XOVE LAGO-TABOADA CF
 

SD OUTEIRO 2-TABOADA CF 0
22/01/17 el 22-01-2017, 19:30 (UTC)
  Primeiros minutos moi igualados,con xogo básicamente no medio campo e sen apenas achegamentos ás duas áreas e contadas ocasións.A primeira foi un.disparo frouxo do local Jesu no minuto 23.Dous màis tarde probou Poyàn con similar resultado ,fácil pra Carlos.Ámbolos dous equipos cun actitude similar ,moi ordeaos e adoptando moitas precaucións atrás.Só se rompeu a igualdade a balón parado,nun córner no 43' Jesu peinou co seu remate e o balón foi se ó segundo pao o fondo das redes 0-1.Con este escaso bagaxe e co marcador en contra, non de todo xusto ,fúmonos ó descanso.
No segundo tempo non cambiou moito a decoración ,quizais se propuxo màis intensidade e un xogo máis directo.Rubincha tivo unha primeira ocasión local despois dunha boa xogada individual .Contestou David Potente cun remate de cabeza que se foi un chisco elevado.Despois a nota predominante foi o equilibrio,ó mellor con màis chegadas locais no primeiro tramo.No tramo final apretamos máis e tivemos unhas grandes oportunidades sobre minuto 80 despois dunha gran xogada por banda esquerda de Montes ,Noé por duas veces puido poñer o empate no marcador,unha delas con Carlos batido,que sacou a defensa baixo paos.Dun posible empate pasouse o 2-0 no 84´ despois dunha contra local que culminou Diego Seijas no man a man con Roi.
A semana que ven trataremos sair desta mala xeira de resultados nun novo enfrontamento na Medela ,o domingo 29 TABOADA CF -SCD MILAGROSA.
 

TABOADA CF 0-RIOTORTO CF 2
Roi el 16-01-2017, 09:32 (UTC)
  O partido comezou igualado con dous equipos que practican fútbol moi diferente, nos intentando chegar arriba a través da posesión e eles cun xogo máis directo. Despois duns primeros minutos de tanteo a primeira ocasión clara foi nosa cun remate de Iban a saida dun córner, o que contestaron eles cun mau a mau escorado que Roi puido deter. A clave do partido probablemente fora unha ocasión nosa clarísima na que tras un xogadon de Montes por banda dereita con pase atrás Marcos non deu embocado a gol. Nos minutos finais do primeiro tempo produciuse a lesión de Poyan,outra das chaves do encontro pois estaba a facer un auténtico partidazo e íase notar moito a sua baixa na segunda.
No segundo tempo eles foron mellores, con mais forza no medio o que lles posibilitou duas ou tres chegadas claras. De nos non houbo noticias en ataque. O partido tórcese para nos nun córner no 73´ no que hai unha falta clarísima sobre Ibán e unha mau posterior dun deles antes de meter Jesus Pablo o 0-1 aproveitando un rexeite . Despois expulsión totalmente inxusta de Jacobo no 74 ´ e un minuto máis tarde no 75´ outra falta en ataque culminaa Play no 0-2 definitivo. Todo excesicamente condensado no tempo e demasiado traumático pra nós.
De aquí ao final intentámolo con máis corazón que cabeza, e non nos pitaron un penalti clarísimo a Sesín.Con todo a victoría foi máis que xusta do equipo visitante nunha segunda parte na que foron os dominadores.
Co partido rematado producíronse as expulsións de Iban e de Emilio míster, que xunto con todas as amarillas que nos mostrou fannos estar en cuadro para a semana.
As semana que ven, no colmo ,toca visitar a un dos equipos fortes da categoría,o domingo no municipal de Outeiro ,SD OUTEIRO DE REI -TABOADA CF.

 

<- Volver  1 ...  10  11  12 13  14  15  16 ... 27Siguiente -> 
contador de visitas para blogger
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis